Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Algúns cataláns non queren que Galicia teña AVE



Viaxeiros ao tren -din-
galegos tamén -dicían?-.
Cataláns de Catalunya,
non vos metades cos galegos.
Cando van, van amodiño.
Cando vén...
As autoridades pertinentes advirten:
A enerxía cinética non controlada pode matar.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 01-01-2017 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Poema de amor
Si, quero.
Amar contra ninguén,
a favor do vento,
diante das sombras,
sumando días.
Apréciote, apréciasme, apreciámonos.
Continuar un camiño de melodías
un andar harmónico de ilusións
esperanzas,
soños.
Deséxote, deséxasme, desexámonos.
Construír sobre base firme
bico a bico como pedra a pedra,
caricia a caricia como paso a paso,
aperta a aperta como soño a soño,
canción a canción.
Quérote, quéresme, querémonos.
Estar sós estando con todos,
poñerse diante o mundo,
mirarse aos ollos
e dicir “si”.
Ámote, ámasme, amámonos.
Si, quero quererte, quero.
Quero quedarme ao teu carón nun movemento continuo.
Quero camiñar por riba das nubes e non quero quedarme só cando chova.
Quero sentir o son que impulsa o sangue que percorre o teu corpo.
Quero dar vida ao noso amor, vida.
Ti e máis ti sodes vós e sodes bos.
Sodes un.


Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 01-01-2017 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Catro puntos electorais, perdón cardinais




Catro puntos,
catro gaivotas.
Proa rumbo algures,
sorteando illas no medio da ría.
Xa pasou tempo, ou non,
desta singladura que non diriximos nós.
A agulla é o peteiro.
E non, non imos ficando sós,
nin o mar, nin o barco,
nin tan sequera nós.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 01-01-2017 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.