Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Réptil de gran tamaño
Leo no meu blog hoxe unha nova chegada dende a edición comarcal de "La Voz de Galicia" que xa fora recollida fai algún tempo polos "Amigos de la ciudad de Mondoñedo" no seu xornal que nas inmediacións das Aceas de Xacinto parece que leva asentado xa fai algún tempo un animal de dimensións considerables que non se sabe moi ben se é un caimán, unha iguana un crocodrilo... ou que.
Será un dos crocodrilos do nilo que ten debuxado Mauro Leivas?. Lembro ver algúns dos cadros e eran de grandes dimensións. Fíxense se destaca polas tonalidades marelas, se é así non me cabería dúbida.
Será algún dos "Caimáns" colegas de Dito, Xé Freyre ou Moncho (entre outros), que se xuntan polas San Lucas para comer o pulpo nalgunha das casetas do campo da festa?. Proben a deixar algunha torada de cefalópodo pola zona a ver se "pica".
Será algún parente lonxano dos animais que habitan na zona da Fervenza que chega para defender o hábitat do lugar?. Daquela seguro que se deixa ver nalgunha das movilizacións en defensa do lugar, neste caso trátese con cariño e inclúase o animal no escudo de Mondoñedo.
Será o "Caimán do Rio Tea" que escapando da contaminación deste rio do sur pontevedrés e inspirado por Cunqueiro (Mondoñedo, rico en augas...) decidiu cambiar o seu asentamento?. Poñan oído fino a ver se se escoita algo de rock polas Aceas.
Que será, será... como dicía aquela canción.
A ver se se vai convertir nun fenómeno de atracción turística como "Nessy", o que pasa é que este en lugar de estar nun lago está nun rio.
Sexa o que sexa que non faga ningún mal a ninguén.
Alguén falou co Mago Merlín para saber algo máis sobre a cuestión?. Manolo Montero pase moito de anfíbios e conxuros relacionados co tema, queda de manifesto co conxuro do"Sapo no caldeiro" co cal pode modificar o clima.
E falando de clima parece que mañá vai chover, xa o di o refrán: "Ata o corenta de maio non saques o saio".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2009 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.