Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Denuncian en Mondoñedo o uso de pexas nas bestas
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 31-03-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Mondoñedo na Galicia Subterránea
Paréceme lembrar que esta curta foi unha das que se incluíu nas proxeccións do festival "Mondoñedo na Galicia Subterránea" unha iniciativa de Ernesto e Fran de "Diglósicos & Pocojones" que se materializou desde a Asociación Cultural "Leiras Pulpeiro" aló por mediados dos anos noventa. Ademais de proxeccións de curtas que tiveron lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, tamén houbo unha exposición de cómic na Sala de Exposicións do Centro de Servicios Sociais na cal tivo un protagonismo especial o debuxante mariñán Suso Pena. As actividades pecháronse cun concerto na Praza do Concello a cargo de grupos rock de Galicia, por suposto estaban "Diglósicos & Porcojones", un grupo de Ribadeo que non recordo o nome, pero no que estaban os irmáns Suárez García e uns colegas meus da Coruña que por aquel entonces se facían chamar "Morgana" ou "Karma" -é o problema das formacións que cambian tanto de nome que ao final non te acordas-. Xa me gustaría ter unha copia do cartel para poder pola aquí.

Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 28-03-2009 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Un bo home
Coñecino cando cheguei ao Instituto de Mondoñedo. Un día entrou pola porta da aula de 1ºA, andaba informando sobre unha decisión tomada por algún órgano colexiado: "En primeiro non haberá eleccións de delegado ata que esté avanzado o curso (...) dado que aínda non vos coñecedes (uns viñamos do CEIP "Álvaro Cunqueiro", outros do Seminario, algúns de Lourenzá e outros de de Abadín). O seu característico bigote metía algo de respeto, moito máis sabendo que era o director. Sinaloume co dedo e díxo: "Ti pareces bo deportista, ocuparás o posto de delegado ata as eleccións", por suposto non dixen nin pio.
Debido a estas funcións mantiven varias reunións con el ao longo do curso e tomáronse decisións, algunha delas cuestionable como por exemplo a de encher de terra das fontes do xardín, pero é unha cuestión subxectiva e todos temos dereito a errar algunha vez, pero desta volta o erro -se é que o houbo e se é así posiblemente sexa subxectivo- xunto coa súa honestidade levouno a dimitir do seu cargo.
Estaba e está moi ben recoñecido entre a clase política lucense, decían del e dicen que "non se lle subeu o cargo á cabeza". E sempre que puido botou unha man aos amigos e aos amigos dos amigos, eso é dun home bo, pero ás veces non se pode ser bo, ou si, nunca se sabe o que é mellor porque eso non deixa de ser, unha vez máis, unha cuestión subxectiva.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-03-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.