Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Leiras Pulpeiro e a defensa do ensino público
O acto de clausura das VI Xornadas do peregrino que organiza cada ano a asociación “Abrindo camiño” pecháronse o pasado domingo, 7 de xullo na Casa da Xuventude de Mondoñedo coa presentación do libro “Memorias de un profesor mal hablado”, do madrileño Matías Escalera.
Matías é, ademais de escritor, dramaturgo e crítico. Leva exercendo como profesor, en diversos niveis e tarefas, desde fai máis de trinta años.
Matías Escalera é profesor de Lingua e literatura casteláns na Universidade de Alcalá de Henares e Portavoz da Asemblea de profesores de Alcalá a través da cal está integrado na plataforma “Marea Verde Madrileña” pola defensa do ensino público e de calidade.
Na presentación relacionouse “Memorias de un profesor mal hablado” coa figura do médico e poeta mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro a través do movemento de librepensadores laicistas do século XIX.
Memorias de un profesor malhablado.
Este libro está pensadocomo ferramenta de loita, de reflexión e de debate; é unha sentida reivindicación da figura do profesor da Escola Pública en xeral, pero dun xeito crítico, con humor, con mala ostia, con información, con argumentación e con algúns datos esenciais; e vai dirixido aos estudantes, aos pais, aos profesores (malfalados coma o autor ou non), e aos xeradores de opinión e aos políticos de todo tipo que opinan e lexislan sen saber que é a Escola Pública e que fan os seus profesores nela; e, o peor de todo, que non queren sabelo. Por iso, comeza cunha relación de algúns dos insultos que se lanzaron aos profesores da Marea Verde, cando empezaron as súas mobilizacións contra a política dos recortes e de transvase de recursos da Escola Pública á escola privada, emprendida polo Goberno de Madrid; á que se sumou inmediatamente el ministro Wert.
Tradución dun comentario do libro realizado polo seu autor en www.amargordediciones.es )

A presentación viuse engalanada cun concerto ofrecido polo profesor, escritor e compositor e interprete musical de orixes mindonienses César Morán que abriu o acto interpretando a súa adaptación musical do poema de Leiras, Roseiras de rosas roxas. Morán, como é habitual emocionou a todo o público presente na sala cantando poemas de Viqueira, Cunqueiro e o propio Leiras.
César Morán ten publicados dous díscos: “Río de son e vento” e “Haberá primavera”, con poemas de Álvaro Cunqueiro.

Video coa actuación de César Moran (de Miguel Freyre)



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas do peregrino
Se algo estamos a aprender da situación que nos toca vivir nestes tempos é que os recursos son limitados e polo tanto temos a obriga de aproveitalos e poñelos en valor. Isto é o que se intenta facer estes días nas VI Xornadas do peregrino que organiza a asociación “Abrindo camiño”.
Sabemos ben, e así se nos está a vender desde a publicidade turística que está a facer a Xunta que o Camiño de Santiago é o (ou un dos) principais activos de reclamo de visitantes para Galicia. A ninguén se nos escapa que a palma a leva o Camiño Francés e por moito que se queira isto nin vai, nin debe cambiar.
Cada vez son máis as persoas que deciden botarse a camiñar cara Santiago e tamén notamos que cando se fai a ruta por primeira vez sempre quedan ganas de volver a facelo. Este é un motivo polo que as outras rutas de peregrinación están sendo percorridas cada vez por máis camiñantes. O percorrido máis transitado, logo do Francés, é o do Norte e esta tendencia debe -polo ben de A Mariña- ir medrando.
Estamos nun momento axeitado para promocionar o Camiño do Norte e boa proba é que, como ben informou este xornal na súa edición do 26 de abril do presente ano: “O Consello de Patrimonio Histórico do goberno de España acordou presentar a candidatura dos Camiños de Santiago do Norte peninsular -denominación que inclúe tamén o Camiño Primitivo- ante a UNESCO para a súa inclusión na Lista de Patrimonio Mundial en 2015”.
A asociación “Abrindo Camiño” leva tempo potenciando a denominada “Variante marítima” que pasa pola antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo. Ten fundamentación histórica posto que na Idade Media os peregrinos sempre pasaban polas diferentes sés que aparecían nas rutas e ten interese económico porque aumenta unha etapa na comarca de A Mariña. Nestas Xornadas falouse da necesidade de incluír no expediente de proclamación do Camiño Norte como Patrimonio Mundial esta variante e resulta importante que así se faga entre outras cousas porque deste xeito daremos a coñecer aos visitantes a costa de Lugo, non debemos esquecer que dunha enquisa realizada en Fitur hai uns anos deduciuse que moitos dos visitantes á feira non sabían que a provincia de Lugo estaba bañada polo mar.
Aproveitar o Camiño como vía de promoción doutros recursos propios da zona é unha idea intelixente e así se está a facer promocionando o Roteiro turístico-literario “Leiras Pulpeiro”, que ademais serve como escusa para xuntar en Mondoñedo no día de hoxe a investigadores, escritores, historiadores e outros especialistas para presentar un grupo literario que leva o nome do médico dos pobres.

Fran Bouso
(Artigo publicado en La Voz de Galicia. Edición A Mariña o domingo, 7 de xullo de 2013.

Entrevista en Coñecer Galicia de Isabel Freire na Radio Galega.
Comeza no minuto 28:30.





Para ver unha ampla galería fotográfica pincha aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2013 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.