| un amencer único |
|
| A vida é o transcurso entre os nosos soños |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Recordos dun pasado |
|
Noite esquecida por todos
arroupame na tua escuridade,
quero perder o mundo de vista
non quero volver fuxir máis.
Son lembranzas dunha noite,
recordos dun pasado,
que nos parece tan loxano
pero que tan magoado
deixou o corazón.
Só a noite,
tenebrosa escuridade,
deixoume refuxiar
nas suas entranas,
cheas de misterio,
e oscura loucura
que a todos fai tolear.
|
|
|
|
|
| SUSPIROS |
|
Só suspiros,
só unha bagoa
e nada máis,
¿que é o que esperabas?,
sorrisos e unha boa apreta,
sinto decirche
que xa non sei
o que significa iso.
Ti, estás calado
i é tanto o silencio
que nos invade
que ata podo sentir
os latexos do teu corazón,
e como os suspiros
escapan dos teus beizos.
¿É que tes medo?
Pero non sabes de que telo.
Eu direiche de quen.
Tes medo de abrir
os ollos e estar so,
sen ninguén,
sen sorrisos
nen apretas,
só ti
e a soidade
|
|
|
|
|
| A Vida |
|
É o sorriso dun neno
o máis fermoso agasallo,
xa que nel vese esperanza,
porque él non coñece a vida.
Cando o neno medre
e se converta en rapaz,
seguirá sorrindo,
un sorriso pícaro
que alegra a miña vista,
pero inda non coñece o sufrimento.
E despois
cando miro para él
xa é un home,
e xa non vexo
o seu fermoso sorrir.
¿Coñeziches a vida? Pregunteille.
Pero xa non fixo falta
que me respondera,
a sua face xa o fixera.
|
|
|
|
|
| Un triste adeus |
|
Os meus ollos están tristes, por ti,
hoxe vin como morrias,
o teu lado van chorando
aqueles que tanto te adoraran.
Eu vou camiñando,
hacia ti,
cun no na gorxa,
que non me deixa falar,
quero mirar pero non podo,
non podo recordarte así,
haí sen sorrir.
Vou correndo
e mentres camiño
o ar
vaime dando na faciana
e as bagoas empezan a caer,
sen parar...
Enterraronte ,
eu non te vin,
perdoame,
sei que ti faralo,
porque ti es así.
O nó na gorxa desaparece e no seu lugar
estás ti e os teus recordos.
|
|
|
|
|
| Loucura |
|
Os recordos agolpanse na mente,
coma se de chuvia golpeando
os fraxis cristais se tratara,
Afoganme con saña mortal
e cruel alevosia,
non os podo parar,
ninguén os pode parar.
Chega a noite, tenebrosa escuridade,
é sin pensalo duas veces
voume perdendo nela,
ata non topar xamais
o camiño a casa.
Estou soa no medio de ningures
sin ter porque chorar,
sin ter a quen amar.
E a noite vai marchando,
e nunha chaira do bosque
atópase un corpo sen vida;
está no chan,
xeado polas tebras,
pero na sua face
adiviñase unha mueca de loucura;
A loucura de non poder olvidar,
A loucura de non saber perdoar.
|
|
|
|
|
| LEMBRANZAS |
|
Lembranzas, só lembranza,
que unha e outra vez volven a min.
Suspiros, so suspiros,
que escapan dos beizos,
sen querer ser presentidos.
Bágoas, só bagoas,
que descenden polas meixelas.
¿A causa? os recordos que se amontoan,
os suspiros que non teñen sentido e...
ises bicos que non teñen dono.
Pasaba, só pasaba,
tranquila a miña pena,
pola rua da desesperación,
e alí cantaballe ó corazón unha cantiga de amor.
|
|
|
|
|
| A CHAMADA |
|
Topeite no chan xeado,
cos ollos en branco
a tua borca entre aberta
deixaba ver un charco de sangue.
Estabas morto, e a morte
selara os teus beizos para sempre.
Pasou tanto tempo,
que me da medo recordarte, por se non me lembro de ti.
Os días pasan, as noites vanse
e os anos fanse interminables
¿Qué pasou? Que a morte chamou,
e naquel intre, lembreime de ti.
|
|
|
|
|
| Olladas |
|
Cando miras a lua
¿qué ves nela?
-Nada, non vexo nada
Non ves un puntiño que dá máis luz cos demáis?
-Sí, xa o vexo.
Pois ese puntiño,
son dous corazóns perdidos
que se volveron xuntar,
dous corpos distintos
que pasaron a ser un igual
duas alma, que se volveron topar
|
|
|
|
|
| Meigallo de Lua |
|
Dende o mais alto punto que a vista poida observar, alo na profunda escuridade da noite, só un resplandor de luz atreveses a sair.
Pouco pode iluminar porque a escuridade é tan basta que a pequena luz non a da derrumbado, pero son mais as ansias de iluminar que non cede no seu proposito.
É meigallo de lua a que nos fai tolear, ela sabeo e saborea a sua victoria.
A raiola de luz cada vez faise meirande, inundando todos os sentidos, enmeiga a todo o que ousa mirar o seu reflexo.
Faino para asi non namorarse nunca, xa que é tanta a pena que leva o seu carón que non cree no amor. Lua enmeigate coa tua luz, saborea as sensacións da noite, disfruta, da soidade que che ofrece a escuridade. marcha lonxe e non volvas, non volvas ata que poidas outra vez amar.
|
|
|
|
|
| INVERNO |
|
Silencio, só silencio
noite escura que enganas coa tua fermosura a ise galán.
Chuvia, só chuvia
caendo dentre os montes que de ti non quere fuxir.
Soidade, só soidade
que coa noite e a chuvia
se mezclan para facerme dormir,
nun leito de pedra,
esquecida e xa cansada, dun mundo que non me deixa vivir.
Choraba, só choraba
pero ninguén me preguntaba
a causa do meu laiar.
Triste nena que adormeces
cos arrulos que che dou,
acouga un pouco e soña,
que as veces soñar tamén e bo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|