Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Leiras agora
Leiras agora

Neste arranque do ano no que se cumpren cen do pasamento do masón, anticlerical e republicano Manuel Leiras Pulpeiro, coñecido polos da Paula como “O médico dos pobres” pregúntome eu: Como actuaría Leiras ante a actual situación socioeconómica que está vivindo Mondoñedo e a súa comarca?.
Seguramente que a problemática sería eixo central de moitos faladoiros no “Casino de los Caballeros” e que no “Tío Marcos da Portela” empregaría adxectivos como “ladrós” e inhumanos para referirse a aqueles que con diñeiro de todos mercan empresas para eliminar a súa competencia directa e non lles treme a man á hora de deixar sen pan a centos de persoas, nin atenden a razóns cando se lles presentan alternativas.
Leiras, coñecido en Galicia como autor de versos cargados de emoción e compromiso, tamén foi un bo home que se preocupou polos seus veciños e veciñas. Cando visitaba un enfermo nun fogar onde abundaba a pobreza deixaba, como o rato Pérez, unhas moedas debaixo da almofada para que a familia puidera mercar menciñas e ir tirando uns días.
Nos días de hoxe, seguramente, Leiras estivera mobilizando a Cándido Carreiras e aos seus para preparar algún festival solidario que servise para recadar fondos e estar preparados para actuar en caso de posibles emerxencias sociais que puideran vivir algunhas familias mindonienses sen deixar de matinar na procura de solucións que permitiran xerar emprego no lugar.
Non fai moito pasei polo vello cemiterio civil de Mondoñedo e vin unha rosa branca morta enriba da lápida de Leiras. O que a el lle gustaría sería ter unha roseira de rosas roxas viva que florecera ao tempo que a Mondoñedo volta a primavera.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-01-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Antes chamaba#blgtk08#nse caciques.
Comentario por ester otero loureiro (10-01-2012 10:09)
2 Concordamos, Fran. E aproveito para manifestar que neste 2012 fariamos moito ben todos os mindonienses (e non só) en lembr#blgtk08#ar -e (re)ler- a obra de Leiras, que, por certo, convén reeditar.

Apertas grandes e en hora boa polo post.
Comentario por Armando Requeixo (10-01-2012 11:37)
3 Amanecen tempos dificiles para a nosa bisbarra, tempos que poden marcar o noso futuro de pervivencia de mais primaveras ou de desacougo e perda do futuro. E polo que estimulo dos nosos ilustres antergos#blgtk08# coma Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro, poidan facernos xordir a enerxia e unión de todolos nos para afrontar os avatares que estamos a vivir empregando todalas forzas para facer que Mondoñedo poida pervivir
Comentario por Luis Fdez Ansedes (11-01-2012 00:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.