Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Luís Cayón: escritor, guionista, actor e case director
Ilustación: Antón Caxoto
Serie: Mondoñedo de cine
nº 70 11/07/2017
LVG-AM

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso


Son moitos os nomes propios de mindonienses que están ligados ao mundo do celuloide ou ao audiovisual. Desde Victoriano López García, Goya de honra na IV edición destes premios e ao que se lle adica a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo este ano, ata Zully Moreno, a Rita Hayworth arxentina e outros moitos dos que trataremos ao longo do verán. Hoxe é a quenda de Luis Cayón.
Luis Cayón Fernández naceu en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1907. A súa familia tiña casa na Cidade da Paula e foi no Pazón de Cayón, situado no barrio de San Lázaro, onde pasou a maior parte da súa mocidade. De feito estivo empadronado en Mondoñedo deste os 15 aos 22 anos. Exercía de escritor e xornalista, pero tamén tivo algunha participación como actor no mundo do celuloide. Estivo emigrado en Arxentina durante a “Guerra Civil”. Pasado o ano 1939, instálase en Madrid onde mantería o contacto co seu amigo da mocidade Victoriano López García co que colaborou como publicista na revista “Cine Experimental”. Cayón era un dos habituais nas parolas do café “La Elipa” nas que un nutrido grupo de personalidades chegadas desde diferentes campos profesionais falaban de cine e tamén de saudade mindoniense, pois na “peña” ademais de Serrano de Osma, García Basabe, Fernández Armayor, Pepe Fernández, Antonio Aguirre e José Mateo, estaban os mindonienses López García, Cunqueiro Mora e o propio Cayón Fernández.
Como escritor publicou Diccionario de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (1962), Diccionario del novelista (1983) y Antología del pensamiento cinematográfico (1947), que foi a primeira obra que un autor galego adica á técnica cinematográfica e ás súas repercusións artísticas.
En 1945 traballou xunto con Pío Ballesteros no guión dun documental sobre A Costa da Morte que dirixiría Royán Marugán. Ese mesmo ano, escribíu o guión literario para unha curtametraxe titulada “Celos” que ía ser dirixida por Francisco Ortiz e producida por Solanja Films, pero atopouse co atranco da censura que a desestimou alegando que “No interesa”.
Participou como actor xunto a Valeriano Andrés, Lola Barrera ou Amparo Reyes na película dirixida por Pio Ballesteros, “Consultaré a Míster Brown” estreada no “Cine Colón” de Madrid o 26 de marzo de 1947. Na elaboración dos diálogos desta película colaborou Camilo José Cela na que foi unha das súas primeiras incursións no mundo do celuloide.
Luis Cayón tiña previsto dirixir en 1949 a película “Nido de Hampa”, pero unha vez máis foi prohibida pola censura porque nunha secuencia a Policía deixaba escapar un malfeitor e os censores entendían que o corpo armado sempre debía aparecer como “una institución eficiente y de conducta intachable”.
En mayo de 1979, aos 70 anos de idade, Luis Cayón Fernández foi alcanzado pola onda expansiva do artefacto explosivo que a banda terrorista ETA fixo explotar na cafetería “California 74” de Madrid. Por este motivo tivo que ser hospitalizado aparecendo no parte de lesións: “Una herida estrellal en la región fronto parietal derecha”. O mindoniense recuperouse das feridas e seguiu a desenvolver unha activa vida social en Madrid e numerosas visitas a Mondoñedo, principalmente na época estival ata que morreu -sen descendencia- nos primeiros días do ano 1999 con 91 anos.



Enlace ao artigo publicado na edición dixital de La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 07-08-2017 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.