Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fin de ano
Ovos fritidos con patacas e chourizoNeste día no que agardaremos con entusiasmo as doce da noite para pasar a páxina do ano que nos tocou vivir con pena nalgúns casos e ledicias noutros. Nun día no que miramos aos campanarios minutos antes das doce da noite. Nun día de fin e comezo quero traer aquí un video no que se promociona Galicia e no que sae o campanario da Paula da catedral de Mondoñedo entre outros planos.


UNDÍA E UN DÍA E UN PESO GHASTOUSE

Hoxe é un día especial e vou facer un exceso na cea: cearei ovos fritidos con patacas e estou pensando se por tamén na tixola algún chourizo a medio curar.
Moita felicidade no ano que entra sen esquecer o ano que remata. Saúde.



E por se alguén o perde, aí vai outro video

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2008 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Que grande é o mundo!
Non recordo en que ano foi, pero si sei que daquela estábase a celebrar en Mondoñedo a final do Campionato de España de "Vuelo libre", polo tanto deduzo que sería aló por finais dos setenta ou principio dos oitenta.
Era verán, pero un día de moita néboa a esa hora da mañá, era ben cedo. Aquel día os homes-paxaro non poideron sobrevoar o ceo de Mondoñedo facendo o seu percorrido habitual que tiña como partida o pico do Padornelo e como meta o Campo de Fútbol, hoxe en día Municipal "Viñas da Veiga".
Moi cedo, como digo, desde Sopena, dunha casa que estaba bastante preto dunha das entradas "non oficiais" da Cova do Rei Cintolo partía cara Lugo un coche que levaba a unha señora duns setenta anos con pouco pelo, e o pouco que tiña xa tirando a gris máis que a branco e que refrexaba na súa cara a amargura do paso do tempo. Acompañaban a aquela señora, o seu fillo e a súa nora.
A visita á capital de provincia era debido a unha doenza que viña soportando desde había algún tempo e á que non lle atoparon remedio os médicos de Mondoñedo.
A viaxe non era nada cómoda, había moitas curvas, moita néboa e bastante dor.
Chegando a Vilalba o matrimonio mozo decidíu facer unha parada para tomar un café.
No momento en qué aparcaron o Seat 127 branco ao carón da sucursal do Banco Pastor de Vilalba a señora preguntou: E xa chegamos?. Ao que o seu fillo respondeu: Non, aínda estamos pola metade do camiño. Que grande é o mundo! -dixo a señora das canas grises-.
Comentarios (2) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 30-12-2008 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Gamberradas inocentes?
Fotografía de "La Voz de Galicia"O pasado sábado de madrugada é decir ás sete da mañá do domingo, día dos Santos Inocentes fun victima dunha "inocentada". Eu, ao igual que os demais veciños e veciñas do número 42 da Avenida de Bos Aires de Ourense vimos en perigo a nosa integridade física debido á estupidez duns tontos ou atontados que non tiñan nada mellor que facer a esa hora que coller uns folletos publicitarios, prenderlles lume e tiralos nuns sofás que había na entrada do edificio. Esas non son inocentadas, nin gamberradas nin nada que se lle parece eso é ser malas personas que fan estupideces.
Fai uns anos pola noite de San Xoán, na Coruña, vin a uns adolescentes botando gasolina ou algún líquido inflamable no rodillo dunha óptica e plantalle lume, pareceume perigoso e avisei á policía.
En Mondoñedo, ao igual que noutros moitos lugares de Galicia, na noite das fogueiras existe a tradición de ir buscar carros, arados e outras ferramentas e escondelas ou levalas para a praza da vila, ese tipo de "gamberradas" ata teñen a súa gracia, pero facer mal, por en perigo a vida das persoas ou destragar cousas coma a réplica dunha palloza esta mesma fin de semana na Fonsagrada non ten ningunha graza, absolutamente ningunha.
A experiencia vivida o sábado: máis de media hora atrapado polo fume, deixoume moi claro que é preciso invertir en seguridade cidadá. En concellos como o de Mondoñedo ou comarcas como a de A Mariña aínda estamos agardando por non sei que ou quen para que se poña a funcionar un parque de bombeiros e non contamos nin sequera cunha motobomba fiable (nalgunha ocasión a existente no Concello de Mondoñedo non ten encendido cando houbo algunha emerxencia) e por haber non hai nin unha escaleira hidráulica pública que poda sacar a alguén pola ventá nun caso como o que sufrín o sábado.
Moitas veces vin pola prensa que estaban convocadas concentracións diante do "futuro" parque de Bombeiros de Barreiros e nunca se me ocurríu ir. Nos medios de comunicación vía que acudían unicamente os membros de protección civil, algún que outro político que hoxe teñen cargos de certa importancia pola Deputación e que nin con eso consiguíron por a funcionar o parque e tres ou catro veciños.
A día de hoxe se se convocan novas concentración eu sei que vou ir e anímovos a todos e a todas a reclamar maiores dotacións para seguridade cidadá.
E se os estúpidos gamberros que plantaron lume o sábado pola noite son postos nas mans da xustiza: Señor Xuiz, Señora Xuiza a pena que para eles pido é que se pasen dez anos da súa vida limpando tódalas fins de semana no edificio que puxeron en perigo.
Nova recollida en "La Voz de Galicia" do luns, 29 de decembro
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 29-12-2008 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.