Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Concentración FINSA-ECAR
As asociacións mindonienses convocan unha concentración para o vindeiro martes

O Conselleiro de Industria anunciou que visitará Mondoñedo o vindeiro martes, 17 de decembro para reunirse co comité de empresa de ECAR e con representantes municipais, con tal motivo a practica totalidade de asociacións de Mondoñedo convocaron unha concentración na Praza do Concello ás seis da tarde para facerlle ver á Xunta que Mondoñedo está unido e que quere solucións.

Parece ser que as cabezas pensantes de FINSA escolleron o día 1 de Marzo para PECHAR DEFINITIVAMENTE a factoría ECAR que a compañía ten en MONDOÑEDO, precisamente o primeiro de marzo, DÍA DE SAN ROSENDO, PATRÓN DE MONDOÑEDO.
San Rosendo, na estatua que preside a Catedral está sen mans, o tempo coa erosión foillas comendo, pero en Mondoñedo hai moitas mans, moitas gorxas e, sobre todo moitos corazóns que DEBERÁN ESTAR PRESENTES O VINDEIRO MARTES, 17 DE XANEIRO ás SEIS DA TARDE DIANTE DA CASA DO CONCELLO para facerlle ver ao CONSELLEIRO DE INDUSTRIA que MONDOÑEDO ESTÁ UNIDO e que hai que buscar alternativas para que A XENTE NON SE QUEDE SEN TRABALLO.
A estas alturas da película xa sabemos cales van ser as escusas: NON HAI DIÑEIRO, NON PODEMOS FACER NADA, ESTAMOS ENDEBEDADOS..., e imos quedarnos con esas?. Esta semana aínda “enchufaron” 500.000 euros para a Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda. Que non nos conten contos. MONDOÑEDO ESIXE SOLUCIÓNS.

MINDONIENSES

La circunstancia laboral que se presenta a nuestros vecinos debido al cierre de Finsa-Ecar nos atañe a todos los mindonienses; ya que la pérdida del puesto de trabajo, lleva implícito, el doloroso trance de dejar sin seguridad de bienestar a toda la unidad familiar del trabajador, con lo que ello supone:
Buscar un nuevo trabajo donde no lo hay.
La angustia familiar ante la nueva situación de desamparo, económico.
La reducción de gastos familiares hasta solucionar la situación actual
Es decir, la falta de trabajo atañe a una familia, la reducción del gasto familiar por esta causa, nos atañe a todos los mindonienses, con servicios a la ciudad o sin el.

El martes día 17 a las 6 y media de la tarde se reunirán en el Concello, un responsable de la Xunta con nuestros Representantes Municipales para lograr una solución justa al desmantelamiento de Finsa-Ecar y por lo que esto supone para Mondoñedo ninguna Asociación mindoniense faltara a esta cita para, con su presencia, demostrar el apoyo a nuestros vecinos trabajadores de Finsa y a las autoridades municipales que tratan de dar soluciones a este lamentable asunto.
Por ello el total de la Asociaciones mindonienses invitan a todos sus afiliados, a todo el pueblo y amigos a una Concentración Cívica el martes 17 a las 6 de la tarde en la Plaza del Concello para dar con nuestra presencia apoyo moral a quien representa a todos los trabajadores de Finsa-Ecar.
¡Mindonienses! Que el día de San Rosendo fecha en la que quieren dejar sin sustento a 62 familias mindonienses se transforme en celebración de gracias por recuperar otra vez el trabajo de todos: A los trabajadores; a Finsa; a todas las Autoridades, especialmente a la Municipales y a todos los mindonienses que con su presencia en todos los actos reinvidicativos apoyan a los trabajadores de Finsa-Ecar.
Mindonienses todas las Asociaciones os dan las gracias por vuestra presencia y apoyo en la Plaza del Concello el martes día 17 a las 6 de la tarde.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2012 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Leiras agora
Leiras agora

Neste arranque do ano no que se cumpren cen do pasamento do masón, anticlerical e republicano Manuel Leiras Pulpeiro, coñecido polos da Paula como “O médico dos pobres” pregúntome eu: Como actuaría Leiras ante a actual situación socioeconómica que está vivindo Mondoñedo e a súa comarca?.
Seguramente que a problemática sería eixo central de moitos faladoiros no “Casino de los Caballeros” e que no “Tío Marcos da Portela” empregaría adxectivos como “ladrós” e inhumanos para referirse a aqueles que con diñeiro de todos mercan empresas para eliminar a súa competencia directa e non lles treme a man á hora de deixar sen pan a centos de persoas, nin atenden a razóns cando se lles presentan alternativas.
Leiras, coñecido en Galicia como autor de versos cargados de emoción e compromiso, tamén foi un bo home que se preocupou polos seus veciños e veciñas. Cando visitaba un enfermo nun fogar onde abundaba a pobreza deixaba, como o rato Pérez, unhas moedas debaixo da almofada para que a familia puidera mercar menciñas e ir tirando uns días.
Nos días de hoxe, seguramente, Leiras estivera mobilizando a Cándido Carreiras e aos seus para preparar algún festival solidario que servise para recadar fondos e estar preparados para actuar en caso de posibles emerxencias sociais que puideran vivir algunhas familias mindonienses sen deixar de matinar na procura de solucións que permitiran xerar emprego no lugar.
Non fai moito pasei polo vello cemiterio civil de Mondoñedo e vin unha rosa branca morta enriba da lápida de Leiras. O que a el lle gustaría sería ter unha roseira de rosas roxas viva que florecera ao tempo que a Mondoñedo volta a primavera.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-01-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
As campás da Catedral de Mondoñedo

Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 09-01-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.