Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Convocatoria de ADEGA
ADEGA ten convocado para hoxe xoves unha xuntanza na que se tratará a constitución da Plataforma de oposición ás minicentrais que se pretenden instalar no Rio Figueiras e na Fervenza. A reunión celebrarase ás oito e media da tarde no Centro Comarcal de "A Mariña Central", ubicado na rúa Julia Pardo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Rubalcaba visitará Mondoñedo
Alfredo Pérez RubalcabaO Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba estará en Mondoñedo o vindeiro día 20 de febreiro dentro das actividades que o Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) ten preparadas para a campaña electoral das vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo un de marzo tal e como recollemos del eleconomista.es.

Los líderes de los dos principales partidos estatales José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE) y Mariano Rajoy (PP), prevén desembarcar en Galicia el próximo fin de semana para arropar a los candidatos de sus respectivos partidos a la Presidencia del Gobierno gallego.
Ambos tendrán una presencia activa en la comunidad hasta que se celebren los comicios del 1 de marzo, según avanzaron sus formaciones políticas.
Fuentes del PPdeG, confirmaron que Rajoy acompañará el sábado 14 de febrero, un día después del inicio oficial de la campaña, al jefe de filas de los populares gallegos, Alberto Núñez Feijóo, en un mitin multitudinario que se celebará en la plaza de toros de Pontevedra.
Ese mismo día, el ex presidente del Gobierno Felipe González dará su apoyo al candidato socialista, Emilio Pérez Touriño en un acto que acogerá Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Según informó el PSdeG, al día siguiente será Zapatero quien visite el pabellón de deportes de Riazor de La Coruña. Más avanzada la campaña, los socialistas esperan al ministro del Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, que se dejará ver en la localidad lucense de Mondoñedo el 20 de febrero.
No será el único ministro que acuda a Galicia en fechas previas al proceso electoral ya que, en las últimas semanas, la plana mayor del Ejecutivo central ha pasado por la comunidad. En la precampaña gallega también ha participado activamente el vicesecretario general del PSOE, José Blanco, y el propio Mariano Rajoy.
Nova completa de eleconomista.es
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 11-02-2009 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
ADEGA resposta ás declaracións de Augas de Galicia

O Consello da Xunta debe aprobar como último trámite os Planos Sectorias para as minicentrais hidráulicas de “Salto da Cabana” e de “Figueiras”.

Con respecto ás declaracións dos responsables de Augas de Galicia:

“las dos minicentrales que Norvento y Segel pretenden construir en el río Figueiras y en A Fervenza cuentan con concesión aprobada y ésta es legal”

As concesións firmes dos aproveitamentos hidroeléctricos non garanten unha posterior aprobación dos proxectos constructivos, xa que os mesmos deben cumprir integramente uns determinados requisitos que permitan a súa aprobación. De outra forma, non se entendería que o procedemento chegase a durar ata 13 anos. Ao longo do mesmo, teñen que realizarse diversas xestións nas Consellerías de Medio Ambiente (informe preceptivo e vinculante), Política Territorial (informe preceptivo e vinculante) e Industria (declaración como de utilidade pública). A falta de autorización destes departamentos, imposibilitaría a construcción das minicentrais.

Por todo isto que expoñemos, queda máis que probado que a concesión firme dun aproveitamento hidroeléctrico non vincula respecto a autorización do seu proxecto constructivo. Se así fose, non serían necesarias tódalas actuacións posteriores á concesión, entre as cales se encontra como último trámite a aprobación do Proxecto Sectorial. Dende ADEGA fixemos chegarlle a Augas de Galicia as nosas dúbidas sobre este asunto, en concreto no que atinxe a aprobación final do Proxecto Sectorial polo Consello da Xunta. A cualificación do solo afectado como protexido (Rede Natura), ademais das especies ameazadas (endémicas da Península Ibérica, e protexidas a nivel estatal e autonómico) fan que as actuacións non sexan compatibles coa conservación e integridade dos valores obxecto de protección, de acordo coa Lei de Ordenación Urbanística 9/2002, e a Lei de Ordenación do Territorio 10/1995 . Os Proxectos Sectoriais poden prevalecer diante do Planeamento Urbanístico de Mondoñedo (ou de calquera outro concello) mais nunca sobre unha Lei.

Recoñecemos a posibilidade de que a administración autonómica (Consello da Xunta) poda tomar unha decisión subxectiva que autorice a construcción das minicentrais, aínda que deste xeito vulnerase u ordenamento xurídico. Sen embargo, unha resolución administrativa nesta liña, posibilitaría un posterior recurso no Tribunal Contencioso Administrativo, o cal ampara aos cidadáns da arbitrariedade dos poderes públicos nas súas decisións.

Augas de Galicia está a valorar tódalas posibilidades. Non dubidamos da boa vontade dos seus responsables, mais non concordamos no tocante a interpretación da normativa. Para ADEGA, o rescate das concesións non debe significar automaticamente unha indemnización ás empresas afectadas, xa que o dereito á construcción do proxecto non está garantido coa concesión do aproveitamento hidroeléctrico.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2009 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.