Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Homenaxe a Leiras Pulpeiro




O pasado venres, 6 de xullo celebrouse no Auditorio “Pascual Veiga” de Mondoñedo unha mesa redonda na que participaron os escritores e estudiosos mindonienses Antón Meilán, Xe Freyre e Ramón Reimunde (de San Martiño de Mondoñedo) na que se abordaron aspectos da vida, obra e lingua de Manuel María Leiras Pulpeiro co gallo de cumprirse o primeiro centenario do seu pasamento. O acto estivo presentado e moderado polo antigo directivo da extinta Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro” de Mondoñedo, Fran Bouso.
O público presente, arredor de cen persoas, seguiu con interese o acto e quedou, segundo apuntaron algúns dos presentes “con ganas de máis”. Esta necesidade de maior coñecemento sobre a vida e a obra do poeta e médico mindoniense poderá ser satisfeita na segunda fin de semana do mes de novembro deste mesmo ano cando se celebren en Mondoñedo, organizadas polo Concello unhas xornadas adicadas ao “médico dos pobres”.
Logo das dinámicas intervencións dos ponentes (Xe Freyre relatou aspectos relacionados coa biografía, Ramón Reimunde disertou sobre a obra literaria e Antón Meilán expuxo o mais destacado sobre aspectos lingüísticos), iniciuse un entretido debate coa participación do público no que se abordaron temas relacionados co anticlericalismo de Leiras, o rexeitamento a formar parte da Real Academia Galega e aspectos humanos ligados á súa profesión.
Esta mesa redonda estaba enmarcada dentro das V Xornadas do Peregrino, que na edición deste ano estiveron adicadas ao masón, anticlerical e republicano Leiras. No marco destas mesmas xornadas e xa o domingo 8 de xullo pola mañá inaugurouse un roteiro adicado a Leiras Pulpeiro que se inicia no Centro Cultural da Alcántara e discorre por lugares vinculados á biografía do autor (casas que habitou, a campa na que repousa), a súa obra (o Coto, a Pena do Unto ou Dolmen da Recadieira) e a súa actvidade como médico; e visita paisaxes, como a Fervenza, especiamente amadas polo autor, entre outros fitos de interese histórico, etnográfico e cultural, tal e como se recolle na tríptico promocional deste percorrido.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.