Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Escachar coa risa
Artigo publicado hoxe na edición impresa de La Voz de Galicia - Edición A Mariña. Como non sae na Edición dixital aí vos deixo o texto:

Foi un programa moi completo e variado o das San Lucas deste ano, non había tempo para acudir a todo nin estando na posesión do don da ubicuidade e cada acto era de maior calidade. O sábado á entrada da noite a Orquestra Melodías conseguiu congregar na praza da Catedral a moitísimo público que, a pesar da chuvia seguiu o repertorio completo da formación musical mindoniense sen deixar de moverse, pero cando máis músculos exercitamos foi o domingo pola tarde no auditorio “Pascual Veiga” escoitando ao monologuista Carlos Blanco. Aínda teño maniotas hoxe de tanto como rin coas súas historias, moitas delas vinculadas con Mondoñedo e a súa contorna. Pero esqueceuse o vilagarcián dun tema que estivo moi de actualidade a nivel estatal: A operación do Rei por parte do cirurxán mindoniense Miguel Cabanela. Ao remate da actuación mandeille un e-mail e contestoume que “foi unha mágoa non terme acordado, pois daríame para uns bons gags”.
Para compensar e sen pretender chegar á xenialidade de Carlos Blanco voulles contar unha historia “Real” na que calquera parecido coa realidade é mera coincidencia. Sucedeu nunha “suite” do Hospital Quirón de Madrid durante unha visita rutinaria do Doutor Cabanela ao Rei. Dous homes “moi campechanos” falaban así:
Rei: Me han dicho que es usted gallego.
Doutor Cabanela: De Mondoñedo, Majestad.
R: Ah, de Mondoñedo... allí tienen reino propio.
C: Eso ya es historia majestad. Galicia ha sido reino, pero en la actualidad, como bien sabe está integrado en el suyo.
R: Cómo me dice?. Ya no hay reinado en Mondoñedo?.
C: Reinado en Mondoñedo?
R: O mucho me falla la memoria o de Mondoñedo era el Rey de las Tartas con el que he tenido audiencia en varias ocasiones.
C: (Esbozando una amplia sonrisa) Se refiere Usted a Carlos Folgueira... En Mondoñedo ya no hay Rey, tenemos príncipe.
R: Cómo es eso?.
C: Pues verá, cuando falleció el Rey, su hijo y heredero, homónimo de su padre, continuó con el mandato sin coronarse Rey y esa situación se mantiene hasta los días de hoy.
R: (Pensativo) Y qué leyes regulan eso?... Tendré que hablar con Spottorno que gestione para mi Reino algo similar.
E xa que estamos con tan bo humor tamén lles deixo unha conversa que mantiven con Luís Tosar antes do inicio do seu concerto na praza da Catedral de Mondoñedo, actuación que tivo que ser suspendida –unicamente puideron tocar un par de temas con Budiño- por mor da choiva.
A tarde xa estaba mollada e a temperatura era moi agradable para estarmos a mediados de outubro.
A conversa tivo lugar nas escaleiras do Pazo episcopal, lugar que se empregou como camerinos.
Eu: De novo en Mondoñedo, a ocasión anterior viñeches en camión (Na serie Terras de Miranda).
L.T.: Eu a Mondoñedo vin moito con meu pai, que era repartidor de aceite (lubricante) de Comercial Lamas. Recordo unha vez que íamos subindo a Xesta e que o motor do furgón rompeu literalmente, andaban os anacos pola estrada.
Eu: Non sería por non levar aceite ou?.
L.T.: Aceite levaba (entre risas) o que pasa é que estaba queimado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Revista audiovisual de As San Lucas 2013
Miguel Souto fala na Radio Galega a partir do minuto 3.





















Na Radio Galega falan de As San Lucas a partir do minuto 20





Pouco antes do minuto 3, os cabalos na praza da Catedral.



Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 21-10-2013 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.