Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fuxan e Mondoñedo
Aló polo ano 1972 un grupo de rapazas e rapaces, que cantan asiduamente no coro do seu colexio en Lugo, deciden formar un grupo de música folk sen máis intención que a de divertirse. O grupo faise chamar Folk 72 e, como tal, participa no III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), un dos máis importantes do momento, en outubro do mesmo ano. Tras acadar o primeiro premio coa canción “Fuxan os ventos”, o grupo adopta ese título como nome próprio e comeza a realizar actuacións en colexios, festivais, aldeas e vilas, primeiro da provincia de Lugo e logo do resto de Galiza.

Así comeza a Biografía de "Fuxan os ventos" da súa web oficial. Mondoñedo é o xerme o parte do mesmo deste grupo tan destacado da música galega. Agora "Fuxan" voltan aos escenarios despois de levar dez anos sen pisar as táboas. O ano pasado por estas mesmas datas realizaron varios concertos e cidades galegas como Santiago, alí o mesmo díade San Lucas.

Con Fuxan ten colaborado outro mindoniense (aficado en Vigo a actualidade), trátase de Miguel Lustres.

Para os amantes da prensa rosa: Un membro de Fuxan grande, forte, barbudo e guapo está casado cunha mindoniense.

Pois logo por qué non foron contratados para "As San Lucas"?.

Hai dous anos tiña escrito un artigo falando da relación de "Fuxan os ventos" con Mondoñedo e apuntando a necesidade de que voltaran a "As San Lucas". Falando cun concelleiro mindoniense con responsabilidadades de goberno díxome que non publicara tal artigo porque ían xestionar unha actuación do mencionado grupo. Non puido ser -me dixo-.
Non puido ser o ano pasado, non puido ser este ano e non vai poder ser nunca mentras nos dediquemos unicamente en pensar que "non hai cartos". Algo moito máis importante que o diñeiro é a ILUSIÓN.
Por certo "As San Lucas" deste ano foron maravillosas, pena que non dispuxera de tempo para poder acudir a tódolos actos.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 25-10-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Dous Reigosas e un Bouso na Radio Galega falando de As San Lucas
O pasado sábado, día antes do grande de "As San Lucas" emitíase na Radio Galega o programa "Descubrir Galicia" que dirixe Isabel Freire. Nesta edición estaba adicado ás Feiras e Festas de "As San Lucas", en particular e a Mondoñedo en xeral. Na conversa radiofónica participaron o pregoeiro das Feiras do 2009, Carlos G. Reigosa; o investigador veciño de Zoñán, Antonio Reigosa e eu mesmo (Fran Bouso).

Aquí vos ofrecemos a conversa "case" ao completo.

Comentarios (1) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 24-10-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Tal e como cho conto
O fillo do "Dios de Seivane" vai casar coa filla do "Demo de Vilamor". Esto escoitei un sábado pola mañá vintecinco anos atrás, ousexa que se foi todo ben estarán a celebrar as bodas de prata. Noraboa.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2009 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.