Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis recursos humanos propios
Leo en www.mondonedo.net que o presuposto do Mercado Medieval de Mondoñedo será recortado e por tal motivo os organizadores prescindirán dalgunha compañía de animación das que tradicionalmente viñan animando as rúas nas datas de celebración do Mercado. Ao contrario de ser unha mala nova para min é, sen lugar a dúbidas motivo de ledicia e non porque de aquí se desprenda que as arcas municipais mindonienses non están pasando polos seus mellores momentos senón que dunha vez se intenta contar con persoal local para a realización de actividades.
Xa fai moitos anos, antes de que houbera o Mercado Medieval celebrábase dentro da programación de verán ("Sábados de Vagar") organizada pola Asociación Cultural "Leiras Pulpeiro" a "Noite de Merlín", unha representación teatral na que participaban máis dun cento de actores, a inmensa maioría de Mondoñedo ou arredores, sen lugar a dúbidas era algo singular e que atraía a moito público.
Na actualidade festas de recuperación histórica hainas por todas partes e moitas delas acaban sendo idénticas, sobre todo no tocante ás actividades de animación, o feito de que Mondoñedo aporte personalidade propia neste apartado fará que adquira maior distinción o Mercado, ousexa que obrigada ou non a min paréceme boa medida. Agora só falta que haxa mindonienses, que seguro que si os hai, que se apunten a encher de vida as rúas do Mondoñedo Medieval.
Comentarios (2) - Categoría: Opinión - Publicado o 29-06-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
CX anos de cine en Mondoñedo
Desde fai dez anos o tema do "Cine en Mondoñedo" é moi recurrente en min. Fai agora once anos que escribín o primeiro artigo relacionado con este particular coa intención de rememorar a chegada do cinematógrafo a Mondoñedo que acontecera un século antes. Esto motivou a celebración dunhas xornadas tituladas "Un século de cine en Mondoñedo" e a partir de aí celebráronse un bo número de proxeccións en diferentes lugares do concello (Salón de actos do Seminario, Baixos da praza de Abastos, antigo salón de actos da Sociedade de Obreiros e Praza do Concello). Desde o ano 2001 este tipo de proxeccións deixaron de organizarse e non digo máis, pero é unha pena, sobre todo as proxeccións de cine ao aire libre que tiñan lugar nas noites estivais na Praza do Concello. Oxalá nos vindeiros dez anos en lugar de ter que escribir para queixarnos da falta de programación cinematográfica en Mondoñedo poidamos facer balance das proxeccións realizadas.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 25-04-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
As Quendas: descentralización
Cando se retomou a celebración das Feiras e Festas de "As Quendas" era eu un neno. Teño na cabeza que esta recuperación chegou co liderato dun dinamizador social que non tiven o gusto que coñecer e que xa faceleu, era coñecido por todos como "Recetas".
Estaba afeito a ver que cando se trataba das festas grandes de Mondoñedo, como era o caso de As San Lucas todo xiraba en torno á Alameda dos Remdios, Campo dos Paxiños ou como moito a Praza da Catedral.
Coas Quendas, nas súas primeiras edicións aprendín o que é a DESCENTRALIZACIÓN. No programa as festas daquel ano de recuperación incluíase unha actividade de títeres no Barrio dos Muiños. Que ben!, pensaba eu, tamén vai haber festa no barrio. Non me daba chegado o día.
Non sei se foi a humidade ou o que pero unha vez máis as placas na gorxa (doencia que me afectaba con frecuencia sendo mozo) me impediron asistir a aquela recuperación de "As Quendas", tamén á representación de títeres do barrio de Os Muiños.
Ultimamente non se inclúen actividades nos barrios no programa das Quendas, pero bueno a descentralización xa está feita, agora temos un obradoiro de títeres na "Venecia mindoniense".
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 21-04-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.