Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Julieta Gómez Paz, poetisa arxentina de orixes mindonienses
Hai, na literatura arxentina, un grupo de autores e autoras que teñen orixe galega e que mantiveron e manteñen con Galicia un vencello emocional: González Carbalho, F.L. Bermárdez, R. Mª Lijó, Moure e varios maís.
É tamén o caso de Julieta Gómez Paz, con orixe en Mondoñedo pola súa nai, autora de poemarios como Canciones de tierra y sol (1939) ou Llanura (1940), de ensaios sobre Alfonsina Storni, e de traducións de Elizabeth Barret Browning. Visitou Galicia e desa viaxe naceu o poemario Galicia en el atardecer (1972), unha viaxe lírica e elexíaca que une na súa poética a realidade concreta coa paisaxe interior.
Enlace a Café Barbantía
Enlace á Wikipedia
Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 01-01-2017 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Filomena Arias Armesto, a sabia de Torbeo
Galicia Encantada, maio de 2013

A Sabia de Torbeo naceu nesta parroquia do concello de Ribas de Sil (Lugo) entre 1865 e 1885. Todo na súa biografía e andanzas é confuso. Dise que de moza marchou con un fillo vivir a Madrid, cidade na que residiu, traballando como criada, ata 1920 ou 1921. Regresou a Torbeo e un día, estando de fiadeiro cos veciños, foi beber auga á fonte da Cruz. Cando volveu xa entrou de costas. Despois botouse ao monte e por aló andou ata que uns homes da parroquia, comandados polo párroco, a foron catar. Trouxérona atada e atada a retiveron a carón de cemiterio mentres o crego lía un texto dun libro para exconsurarlle os cinco "cadelos" (espíritos) que tiña dentro do corpo. Conseguiron tirarlle dous "cadelos"; os outros quedaron para sempre dentro dela. E por culpa deles, cando lle daba o "mal" falaba en castelán. Comezou a exercer de sabia ou curandeira, acadando unha sona enorme por toda Galicia, e por boa parte da península tanto de España como de Portugal. Curaba con plantas e con outros remedios tradicionais, sobre todo con apócemas. Ademais, din os que a coñeceron ou oíron dos seus méritos, tiña poderes que lle permitían saber do paradoiro ou do estado de saúde de persoas aínda que non as coñecese ou que residisen ben afastadas dela. E tamén era consultada para destapar tesouros . Para estes cometidos axudábase dunha medium que ela invocaba chamándolle “La niña”. Segundo Vicente Risco, a Sabia de Torbeo dicía que cando morrese habíalle deixar o seu poder a unha rapaza de 15 anos, que fose virxe e que se chamase coma ela, Filomena. Mais, que se saiba, non tivo herdeira. Cando entraba en "trance", cando lle daba "o mal" (estado de comunicación co místico ou co paranormal) permanecía deitada na cama e comezaba a ladrar coma os cans por tempo de media hora ou dunha hora. Despois atendía as consultas aínda que normalmente non era preciso preguntarlle pois adiviñaba a pregunta que lle ían facer, e a seguir entraba en detalles sobre as doenza e outras circunstancias do enfermo. Cando comezou a Guerra Civil (xullo de 1936), asegurou que habían gañar os da “banda dalá” (enténdase os partidarios do goberno lexítimo da República). Como é ben sabido, desta non atinou, perdeu creto e deixou de consultar. Nos últimos anos da súa vida trasladouse a Monforte. Cando osmou a morte pediu que a levasen expirar a Torbeo pero non deu chegado. O 23 de abril de 1938, cando a trasladaban nunha padiola, fóiselle a vida á altura Rairos, lugar do mesmo concello de Ribas de Sil en cuxo cemiterio está enterrado o seu corpo. Nas proximidades da Praza do Piñeiro ou dos Chaos, en Monforte, existe unha casa abandonada onde se di que viviu a nosa Sabia.

__________ 1 Sabia.-Menciñeira ou curandeira que se dedica a curar e facer ben. (Véxase Dicionario dos seres míticos galegos).

-O pouco que queda da súa casa, en Torbeo.

-Casa de Monforte de Lemos, onde residiu temporalmente a Sabia de Torbeo.

-Casa de Rairos onde, supostamente, faleceu a Sabia de Torbeo.

-Cemiterio de Rairos onde, supostamente, está soterrada a Sabia de Torbeo.


[Nota de agradecemento: Estas fotografías (agás a da casa de Monforte de Lemos) foron realizadas e remitidas polo alumnado de 3º ciclo do CEIP de San Clodio, Ribas de Sil (Lugo), e polo seu mestre, Fran Bouso. Maio de 2013] Para ver o resto de fotografías seguir o enlace é entrada en Galicia Encantada.

De Cuarto Milenio

En la aldea lucense de Torbeo encontramos la historia de una mujer singular cuya vida estuvo rodeada de hechos insólitos: Filomena Arias. Una auténtica bruja cuyos prodigios cruzaron las montañas que rodeaban a las aldeas cercanas, construyendo un mito vivo aún hoy. Los que la conocieron nos cuentan de ella hechos completamente increíbles que la convierten en una verdadera meiga. Según la propia Iglesia, la Bruja de Torbeo era ayudada por cinco espíritus de perro para lograr sus curaciones y prodigios.

Ver programa: inicio minuto 1:17
Enlace á entrada en Galicia Encantada
Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 01-01-2017 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Unha exposición virtual sobre Álvaro Cunqueiro
Como estamos na Semana das Letras aprobeito para convidarvos a visitar unha páxina web adicada a Cunqueiro na que tiven a ocasión de participar co artigo que está máis abaixo. Está en castelán porque así o pediron os responsables da publicación: O Instituto Cervantes. Podes visitar a exposición virtual aquí.

Mondoñedo, un mágico paseo
Por Fran Bouso


Poco antes de llegar al mar desde el interior de Lugo se encuentra, rodeado por montañas de redondeada cumbre, el hermoso valle de Mondoñedo conformado como una gran «cunquiña deleitosa» que decía el insigne poeta mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro.
Mondoñedo es una cuidad vieja y bella. La vejez se la da su pasado esplendoroso, el cual también aporta belleza, ya que la huella de los siglos fue dejando en el lugar un bonito casco histórico (declarado de interés histórico-artístico en el año 1985) que tiene como centro la Catedral de la Asunción que data del siglo XII. En torno a este edificio se erigieron hermosas casas blasonadas; edificios religiosos, como el Seminario Santa Catalina u obras de arquitectura civil creadas con especial cariño, claro ejemplo es la Fonte Vella que aparece enfrente del Palacio Episcopal. Sin dejar la marca de la vejez, Mondoñedo está siendo remozado gracias a un plan especial de rehabilitación del casco histórico que permite la recuperación de buena parte de los edificios que lo conforman.

Para el visitante de Mondoñedo lo mejor que le podemos recomendar es que se pierda por esas empedradas calles estrechas mientras escucha el sonido de las campanas de la catedral. Que visite la casa donde nació el gran fabulador Álvaro Cunqueiro, que salude al poeta Leiras Pulpeiro en la Fonte de San Xoán, que intente escuchar la música del piano de Pacheco al paso por la calle que lleva su nombre y que silbe las notas de la Alborada Galega o del Himno Galego caminando por la calle Pascual Veiga.

Entrado en contexto, el amigo visitante ya estará preparado para hacer una «mágica» visita al Museo del Mago Merlín de Mondoñedo, donde con gentil amabilidad será recibido por Manuel Montero.

Antes de despertar de ese sueño mágico conviene visitar el barrio de Os Muiños, catalogado por Cunqueiro como la «Venecia Mindoniense». Entre los canales que atraviesan el barrio, todavía hoy se puede observar como trabajan los artesanos alfareros y revivir —acaso leyendo aquel magnífico y lejano artículo de don Álvaro publicado en A nosa Terra— el momento en el que la mujer del Mariscal Pedro Pardo de Cela era entretenida, en la Ponte do Pasatempo, para impedir que llegara con el indulto que librara a su marido de ser degollado.

El visitante, si está sediento podrá refrescarse con el agua de sabor lírico de la Fonte dos Pelamios o de los Catro Caños, de donde dicen que en el verano el agua sale fresca y en el invierno más templada. Si el refresco no llegó podremos ir a bañarnos al Pozo de A Fervenza, a la Fabega o al Salto do Coro. Con seguridad, camino de cualquiera de estos lugares encontraremos un molino que estará moliendo el grano para ser convertido en pan o empanada por los panaderos, en palabras de Cunqueiro «… Mondoñedo, rico en pan, aguas y latín».

Si entra el hambre, en cualquiera de los restaurantes del lugar, y sin más compañía que cualquier texto coquiniario de don Álvaro, podremos degustar la rica gastronomía mindoniense, carnes de ternera o de cerdo criadas con paciencia, truchas o salmones pescados en ríos de aguas cristalinas, frutos de la bondadosa huerta y para finalizar el postre que no puede faltar son las cañas de crema o la tarta de Mondoñedo que lleva en su cara la policromía del rosetón de la catedral.

El silencio y las piedras permiten el descanso y la recuperación de fuerzas para continuar la visita por el Museo Diocesano y Catedralicio, por los montes de la zona o para hacer una visita a la princesa Xila, hija del rey Cintolo que anda vagando por el interior de las cuevas a las que dio nombre su padre, esperando a que alguien vaya a rescatarla. ¿Quizá algún espeleólogo como aquéllos cuya visita relató Cunqueiro para La Voz de Galicia a mediados de los años cincuenta?

Aunque parezca mágico está aquí, está en Mondoñedo.


Comentarios (1) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 13-05-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.