Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sempre Mondoñedo (Carmen R. Lage)




Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-01-2017 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Os Resentidos e Mondoñedo
Unha vez un jicho en Noia, díxome con paranoia, que Álvaro Pino, comprou unha vespino, quedeime sin falar e pra disimular, decidín cantar, unha canción italiana, que se chama Il Mondo, ¡Mondoñedo!... Noia paranoia e Mondo Mondoñedo, viño branco, viño tinto, Galicia, sitio distinto.

A formación liderada por Antón Reixa actuou en Mondoñedo en dúas ocasións, unha polas San Lucas (non lembro o ano exactamente, pero estaba de presidente da Comisión de festas Rubal) e outra o 17 de maio de 1991 no programa especial que a Televisión de Galicia emitiu desde a praza da Catedral de Mondoñedo con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicado a Álvaro Cunqueiro.



Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-01-2017 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Voces da Paula
El Progreso - A Mariña Mércores, 22 de outubro de 2014

Está mal que eu o diga pois, ao fin e ao cabo, son parte implicada, pero por todo o que me ransmitiron os amigos que o presenciaron e o viviron na noite do pasado luns: Voces da Paula, a gala musical que pechou as feiras e festas de As San Lucas na súa edición 858 foi todo un éxito.
Para min desde logo que o foi e non só polas mostras de cariño que recibín ao remate do espectáculo, senón que xa o foi antes.
Foino cada vez que chamaba a cada un dos articipantes e non dubidaba en aceptar, en formar
parte do proxecto. Foino cada vez que se superaban os contratempos que aparecían e foino en cada un
dos abrazos que mutuamente nos dábamos.
Carmen R. Lage presentou sobre un escenario algún dos seus temas, ‘Sempre Mondoñedo’ e ‘Arrancando calendarios’. Escoitamos por primeira vez unha interpretación conxunta das dúas cantantes rofesionais mindonienses, Silvia Campos e Mónica
Barreira.
Fabián, sempre cantante, gozou e fíxonos gozar ao carón dos pícaros e pícaras de ‘Mamá, quero cantar’. E vimos medrar a Daniela, Pablo e Aurora como vocalistas e como persoas.
Cando Voces da Paula era unha idea parecía sinxela, no camiño cara a súa materialización como
realidade non o foi tanto, pero mereceu a pena.
Haberá unha segunda edición?O tempo o dirá. Eu, neste momento estou disposto a que así sexa. Pero sexa o que sexa o máis importante é que xa foi.
E foi no seo dunhas San Lucas que ano a ano van a máis na calidade da súa programación lúdica e cultural, con moreas de actividades para públicos diferentes e sempre sen perder a referencia: O cabalo, ese animal que tan ben sabe retratar Xosé Vizoso nos seus carteis, como puidemos observar na exposición instalada no antigo centro comarcal e que permanecerá aberta ata finais deste mes de outubro.
Onte, que foi onte é día de resaca sá e mañá, que é hoxe, é momento para pensar en novos proxectos e aventuras que agardemos nos/vos fagan gozar a todos.

31/12/2016

Os espectáculos musicais sempre foron un prato forte da Noitevella xa sexa de preto ou na televisión. Un ano que haxa algo importantísimo que celebrar nesta noite máxica vai haber que facer unha edición especial de fin de ano de Voces da Paula. Mentres que esa confluencia de factores non se dea sempre temos a oportunidade de ver en vídeo algunha das edicións das San Lucas, está é a do 2016 por xentileza de Juan Carlos Otero Corral.

Voces da Paula 2016





(Na edición de 2015 non se editou o vídeo)

Voces da Paula 2014


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-01-2017 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.