Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ruta Leiras Pulpeiro en diferentes soportes

Ver Ruta turístico-cultural "Leiras Pulpeiro" Mondoñedo nun mapa máis grande

Esta audioguía está en probas:
http://www.audioviator.com/es/Audioguia-Mondonedo-Ruta-Leiras-Pulpeiro-Parte-I




Código QR descarga audioguía Ruta "Leiras Pulpeiro"
Códigos QR / Qr Codes

Código QR para descarga da aplicación Audioviator para android que logo nos permitirá a escoita da audioguía Ruta "Leiras Pulpeiro"

Códigos QR / Qr Codes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2013 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Enrevista Radio Burela Ruta Leiras Pulpeiro
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 14-06-2013 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Unha delegación mindoniense reuniuse onte con responsables de turismo da Ribeira Sacra para establecer vías de colaboración
Mondoñedo 13/05/2013
Fran Bouso

Representantes da Mesa de seguimento da crise en Mondoñedo e comarca, integrantes da plataforma Comarca de Mondoñedo unida, hostaleiros e artesáns da Cidade do Masma mantiveron encontros con responsables do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Asociación Ribeira Sacra Rural (que agrupa a corenta casas rurais da zona) e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A delegación mindoniense chegou a media mañá ao municipio de O Saviñao, onde visitou a adega Abadía da Cova e a área paisaxística do Cabo do mundo. Xa ao mediodía acudiron ao Centro do Viño da Ribeira Sacra para visitar o museo do viño que ofrece unha visión de conxunto de aspectos agrarios, históricos e etnográficos da comarca, alí mesmo compartiron un xantar de traballo co presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez e a presidenta da Asociación que promociona o Camiño de Santiago de Inverno, Aida Menéndez, quen comprometeu a súa participación e a de membros da súa asociación nas VI xornadas do peregrino que se celebrarán en A Mariña a primeira fin de semana do mes de xullo.

Os encontros continuaron en sesión de tarde en Doade, onde se encontraron con directivos da asociación Ribeira Sacra Rural que aglutina a corenta casas rurais da Ribeira Sacra tanto luguesa coma ourensá, na reunión tamén estaban presentes representantes do Consorcio de Turismo. Neste encontro decidiron crear un grupo de traballo mixto para a creación de paquetes turísticos nos que se oferten servizos de ámbalas dúas zonas e a promoción de produtos propios de cada lugar.

Pola parte mindoniense estiveron presentes Elena Candia e José Luís Fernández Ansedes, en representación da Comisión de seguimento da crise en Mondoñedo e a súa comarca; Jesús Chao, Ángel Marful e Fran Bouso, por parte da Plataforma Comarca de Mondoñedo unida, Manuel Tapia, como representante de ACIAM, Waldo González, Guillermo Redondas e Covadonga Ares como hostaleiros e artesáns e Valentín Ínsua, campaneiro da Catedral de Mondoñedo e unha persoa muy vinculada á promoción cultural e turística do municipio.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.