Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mondoñedo en contra das centrais hidroeléctricas

A Plataforma Furapresas organizou diversos actos reivindicando a conservación dos valores naturais, turísticos e culturais de Mondoñedo


Con motivo dos proxectos de centrais hidroeléctricas previstos nos ríos de Mondoñedo, o domingo 14 xuño tiveron lugar diversos actos reivindicativos de cara a visualizar a oposición da cidadanía a este tipo de actuacións que lesionan gravemente o medio ambiente, nesta ocasión en espazos cualificados como Rede Natura (Europa e España) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Galicia).

En primeiro lugar, ás 12:30 h. iniciouse unha marcha reivindicativa que saiu do barrio dos Muiños e rematou na Área Recreativa de A Fervenza, co seguinte itinerario: Muiños - Praza da Catedral – Concello - San Lazaro - Coto da Redaeira - A Fervenza. Percorréronse os 4 quilómetros ata A Fervenza, nun ambiente reivindicativo e de festa, durante a marcha contouse co acompañamento de música a cargo dos participantes, e nas diversas escalas fíxose lectura de manifestos alusivos á defensa dos ríos, e á conservación da Fervenza como espazo de lecer.

Rematou a marcha cun xantar popular na Área Recreativa da Fervenza. Esta paraxe natural é un dos espazos afectados pola construcción das centrais hidroeléctricas previstas.

Plataforma Furapresas

Desde aquí quero agradecer públicamente á PLATAFORMA FURAPRESAS en xeral e a Xosé Chao en particular a posibilidade de participar na manifestación aportando un texto ante a imposibilidade de estar en Mondoñedo o pasado domingo. Grazas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2009 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha en defensa dos rios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Unha iguana ceibe atemoriza algúns veciños de Mondoñedo
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 04-06-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.