Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aquel cine educativo en Mondoñedo
Serie: Mondoñedo de cine
nº 78 05/09/2017
LVG-AM e RV

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso


Chegou setembro e con el o arranque dun novo curso académico no que se presentan, entre outros recursos, as novas tecnoloxías como ferramentas para a mellora da calidade educativa. Robots, ultraportátiles, actividades interactivas ou encerados electrónicos son hoxe ferramentas tecnolóxicas aplicadas ao ensino ao igual que o era o cine a mediados do século pasado. O profesorado do instituto de Mondoñedo tivo interese, desde os seus inicios, no aproveitamento pedagóxico do cinema. O Instituto laboral, dirixido por Francisco Mayán Fernández, organizaba con diferente periodicidade proxeccións didácticas para o seu alumnado. Celebráronse os pases no «Cine Pacheco» ata que o centro dispuxo dun salón de actos e sala de proxeccións cinematográficas. No número 2 de «Mondoñedo: Boletín de información del Centro de Enseñanza Media y Profesional» publicado o 6 de abril de 1954 recóllese a seguinte información: «Aún cuando todavía no hemos recibido el aparato proyector, que ha de sernos enviado de Madrid, han continuado las sesiones de cine educativo; esta vez sobre cerámica moderna y escuelas profesionales en el extranjero». Na citada cabeceira aparecían, de vez en cando, crí
ticas literarias, teatrais e cinematográficas que escribían os alumnos do centro. Antonio Rodríguez Carballo, alumno de segundo, escribía no 54: «La temporada de verano es siempre mala para el cine; solamente algunas películas y estas muy mediocres o malas del todo». Pedro Alonso Maañón, profesor interino, sinala nun artigo publicado o 12 de outubro de 1954 que: «Los modernos medios de difusión, especialmente el cine y la radio, permiten influir sobre la inteligencia y voluntad de muchos individuos a la vez y con poco esfuerzo. Bien utilizados pueden servir como instrumentos eficaces de cultura y de enseñanza». Cara finais de 1954 proxectouse no «Cine Pacheco» para o alumnado do Instituto a película «Jeromín», un filme inspirado na novela homónima de Luis Coloma no que se loa a figura de Carlos V. Ese mesmo día tamén se pasaron imaxes sobre as rías galegas e pontes e pantanos estatais. No primeiro trimestre de 1955 proxectouse unha serie de catro películas sobre cuestións de xeografía e industrialización que foran remitidas polo Ministerio de Educación. A Casa Americana de Madrid mandou naqueles meses filmes didácticos sobre millo híbrido, a colonización no oeste de EEUU, a vida de Eisenhower e a actualidade norteamericana. Cando a temática o recomendaba, ás sesións de cine era convidado o alumnado
das Escuelas Nacionales, como aconteceu o día de San Rosendo de 1955. As proxeccións continuaron nos seguintes cursos.
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 28-11-2017 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas sobre o Camiño Norte
Cando atope o orixinal xa o colgo aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 02-03-2014 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
A Radio Galega en Mondoñedo preguntando por Miguel Cabanela
Comentario en facebook sobre a volta ao mundo da nova da operación de Juan Carlos I por parte do Doutor Cabanela

Cando salta unha nova de tanta trascendencia (mediática) os xornalistas recorren a buscar informacion alá donde poden. Desta volta a noticia que está a dar a volta ao mundo é a operación do Rei Juan Carlos I e a importancia que ten para Mondoñedo é que o encargado de dirixila será o noso veciño e fillo predilecto Miguel Cabanela.
Na rolda de prensa, sen precedentes, que se ofreceu aos medios na Zarzuela o Xefe da Casa do Rei deu un dato: "Es de Lugo" -en referencia ao doutor Cabanela-. Nese momento os xornalistas máis aventaxados xa se puxeron a buscar información sobre Cabanela tocando os seus contactos "en provincias" e descibriron que o cirurxan era de Mondoñedo. Nese momento o que procedía era buscar información na Cidade do Masma e o medio máis eficaz é o teléfono. Non sei como sería o proceso, pero imaxino que comezarían a buscar números de teléfono nas axendas da comunicación ou directamente na Internet e darían con números do Concello de Mondoñedo. A esas horas supoño que os únicos servizos que estarían operativos sería o da Policía Local e a Oficina de Turismo e que porían en contacto aos interesados coa máxima autoridade municipal. Foi cadrar que o actual mandatario, Orlando González tamén é médico e desta volta fixo unha importante labor de comunicación vinculando de forma moi estreita a Miguel Cabanela coa Cidade da Paula. Non se caracteriza Orlando por ser un excelente comunicador, pero desta volta estivo xenial, soubo aportar os datos axeitados e aproveitar a ocasión para que esta nova que está a dar a volta ao mundo teña unha perfecta relación con Mondoñedo. Pola promoción, grazas Cabanela, grazas Orlando.


Comentario a un artigo publicado por "La Razón" sobre o Doutor Miguel Cabanela

Que le llamen aldea a Mondoñedo siempre que no sea en plan despectivo a mi no me molesta, incluso me enorgullezco y me suena a aquel programa televisivo de Manolo Sicart "Soy de Aldea", pero para llamarle aldea a Mondoñedo hay que saber que es cuna de personas tan destacadas como Álvaro Cunqueiro, Marina Mayoral, Leiras Pulpeiro (también conocido como "Médico dos pobres" y que guarda mucha relación biográfica con el Doctor Cabanela), Noriega Varela, entre otros muchos, en el campo de las letras; Pascual Veiga, Pacheco, Roel Del Rio o Santavalla, en la música; Juan Puchades (de adopción), Vizoso, Caxigueiro, Aly, Mauro Leivas (les escribo de memoria y se me escapará alguno), en las artes plásticas...
Para llamarle aldea a Mondoñedo hay que saber que tiene un conjunto histórico-artísitico de gran interés coronado por la Catedral que destaca por un gran rosetón en su fachada principal y en la que se inspiraron para la decoración de uno de los manjares más destacados de la gastronomía mindoniense: la tarta.

Para llamarle aldea a Mondoñedo hay que saber que ha sido Ciudad con representación en Cortes y Capital del Reino de Galicia hasta antes de ayer y que posee los títulos de Ciudad Muy Noble, Fiel y Leal.

Para llamarle aldea a Mondoñedo hay que saber que celebra la feria más antigua de Galicia y la segunda de España (tras Medina del Campo) y lo hace ininterrumpidamente desde 1156. Y que fue en Mondoñedo y ya en el siglo XVI cuando se celebró la Primera Fiesta del Árbol de Europa.

Para llamarle aldea a Mondoñedo hay que saber que posee extensión suficiente para que en sus entrañas naciera la Cova do Rei Cintolo que presenta una superficie explorada que supera los diez kilómetros.

Para llamarle aldea a Mondoñedo hay que conocerlo y luego denomínelo como estime oportuno.







Salaberri, Eduardo e Orlando falando para o programa de Ana Rosa Quintana



Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 24-09-2013 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.