Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Leiras agora
Leiras agora

Neste arranque do ano no que se cumpren cen do pasamento do masón, anticlerical e republicano Manuel Leiras Pulpeiro, coñecido polos da Paula como “O médico dos pobres” pregúntome eu: Como actuaría Leiras ante a actual situación socioeconómica que está vivindo Mondoñedo e a súa comarca?.
Seguramente que a problemática sería eixo central de moitos faladoiros no “Casino de los Caballeros” e que no “Tío Marcos da Portela” empregaría adxectivos como “ladrós” e inhumanos para referirse a aqueles que con diñeiro de todos mercan empresas para eliminar a súa competencia directa e non lles treme a man á hora de deixar sen pan a centos de persoas, nin atenden a razóns cando se lles presentan alternativas.
Leiras, coñecido en Galicia como autor de versos cargados de emoción e compromiso, tamén foi un bo home que se preocupou polos seus veciños e veciñas. Cando visitaba un enfermo nun fogar onde abundaba a pobreza deixaba, como o rato Pérez, unhas moedas debaixo da almofada para que a familia puidera mercar menciñas e ir tirando uns días.
Nos días de hoxe, seguramente, Leiras estivera mobilizando a Cándido Carreiras e aos seus para preparar algún festival solidario que servise para recadar fondos e estar preparados para actuar en caso de posibles emerxencias sociais que puideran vivir algunhas familias mindonienses sen deixar de matinar na procura de solucións que permitiran xerar emprego no lugar.
Non fai moito pasei polo vello cemiterio civil de Mondoñedo e vin unha rosa branca morta enriba da lápida de Leiras. O que a el lle gustaría sería ter unha roseira de rosas roxas viva que florecera ao tempo que a Mondoñedo volta a primavera.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-01-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan e Mondoñedo
Aló polo ano 1972 un grupo de rapazas e rapaces, que cantan asiduamente no coro do seu colexio en Lugo, deciden formar un grupo de música folk sen máis intención que a de divertirse. O grupo faise chamar Folk 72 e, como tal, participa no III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), un dos máis importantes do momento, en outubro do mesmo ano. Tras acadar o primeiro premio coa canción “Fuxan os ventos”, o grupo adopta ese título como nome próprio e comeza a realizar actuacións en colexios, festivais, aldeas e vilas, primeiro da provincia de Lugo e logo do resto de Galiza.

Así comeza a Biografía de "Fuxan os ventos" da súa web oficial. Mondoñedo é o xerme o parte do mesmo deste grupo tan destacado da música galega. Agora "Fuxan" voltan aos escenarios despois de levar dez anos sen pisar as táboas. O ano pasado por estas mesmas datas realizaron varios concertos e cidades galegas como Santiago, alí o mesmo díade San Lucas.

Con Fuxan ten colaborado outro mindoniense (aficado en Vigo a actualidade), trátase de Miguel Lustres.

Para os amantes da prensa rosa: Un membro de Fuxan grande, forte, barbudo e guapo está casado cunha mindoniense.

Pois logo por qué non foron contratados para "As San Lucas"?.

Hai dous anos tiña escrito un artigo falando da relación de "Fuxan os ventos" con Mondoñedo e apuntando a necesidade de que voltaran a "As San Lucas". Falando cun concelleiro mindoniense con responsabilidadades de goberno díxome que non publicara tal artigo porque ían xestionar unha actuación do mencionado grupo. Non puido ser -me dixo-.
Non puido ser o ano pasado, non puido ser este ano e non vai poder ser nunca mentras nos dediquemos unicamente en pensar que "non hai cartos". Algo moito máis importante que o diñeiro é a ILUSIÓN.
Por certo "As San Lucas" deste ano foron maravillosas, pena que non dispuxera de tempo para poder acudir a tódolos actos.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 25-10-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Almacen Temporal Centralizado en Mondoñedo NON
Xa polos anos noventa aparecian novas nos medios de comunicación sobre o interese da Empresa Nacional de Residuos Radiactivos(ENRESA)de traer o vertedoiro temporal centralizado de resíduos a Momndoñedo. O municipio préstase para a ubicación deste depósito debido á escasa actividade sísmica e ás características edafolóxicas. No verán do ano 96 (puido que fose no 95) aparecía esta nova no xornal "El Correo Gallego", naquel momento eu era colaborador da Cadena SER e intereseime polo tema. Chamei á sede de ENRESA a Madrid e déronme explicacións sobre a boa adaptación do lugar, como xa apuntei antes e tamén me dixeron que se prestaba porque era unha zona socialmente deprimida, con unha considerable perda de poboación.
Agora estamos nun momento no que hai que tomar unha decisión firme e definitiva sobre o asentamento do vertedoiro nuclear e polo que eu sei Mondoñedo non soa para esta instalación, a Deus grazas.
Así nos fala ENRESA sobre o Almacén Temporal Centralizado:
Proyecto Almacén Temporal Centralizado (ATC)
El Almacén Temporal Centralizado es una instalación diseñada para guardar en un único lugar el combustible gastado de las centrales nucleares y los residuos de alta actividad que se producen en España (total material a almacenar: 12.816 m3). La instalación no genera energía, ni es contaminante.
Se dispone en superficie y almacenará en seco, durante 60 años estos materiales mediante un sistema de espacios modulares. Aquí se centralizarán los procesos necesarios para la gestión temporal de todos los residuos radiactivos de alta actividad.
Hasta ahora permanecían en las piscinas de las centrales, pero por razones estratégicas y económicas, se ha optado por una solución integral que aporta las siguientes ventajas:
Minimiza el número de instalaciones nucleares.
Optimiza los recursos, tanto humanos como económicos, destinados a la seguridad física y radiológica del combustible gastado al centralizarse éste en un único lugar.
Soluciona la necesidad de gestión del combustible gastado que ya existe en España desde la puesta en marcha de la primera central nuclear (1968).
Es una instalación probada y en funcionamiento en los países más avanzados.
Tiene en cuenta el avance de la investigación antes de optar por soluciones definitivas.
Interactivo

El almacén temporal centralizado (ATC)

Los residuos radiactivos de alta actividad permanecerán aislados por tres barreras de ingeniería durante 60 años

Información sobre el interactivo
El Almacén Temporal Centralizado estará integrado en un gran Parque Tecnológico. Este complejo industrial aprovechará la actividad de la instalación para potenciar programas de Investigación, Desarrollo e Innovación.
El Parque Tecnológico contribuirá a la creación de infraestructuras científicas y posicionará a España en la vanguardia de la investigación energética y medioambiental.
El entorno de la instalación se beneficiará directa e indirectamente de este proyecto. En la construcción del ATC se crearán unos 300 empleos, y su funcionamiento garantizará más de un centenar de puestos de trabajo estables durante 60 años.
La proyección internacional del complejo atraerá un buen número de investigadores y visitantes nacionales y extranjeros y potenciará el desarrollo de empresas de servicios. Para la industria local es también una oportunidad de proyección y de formación especializada de profesionales. Se contará con un vivero de empresas para este fin.


E así describen como está a ser o proceso para a elección da ubicación do ATC:
La ubicación del Almacén Temporal Centralizado aún no se ha decidido. El proceso, que sigue las directrices del programa europeo COWAM, se rige por los principios de transparencia y voluntariedad.
El proyecto COWAM España ha contado con la participación de representantes de ayuntamientos, comunidades autónomas, universidades, colegios profesionales, instituciones y organismos como el Consejo de Seguridad Nuclear y Enresa.
"El proceso se encuentra en la fase de información, previa a la presentación de candidaturas tras la correspondiente convocatoria en el Boletín Oficial del Estado."
El 23 de junio de 2006, el Gobierno aprobó la creación de una Comisión Interministerial para el establecimiento de los criterios que deberá cumplir el emplazamiento final del ATC.
La selección del emplazamiento se ha producido en otros países del mismo modo, y tienen ya en operación este tipo de instalaciones. En España, el proceso se encuentra en la fase de información, previa a la presentación de candidaturas tras la correspondiente convocatoria en el Boletín Oficial del Estado.
El proceso para la selección del emplazamiento ATC es el siguiente:
1.Información pública.
2.Convocatoria en el Boletín Oficial del Estado.
3.Presentación de candidaturas.
4.Selección de candidatos.
5.Designación por el Gobierno de España.


Ben pois tendo en conta todo esto e a pesar de que nalgún momento, como comentabamos se pensou en Mondoñedo para a instalación do ATC parece que desta si que nos libramos, eso si do que non nos libramos é do que me comentaba o responsable de prensa de ENRESA no seu día: Mondoñedo segue a ser un concello socialmente deprimido e cunha importante perda de poboación, agardemos que nalgún momento non moi lonxano tamén se corrixa esta situación.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 19-07-2009 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.