XA ESTAMOS AQUÍ !!!!!!
Somos un par rapaces eumeses con ganas de facer un blog entretido sobre as nosas opinións sociais.
Velaquí quenes somos:
Adrián: intervencións nos Deportes.
Rafa: que está especializado nos apartados audiovisuais.
Ambos temos 14 anos e imos ó IES Breamo. Vide a miúdo, que isto actualizarémolo a cotío. Benvidos e divertídeos aquí!
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Cine: A videoteca de Rafa, sen comentarios |
|
Veño aquí todo integreta (palabra inventada por min) para continuar o "post" das pelis que teño e das que son único e íntegro (tiven que poñelo). Desta vai sen comentarios que vos durmides se non o fago eu antes. A orde é a mesma da outra vez.
-12 Hombres sin Piedad
-Freaks + Garras Humanas
-Pulp Fiction (ed. esp)
-El Maquinista de La General
-Una Noche en la Ópera
-Ciudadano Kane
-Vértigo (De Entre los Muertos) (Colección Alfred Hitchock)
-Con Faldas y a lo Loco
-Psicosis (ed. metal.)
-Cadena Perpetua
-Sopa de Ganso
-La Soga (Colección Alfred Hitchcock)
-El Resplandor
-Cinema Paradiso (Montaxe do director)
-Capitanes Intrépidos
-¡Qué Bello es Vivir! (Colección Hollywood Oro)
-Trilogía Star Wars (IV, V, VI)
-La Vida de Brian
-Forrest Gump
-Big Fish
-Eduardo Manostijeras
-Ed Wood
-El Club de la Lucha (ed. esp.)
-Monstruos S.A. *
-El Club de los Poetas Muertos
-El Gran Lebowski
-Atrapado en el Tiempo
-Buscando a Nemo *
-Ultimátum a la Tierra
-La Novia Cadáver (ed. esp.)
-Trilogía Regreso al Futuro (ed. metal.)
-Los Goonies
-Un Pez Llamado Wanda
-La Cosa
-Terminator (ed. def.)
-Terminator 2: El Juicio Final
-Terminator 3: La Rebelión de las Máquinas
-Top Secret
-Los Increíbles (ed esp.) *
-El Mundo Está Loco, Loco, Loco
-American Graffiti
-The Rocky Horror Picture Show
-Bitelchus
-Grindhouse Presenta: Death Proof (ed. metal.)
-Todo en un Día (ed. esp.)
-Twin Peaks: Fuego Camina Conmigo (ed. esp.)
-Arlington Road
-Los Simpson: La Película
-Harry Potter y La Piedra Filosofal (ed. esp.)
-Harry Potter y la Cámara Secreta * (ed. esp.)
-Harry Potter y el Prisionero de Azkaban (ed. esp.)
-Harry Potter y el Cáliz de Fuego (ed. esp.)
-Harry Potter y la Orden del Fénix (ed. esp.) **
-¡Aterriza como Puedas!
-Aterriza como Puedas II
-Pack Gremlins (I+II)
-Están Vivos
-Frequency
-Agárralo como Puedas
-Agárralo como Puedas: El Aroma del Miedo
-Agárralo como Puedas: El Insulto Final ***
-Agárrame esos Fantasmas
-Hot Shots
-Hot Shots 2
-Jumanji (ed. colecc) ****
-La Loca Historia de las Galaxias (Spaceballs)
-Mars Attacks!
-La Gran Aventura de Pee-Wee
-Muñeco Diabólico
-Muñeco Diabólico 2
-Muñeco Diabólico 3 *****
-El Proyecto de la Bruja de Blair
-Scooby Doo 2: Desatado *
E agora, as paridas:
* Bueno vale... son dos meus irmáns. Púxenas porque me gustan, e a última porque non a ía deixar solta.
** Non sei se son edicións especiais, pero creo que todas teñen 2 discos.
*** 100% secundado, non sei a que veñen os subtítulos da triloxía (xe-de).
**** Pois mola un cacho; non sei se e edición especial ou coleccionista, pero esta saíume mellor e máis barata, así que se acabou o tema.
***** Dálle co boneco
ATA OUTRA BLOGOTEBREAMENSES (Outra palabra inventada)
Por Rafa (a min estas cousas póñenme negro) |
|
|
|
|
| Xeral: Entrevista a Candido Pazó no IES BREAMO (Abril 2008) |
|
Aquí a entrevista ó contacontos Cándido Pazó que veu ó Ies Bremao hai pouco para deleitarnos coas súas historias. Nós, Mp3 na man (todo integrado), gravamos a nosa conversa co seu permiso, e aquí a tedes, coma viña dicindo:
Adrián (In 1)- Dende cando contas contos e por que?
Cándido Pazó- Dende o ano 98 pero dedícome ao teatro dende hai 15 anos, e conto contos como unha maneira máis de contar historias; podo realizar unha obra de teatro, podo escribir guións para a televisión... para min é unha maneira máis de contar historias.
Rafa (In II)- Pero de neno contabas tamén
contos nas clases?
C.P.- Bueno, era un neno falador, botáronme moito de clase; puxéronme moito nesa mesa que ten o profesor cerca, normalmente ao alcance do brazo, típico, e falaba moito, pero non é que contara contos, aínda que era moi falador e gustábame contar anécdotas, quitarlle partido a todo o que pasaba e convertelo nunha pequena historia.
In 1- No seu currículo di que ten tendenza a improvisar, sempre foi así?
C.P.- A ver, co de improvisar hai que ter coidado, canto mellor sexa a historia, máis improviso, é dicir, se eu non sei a historia que vou contar non podo improvisar, pero si eu sei a historia, no medio podo improvisar. Así cando fala un ou outro, cambio de tema, entón hai que ter en conta esta circunstancia. Improviso canto mellor sei a estructura. Sempre fun improvisador.
In 1- Iso nácese ou apréndese?
C.P.- Eu sempre quixen ser futbolista pero non había maneira, era malísimo. Quero decir, hai unha parte coa que naces e unha parte que aprendes. Se me permitides dicilo cun exemplo: Se ti buscas petróleo tes que furar moito pero atópalo se o hai. Por moito que fures, se ahí non hai petróleo, non o hai. En cambio, se o hai, se cadra está moi profundo, pero sae para fora. Aprender é como furar para atopar petróleo, iso é aprender. Pero se non hai petróleo, que iso é nacer, podes furar todo o que queiras. A min por moito que me enviaran ás melloras escolas de fútbol, non sei, Lezama, que creo que é unha das máis famosas, penso que non habería maneira.
In 2- Canto tardas en crear un conto, ou se o adaptas como o fas?
C.P.- Si, a ver, primeiro fago unha adaptación estrutural pequena, e despois vou contando ese conto. As primeiras veces que o conto, é moi simple, moi pequeno, non ten moitas voltas… pero pouco a pouco vai aumentando, vou recollendo historias de aquí, de acolá e vai facéndose máis complexo e máis rico. O proceso entre nacer e estar, non terminado, porque nunca o está, pero completo e rico pode ser un ano contando, non que eu estea pensando na miña cabeza como é un ano, se non que a base de contalo e contalo, vas quitándolle ou engadíndolle cousas.
In 1- Porque se che deu por contar contos se tamén traballabas no teatro?
C.P.- Sigo traballando no teatro, hai unha cousa que se chama artes escénicas, contar historias ou como se di a narración oral é parte delas. Sobre todo en Latino América e por alí se practica moito, que eu fun a Colombia, Venezuela, Chile, e nuns días vou ir a Cuba e alí é moi frecuente que haxa festivais de narración oral. Por aquí cada vez máis.
In 2- Fálanos da preparación que tes antes das actuacións como a de hoxe.
C.P.- Monto as cousiñas, xa ves que aquí teño unha escada para subirme, como un pequeno escenario para min; teño que pór un equipo de son, porque aínda que este sexa un bo local e se escoita ben por se non fose así… Teño, digamos, que concentrarme, facer uns pequenos ejercicios coa boca, (a historia do trabalinguas que uso) e tal… pero sobre todo concentrarme.
In 1- E tamén… sínteste integrado no mundo dos contacontos?
C.P.- Claro, aquí si, entre os galegos estou nun pelotón xunto con Quico Cadaval,Avelino González, Paula Carballeira, Carlos Blanco... que estamos ahí na parte de diante, entón claro que si que me sinto integrado.
In 2- Podes contarnos algunha anécdota que che ocorrera nalgunha actuación dalgún instituto?
C.P.- En cada instituto hai unha, por exemplo: en cada instituto sempre fago unha foto, e sempre hai alguén que me pon os cornos, pero que o pasa ben e que sempre está vacilándome; ou conto anécdotas que me pasaron nese instituto, ou cando hai algún neno ó que lle chaman igual que alguén dalgunha historia e entón fan bromas con el e teño que cambiarlle o nome o personaxe… tonterías pero cousas así hai moitas. Unha moi bonita (non sei se foi en Pontedeume) foi unha vez na que uns ían verme a unha casa da cultura e uns rapaces de bacharelato “desviáronse” do camiño a ela e metéronse nun café. E eu estaba nesa cafetería e oínos falar de que querían perder clase, quedándose alí, ata que un profesor os mandou ir, e despois eu, sen dicir quenes eran, tomeilles o pelo polo que dixeran e eles quedaron abraiados porque non sabían que eu estaba nunha mesa ó seu carón escoitando todo.
In 1- Dinos de que te sona, "E logo, ti quen ves sendo?"?
C.P.- Iso é unha peza que estrei non hai moito, o venres pasado, non moi lonxe de aquí, en Narón, que será a peza de teatro que representaremos (a escola Talía de teatro) por toda Galicia, que está baseada nunca obra clásica que se chama O Anfitrión de Plauto, un autor romano.
In 2- A felicitación polo premio da nosa parte.
C.P.- Si, polo María Casares, os premios de teatro glaego, que me deron este ano o premio a min por ”A piragua”, unha obra sobre todo os malos tratos e a violencia doméstica. Quedei contento polo premio e tamén polo iluminador e polo creador da música, xa que tamén tiveron premio e foi o seu primeiro premio, así que a eles fíxolles máis ilusión ca min, xa que eu xa teño sete deles; e tamén levou un a actriz protagonista, que dalgunha maneira representa a esas mulleres maltratadas das que trata a miña peza (que tamén tivo premio).
In 1- E agora poderías dicirnos un trozo do trabalenguas que mencionaches antes?
C.P.- (díxoo rapidísimo así que non sabemos se estará exacto) “Unha vella moi fella moi fella fifirifella de mi caranteña tivo un fillo moi fillo moi fillo fifirifillo de mi carantillo mandouno a cazar moi fata moi fata fifirifata de mi carantata trouxo un coello moi fello fifirifello de mi carantello botoullo ao canizo moi fito moi fito fifirifito de mi caranfito”, ensinoumo a miña nai, Lina González.
In 2- Un consello que lle poidas dar os rapaces e rapazas que queiran ser contacontos?
C.P.- Escoitar, é o máis importante. O que hai que facer é almacenar, porque cando alguén quere contar unha historia atoparase sen saber que dicir.. por iso hai que ser moi curiosos co que se di na casa e sobre todo co que se di nos bares, coas cousas que están pasando: historiñas, anécdotas da clase… Pode que haxa amigos e amigas que non saiban contar ben as súas historias, pero ás cousas que lles pasan son divertidas e ó mellor ti as contas mellor ca eles. Creo que un neno o que ten que facer principalmente é almacenar e logo tratar de falar ó mellor posible. Iso é máis importante que ir a cursos ou a escolas de contadores (non a escolas coma esta). Almacenar e falar ben. Como vós ben dicides, é o que conta, nunca mellor dito.
In 1- Ben , isto era todo, moitas grazas.
C.P.- Moi ben.
Ins- Agora facemos unha fotiño para o blog, a “blogue”.
------------------------------------
Está ben eh?? Bueno, a ver se poñemos nunha galería fotos da actuación e entrevista que nos pasan os de blogoteca As Gabarras. Tamén tentaremos poñer un vídeo co audio da entrevista, aínda que se tedes 5 euros e os mandades ás nosas casas poderedes escoitala en primicia.
Por Adrián e Rafa dous futuros periodistas (non o cren nin eles) |
|
|
|
|
| Deportes: Axudas para practicar Snow |
|
Facer snow é unha das cousas mais fascinantes que se pode facer coa roupa posta.
Para un esquiador, é un cambio facil. Cun coñecemento básico sobre como funcionan a gravidade, a neve e os cantos da táboa, só tes que aplicalos a unha nova sensacion, balanceando do talon á punta en lugar de facelo de lado a lado. O snow é mais facil para o xogo de xeonllos que o esqui, e o feito de conseguir grandes resultados con menor esforzo engancha a moitos. Agora as pistas fanse mais apetecibles e novas vistas en perspectiva lateral. E o mais destacable é a súa esencia en se, a expresion propia! Non hai un modo correcto ou erroneo de surfear. Nin unha soa tecnica ou estilo. Cada un exprésao como un mesmo é. Non se trata de como debes estar senón de como che sentes, e facer snow fai sentirse xenial.
Pasemos á accion.
O mais importante para comezar é ter unha actitude positiva. Relajate respira fondo, e repitete: Isto vai ser divertido. Eh! só é snowboard! (isto é o que lles digo aos meus amigos novatillos.. jeje :diable: )
O primeiro de todo é saber se somos Regular (destro) ou Goofy (zurdo). O goofy levase a perna esquerda detras, mentres que o regular levase a dereita. A perna traseira é o timon da táboa, e adoita ser a perna mais forte.
Para saber se somos Regular ou Goofy hai varias formas, pero a mais coñecida é a de que un colega empúxeche por detrás, e o teu desde unha posicion parada cos pés alienados cos xeonllos, segun que pé avances é o que levases atras. Outra forma é con que pé atacas unha escaleira. Ou ao subirche nun skate, segun con que pé dásche impulso, ese vai atras.
De todos os xeitos non debes preocuparche moito, porque empezos ao lado que empezos, proba a andar nos dous sentidos (normal/invert), xa beiras de que lado vas mellor, se coa dereita ou a esquerda detras. E só é cambiar as fixacións nese sentido.
O seguinte paso é familiarizarse coa nova táboa que temos nos pés.
-Imos deixar o pé traseiro solto e co dianteiro colleito imos levantala, a cravar un canto, cravamos o outro, cambiamos de orientacion 180, todo isto parados.
Imos practicar remando como en skate, para iso debes impulsarche co pé traseiro, a táboa recta sobre a neve e na direccion que queres ir.
Manten o peso sobre o pé dianteiro. Cando vexas q tes suficiente inercia, sobe o pé traseiro á beira da fijacion. Isto che sera moi util para remar nas zonas chairas, cando che quedes parado e teñas q soltarche un pé. Podes impulsarche co pé por diante ou por detras da táboa.
Outro aspecto moi importante é a posicion que imos ter sobre a táboa. A chamada posicion do Guerreiro , denomínalla asi porque é como un atleta que vai empezar unha carreira ou un salto, ou o guerreiro que esta acazapado a piques de atacarrrr. Un snowboarder completamente de pé, estirado, vai durar pouco sobre a táboa. As pernas semiflexionadas é o aspecto mais importante da nosa posicion na táboa. Son os nosos amortiguadores e o noso equilibrio.
-Cos dous pés colleitos:
No snow, ao principio, o timon principal seran os teus ombreiros, é o que che vai a dirixir ao carón e ao outro. Un truquillo é dicir: A ver (as mans lévalas en cruz , lixeiramente levantadas) Pois a man de diante é a que goberna. Vas dejandote caer cara abaixo de fronte (osea de lado), e a man de diante indícache onde vas, que queres virar cara á esquerda, xiras a man nesa direccion, e polo tanto viran os teus ombreiros, e con iso a táboa. Metendo o canto adecuado.
Outra cousa importan que hai que aprender é o 'sideslipping', o acelerador e o freo da táboa, vaia. Aprender a controlar o angulo de inclinacion dos cantos da táboa. E a confiar na gravidade e a forza dos cantos.
Sempre que a táboa estea parada, ata nunha superficie lisa, é inestable. Isto débese a que ambos os pés estan unidos ao mesmo plano de equilibrio. Como humanos, e como os esquiadores, usamos as dúas pernas independentemente para axustar o equilibrio cando estamos de pé. Cando che pos de pé sobre unha táboa parada, o único xeito para estabilizar o corpo é sentar.
Recordatorio: Canto mais plano é o terreo, mais plana has de pór a táboa. Marcar levemente o canto na neve, pero moi plano. (e vixiar de NON cravar o contracanto)
A primeira vez que che levantes coa táboa xa collida aos pés. Para manter o equilibrio empeza a deslizar. Coa posicion da táboa como o da foto, ao lado de talóns (backside).
E ve movendo levemente os nocellos, variando a forza do canto contra a neve, beiras como vas acelerando e freando, que se forzas o suficiente acabas parando. Manten presion e o centro de gravidade sobre o canto do talon e nota como raspa o canto sobre a neve. Mira as caras dos esquiadores de ao redor, non é para partirse? :lol2: Xoga coa velocidade do deslizamiento levantando as puntas mais ou menos para cravar mais o talon ou menos.
Por Adrián e RAfa dous rapaces con clase |
|
|
|
|
| Deportes: Fútbol |
|
Seguimos aquí como de costume intentando ofrecer o mellor aos nosos lectores. Espero que vos guste este novo artigo que esta bastante relacionado co partido de onte espectacular da selección Española, que venceu a Italia por 1 a 0.
O gol foi marcado polo español(que é evidente)Villa, que por certo, que encantou a todo o mundo, pois foi un gol de volea por toda a esquina superior da portería(escuadra).
Cambiando de tema, pero seguindo co fútbol o deportivo enfróntase este fin de semana ante o murcia, este último ven de perder, e o depor creo que esta bastante motivado.Todos os seguidores do deportivo esperamos que gañe.
Tamén está moi interesante o partido de este sábado televisado pola sexta, Madriad-Sevilla, un fascinante encontro que espero que gañe o Madrid para non darlle oportunidad ningunha ao BarÇa.
O Valencia, pola contra disputa un partido sencillo que gañará sen ningunha complicación, eso espero.
Pois nada máis, e a partir de ahora esperamos que nos visitedes máis a cotío e nos prometemos actualizar máis a diario.
DEICALOGO.
Polos deportistas de 1ª clase Adrián e Rafa |
|
|
|
|
| Deportes: F1 2008 en breves palabras |
|
Hola, aquí voltamos e ímonos quedar (xe-de). Agora imos falar da Fórmula 1 deste ano na blogoteca breamo (en exclusiva). Conste que este artigo é pro-Alonso. As cousas non lle van moi ben a Alonsín, pois nas dúas primeiras carreiras o coche non dá máis de si. O coche o renault R-28 non cumple as espectativas e o piloto español dá máis do que o coche pode ofrecer, pois na anterior carreira en Malasia, ao final, conseguiu estar nos tempos de Kimi Raikkonen, o vixente campeón.
Todos esperamos que vaia subindo de postos e que o coche vaia presentando novas melloras, e tamén que Hamilton teña algún pequeno percance(como todos sabemos...), e por outro lado, que para o ano que ven o piloto asturiano poida estar na escuderia que "todo o mundo quere para el". Se Massa sigue coa súa mala racha será máis probable que Alonso vaia a Ferrari (de bo rollito)
Deixamosvos a foto do integrado novo coche de Fernando Alonso do equipo Renault.
Polos deportistas Adrián e Rafa |
|
|
|
|
| Xogos: OGame |
|
O ogame é un xogo de estratexia online, no cal xogan milleiros de persoas. É moi entretido, sobre todo ao final, cando podes facer todo tipo de naves. Ademais, Ogame é inhackeable, pois ten un moi bo servidor.
Neste xogo podes crear naves, desde naves de carga, ata estrelas da morte!! O xogo esta dividido en distintos univeros, do 1 ao 49, e o 50, saira mañá día 13 de febreiro!!!
No xogo ti tes uns recursos, é aumentaran subindo o nivel dunhas minas, o recomendado é 27 metal, 26 cristal é 30 deuterio, hai 3 tipos de recuros:
- Metal
- Cristal
- Deuterio
Este ultimo é como a gasolina das naves e úsase tamén nas investigacións.
Recoméndovod que xoguedes. Eu xogo no universo 46 e 48.
No universo 46 son top 205, e no 48 son top 700.
Isto de top e a posición na que estas no xogo.
A, por certo non se poden ter máis dunha conta nun mesmo universo, porque se te cachan, serás eliminado.
Pois nada máis, espero que vos guste, e chámome MR INCREIBLE, no xogo. Aqui vos deixo o enlace: OGAME
Saúdos de Adrián, un viciado do Ogame.
|
|
|
|
|
| Series: Historias de la Cripta (á terceira vai a vencida) |
|
Ben, vou ser breve(á miña maneira), esta tempada ten 14 capítulos, estivo destinada a ser a última, a min os primeiros capítulos recordanme ás tempadas anteriores. Foi feita alá polo 1991, emitida aquí por tele5 sabe Deus cando, por Localia, e por Cuatro en setembro de 2007. Pois xa, veña comezamos:
25.- La Trampa: ben, ata hai pouco non o vin, pero podo dicir que aínda que non sexa moi polo estilo da Cripta (pero... que é este estilo?) é boísimo e conta cunha boa dirección de Michael J. Fox (enchufado de Zemeckis desde Regreso al Futuro) e boas interpretacións. Entre os protagonistas destaca Teri Garr (Encuentros en la Tercera Fase) coma esposa dun malvado home que quere pasar por morto para gañar o diñeiro do seguro.
26.- Amado hasta la Muerte: parecido a Hasta la Muerte. Tívenlle ao comezo manía, e o final odiábao, pero esta serie é así. Un home desexa a unha muller que o ten obsesionado e pide axuda a un enigmático home.
27.- Muerte Inmunda: o primeiro que vin desde a emisión o ano pasado da serie. Kyle McLachlan (si, o axente de Twin Peaks) é un fugado que camiña polo deserto cun poli morto ó lado e que quere fuxir polo lugar sen que as aves de rapiña o collan antes.
28.- Abra Cadaver: Beau Bridges é un médico lisiado por culpa dunha broma do seu irmán anos atrás, pero que agora ten a solución para devolverlle a pelota. Moi bo xiro final, e un dos mellores da tempada. Ó estilo dos predecesores.
29.- Éxito de Taquilla: un actor (Jon Lovitz) ó que nunca escollen ve a súa oportunidade nunha representación de Hamlet, pero o seu irmán tamén aspira a conseguila e o fai. Pero el non vai pasar por alto o acontecido...
30.- Espera Mortal: un pouco tostón e inverosímil. Un ladrón alíase cun home rico co fin de sacarlle unha xoia, e polo medio andan a muller do home rico e unha criada, Whoopi Goldberg, quen fai unha divertida escena no final co guardián. Pensándoo ben non é un capítulo malo.
31.- El Vampiro Reticente: un chupasangue, interpretado por Michael McDowell (La Naranja Mecánica) é un guardia dun banco de sangue onde esta desaparece a miúdo. O caso é que el non se atreve a matar xente, á vez que é ollado con mara cara polo eu xefe e admirado por unha compañeira, non sen antes ser perseguido por Van Helsing e un polícia (o falecido Paul Gleason). Divertido.
32.- El Caballete te Matará: O Sr. Laranxa, ou Tim Roth, é un pintor impulsivo que comeza a gañar diñeiro por cadros pintados con sangue. Un episodio bastante inquedante, e cun final sorpresa, pero que conste que eu o adiviñei antes.
33.- El Negocio de la Funeraria: catro rapaces descobren facendo unha trasnada a un diabólico soterrador (John Glover) que se adica a matar xente coa axuda dun médico a xente rica do pobo. A min gústame, pero o final perde sustancia.
34.- Velatorio Desquiciado: está ben aínda que o vin de mala gana. Unhas mortes de vagabundos nun sitio levan a un periodista a investigar o caso, no que están involucradas varias xentes do lugar.
35.- Décima de Segundo: unha muller por fin atopa a un home sensible, que resulta ser un bastardo de medo. Ten á vez un negocio de madeira, o que leva á muller a namorarse dun dos traballadores, o que trae consecuencias para todos.
36.- Página de Sucesos: non sei porque o odian. Un alcólico volve a un periódico para recibir unha nova oportunidade e coñece a unha muller (Marg Helgenberger, sae no CSI) que remata querendo. Ó fin ten a ocasión de facer unha entrevista a un asasino, pero aínda así o conto remata mal.
37.- La Caprichosa: unha muller cuxo home non lle fai caso ó andar cos seus experimentos líase co da TV por cable, que é o protagonista de Sin Rastro. O seu marido os atopa e toma unha decisión, facendo caso ás cousas que se din os amantes entre eles. É un capítulo, por así dicilo, simpático.
38.- Yellow/Cobarde: este ten a súa historia; nos EEUU quixeron facer unha serie chamada Two Fisted Tales, que nalgúns países fíxose coma unha película. O piloto constaba de 3 capítulos (sacados de cómics coma os da cripta) sen embargo non sei que pasou e puxeron a este coma fin desta tempada. É máis longo, ten un reparto de luxo e está dirixido por Robert Zemeckis. Este drama bélico engadiuse á tempada coma posible fin da serie, algo que rematou por non ocurrir. Coido que é un dos mellores da tempada, pese que o vin en inglés o non ser emitido nunca en España.
ACABOUSE
Boeno, xa os seguirei xorobando futuramente, déixovos coa foto da terceira tempada da serie.
Por Rafa (Restauren En Paz) |
|
|
|
|
| Series: Historias de la Cripta; Almanaque especulativo |
|
Velaquí van os supostos capítulos que faltan por botar desta serie, contando con que duran o mesmo, haberá dous por semana, non cambian a hora, mercaron todos... etc. Así que é 0,456 % fiable. Agardemos que se cumpra, non?
03-02-08: Well cooked hams/Creep course
10-02-08: Came the down/Oil's well that ends well
17-02-08: Half-way possible/Til death do we part
24-02-08: (temp.6) Let the punishment fit the crime/Only skin deep
02-03-08: Whirpool/Operation friendship
09-03-08: Revenge is the nuts/The bribe
16-03-08: The pit/The assassin
23-03-08: Staired in horror/In the groove
30-03-08: Surprise party/Doctor of horror
06-04-08: Cames the down/99 & 44/100 % pure horror
13-04-08: You, murderer/(temp.7)Fatal caper
20-04-08: Last respects/A slight case of murder
27-04-08: Escape/Horror in the night
03-05-08: Cold war/The kidnapper
10-05-08: Report from the grave/Smoke wrings
17-05-08: About face/Confession
24-05-08: Ear today, gone tomorrow/The third pig
Acabouse a serie, agora, a ver os spin-off.
Feliz entroido!!!
Por Rafa (o guardián do guardián da cripta) |
|
|
|
|
| Xeral: Vaise Un / Artículo en Gabarras |
|
Pois hoxe proclamei que ou alguén escribía algo aquí ou pirábame para sempre. Bueno, entón David dixo publicamente que non iba a escribir máis, co cal a sección de xogos queda sen proxenitor... No caso de reemplazo (deixamos o blog antes de que ocorra), avisamos con antelación
Podedes ir ó noso blog amigo AS GABARRAS para ver o meu artículo sobre o grupo pop galego The Homens, só era para iso.
Por Rafa (xeralmente xeral) |
|
|
|
|
| Deportes: Xornada 22, 1ª div |
|
ALMERÍA Sab-20:00 R. MADRID
BETIS Sab-22:00 DEPORTIVO
ATLÉTICO Dom-17:00 MURCIA
LEVANTE Dom-17:00 RACING
VALLADOLID Dom-17:00 VALENCIA
ZARAGOZA Dom-17:00 ATHLETIC
RECREATIVO Dom-17:00 SEVILLA
VILLARREAL Dom-17:00 MALLORCA
BARCELONA Dom-19:00 OSASUNA
GETAFE Dom-21:00 ESPANYOL
Por Adrián |
|
|
|
|
|
|
|
|
|