Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fuxan e Mondoñedo
Aló polo ano 1972 un grupo de rapazas e rapaces, que cantan asiduamente no coro do seu colexio en Lugo, deciden formar un grupo de música folk sen máis intención que a de divertirse. O grupo faise chamar Folk 72 e, como tal, participa no III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), un dos máis importantes do momento, en outubro do mesmo ano. Tras acadar o primeiro premio coa canción “Fuxan os ventos”, o grupo adopta ese título como nome próprio e comeza a realizar actuacións en colexios, festivais, aldeas e vilas, primeiro da provincia de Lugo e logo do resto de Galiza.

Así comeza a Biografía de "Fuxan os ventos" da súa web oficial. Mondoñedo é o xerme o parte do mesmo deste grupo tan destacado da música galega. Agora "Fuxan" voltan aos escenarios despois de levar dez anos sen pisar as táboas. O ano pasado por estas mesmas datas realizaron varios concertos e cidades galegas como Santiago, alí o mesmo díade San Lucas.

Con Fuxan ten colaborado outro mindoniense (aficado en Vigo a actualidade), trátase de Miguel Lustres.

Para os amantes da prensa rosa: Un membro de Fuxan grande, forte, barbudo e guapo está casado cunha mindoniense.

Pois logo por qué non foron contratados para "As San Lucas"?.

Hai dous anos tiña escrito un artigo falando da relación de "Fuxan os ventos" con Mondoñedo e apuntando a necesidade de que voltaran a "As San Lucas". Falando cun concelleiro mindoniense con responsabilidadades de goberno díxome que non publicara tal artigo porque ían xestionar unha actuación do mencionado grupo. Non puido ser -me dixo-.
Non puido ser o ano pasado, non puido ser este ano e non vai poder ser nunca mentras nos dediquemos unicamente en pensar que "non hai cartos". Algo moito máis importante que o diñeiro é a ILUSIÓN.
Por certo "As San Lucas" deste ano foron maravillosas, pena que non dispuxera de tempo para poder acudir a tódolos actos.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 25-10-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Entereime este ano en Lugo que o grupo FUXAN OS VENTOS empezara a sua camiñata en Mondoñedo,e tiven a sorte de poder o#blgtk08#ilos nas festas de SAN FROILAN.Sinto que os meus paisanos non puideran disfrutar deles nas SAN LUCAS.Outro ano será.
Comentario por amada (26-11-2009 23:01)
2 Tiven o privilexio de gozar da música de Fuxan os Ventos a finais de xuño en Ourense. Había moitos anos que non #blgtk08#os escoitaba en directo e abofé que tremeron as vellas pedras da peculiar Praza Maior!

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (19-08-2010 21:06)
3 Muy bueno el articulo que nos has puesto, creo que todo el mundo qu#blgtk08#e lo lea se quedara satisfecho, porque la explicacion es perfecta.
Comentario por Bolsa (01-11-2010 11:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.