Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Responsabilidade
Aló por primeiros do mes de novembro saía nos noticieiros dixitais unha nova que creo que non tivo gran repercusión entre os medios de comunicación –chamemos- convencionais: “Albergar comentarios de otros en la web no es delito”, titulaba “Público.es”. Os autores e mantedores da web www.mindoniense.com foran demandados por un antigo rexedor mindoniense por “antentar contra su honor”. Eles nada tiñan que ver cos comentarios que alí se escribiran, así o entendeu o xuiz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Mondoñedo ao amparo da Lei de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI).
Eu non sabía nada da demanda ata o momento en que se dictou sentenza, pero celebro que quedaran absoltos.
A irresponsabilidade de quen non puxo o seu nome e non “deu a cara” para acusar a alguén de algo, fixo que o foro de www.mindoniense.com desaparecera (ou quedara temporalmente –máis dun ano- fóra de servicio) e fíxollo pasar mal a Chisus e a Caselas. Tamén privou a moitos usuarios de poder debatir e aportar información sobre temas mindonienses, eu mesmo tiña alí unha especie de sección titulada “Anecdotario mindoniense” no se que recollían historias curiosas acontecidas en Mondoñedo ou a mindonienses.
Desde pouco antes das pasadas eleccións municipais, aparecen en Mondoñedo con periodicidade incerta unhas coplas que tratan temas de actualidade local –certamente moi interesantes desde o punto de vista da cultura popular- pero que agochan ao seu autor ou autores e eso tampouco está ben, sobre todo tendo en conta que “poñen a parir” a persoas coñedidas por todos.
Cando se fai público algún texto hai que ter o orgullo e a RESPONSABILIDADE de asinalo, deste xeito pensaremos mellor o que poñemos. Sendo así, ao meu entender poderemos valorar mellor a súa credibilidade e non meter en camisas de once varas a quen con total desinterés monetario e con moito esforzo persoal pon en marcha proxectos útiles para todos.
Sen lugar a dúbidas a sentenza do Xulgado de Mondoñedo resulta tremendamente positiva para a liberdade de expresión en Internet. Pero tanto no mundo virtual como no mundo real non debemos confundir liberdade con libertinaxe.

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-12-2008 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.