Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Traballando en morte.
Carlos Folgueira, O Rei das Tartas de Mondoñedo12/11/2008

Cando andabamos celebrando a festa dos defuntos á que moitos chaman Halloween, pero todos sabemos que provén do máis ancestro Samaín, Laura Lunardelli, unha xornalista bonaerense especializada no mundo do rock and roll visitaba Mondoñedo. Da súa estancia mindoniense houbo algo que lle chamou especialmente a atención e proba diso é o artigo publicado en días pasados no xornal arxentino ‘La Nación’: ‘Un reinado de tartas dulces’. Ao carón da súa columna aparece un retrato de Carlos Folgueira encima dunha cafetera de bar nunha instantánea tomada pola mesma reporteira. Se cadra o que máis lle chamou a atención non foi a torta en si, da cal di que a súa fórmula é tan segreda como a da Coca cola que lle pregunte a calquera mindoniense , senón o traballo de promoción que o defunto Rei das Tartas fi xo con este producto gastronómico e segue a facer. Comenta a xornalista as moitas fotografías que con personalidades de reconocido prestixio mundial ten O Rei nos seus establecementos de hostalería: hasta con Raúl Alfonsín.
O Rei era un xenial experto en promoción. Din e non sei si é verdade que mandou ao seu único fillo, Carlitos a estudar Marketing á Coruña e que os profesores que tiña lle comentaron a este que non perdera o tempo indo a unha escola, que o mellor mestre que podía ter nesta especialidade estaba na súa casa. Carlos era unha persoa envexada por moitos, ata por homólogos seus. Nun encontro co monarca de España, o reposteiro mindoniense comentoulle a Juan Carlos I que era máis ‘Rei’ca el pois o dos bigotes era Carlos I de Mondoñedo e ‘quinto’ de Zaragoza, lugar donde cumprira co servicio militar.
Juan Carlos en certa ocasión como nos recorda Laura tamén lle dixo a Carlos Folgueira que tiña envexa do seu reinado porque este era moi doce.
Cando alguén traballa tanto en vida e o fai tan ben, o tempo da súa existencia non é suficiente para asimilar todos os seus froitos por eso en morte parece que continúa traballando.
Este é o caso do Rei das Tartas de Mondoñedo, quen a día de hoxe continúa a facer promoción da torta que leva no seu rostro o rosetón policromado da catedral de Mondoñedo e por extensión da vila que o veu nacer e o recoñeceu
como o seu Fillo Predilecto.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 11-12-2008 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos educativos
Educación
11/10/2008

Aprobeitar os recursos existentes debería ser unha máxima en todos os tempos e máis en época de crise. Leo nun xornal que unha nena que acode a un colexio no sur da provincia de Lugo non pode seguir as clases con normalidade por padecer un problema de hipoacusia. A administración educativa ten recoñecido este problema e está pola labor de dotar ao centro do equipamento axeitado para que docentes e discentes podan traballar comodamente, pero xa se sabe que a maior parte das veces a administración pública vai “lenta” e xa levamos máis dun mes de clases e a aparatoloxía precisa aínda está por chegar.
A Consellería de educación xunto con outros estamentos públicos está a facer un grande esforzo inversor para dotar aos centros educativos de ferramentas tecnolóxicas que favorezan de xeito democrático o acceso ao manexo e dominio destes aparatos a toda a poboación escolar e polo tanto que redunden na mellora da calidade do ensino. Nalgúns casos estes equipos permanecen almacenados ou son tratados como verdadeiros “tesouros”, esas xoias que sempre están gardadas e ás que nunca se lles saca partido non vaia ser que se estropeen, no las rouben ou se manchen.
A pesar de que o profesorado ten por pura lóxica a necesidade da formación contínua e que son moitos os organismos que ofertan formación no campo das novas tecnoloxías da información e a comunicación, o nivel de alfabetismo tecnolóxico segue a ser baixo entre profesores (moitos son os que hoxe en día únicamente pensan que o ordenador só sirve para sustituír á maquina de escribir). Sen embargo a equipación que chega aos centros soen ser aparatos de última xeración que ofrecen posibilidades multimedia, entre outras aplicadas ao campo do sonido podendo amplificar a voz e polo tanto servindo para resolver cando menos de xeito momentáneo o problema que antes comentabamos.
As administracións públicas ofrecen capital e recursos aos colexios, pero ao igual que acontece cos concellos son “aportacións finalistas” as cales non deixan marxe de manobra para chegar á excelencia na xestión. Temos visto como determinada Dirección Xeral financia unha obra faraónica nun municipio case innecesaria ou cando menos non indispensable mentres algúns veciños do concello seguen sen auga corrente suficiente nos seus fogares. Nos colexios pasa algo parecido, exemplificando dun xeito hiperbólico: se cadra o que se precisa é un micrófono de seis euros e o que che dan é unha pizarra dixital de medio millón de pesetas.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 10-12-2008 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Mondoñedo-Allariz: Turismo
Vistas mezcladas de Mondoñedo e Allariz
Este verán atopeime cunha persoa sensible, preocupada polo país e polo tanto por moitas cousas: todas as que fan país. Trátase dun home convertido en “persoaxe público”, pero dicir quen é non cambiaría nada. Chegou a Mondoñedo de casualidade e de casualidade atopouse comigo.
Presentárannos con anterioridade nalgún sitio que tampouco vén a conto pero practicamente nin nos coñeciamos de nada.
Presteime a acompañalo para ensinarlle algo da miña vila –é que agora xa con menos de 5.000 habitantes xa me teñen convencido de que non lle chame cidade-, que “xa coñecía” e confesoume -e sei que non di as cousas por dicir- que lle encantaron os lugares aos que o acompañei e dos que lle falei.
Este non é un caso aillado, é o máis frecuente en situacións parecidas. Como frecuente é tamén que se establezan comparacións con outros “destinos turísticos”. Desta volta centrámonos en Allariz, lugar que el coñece moi ben e no que eu teño pasado máis dunha ducia de días. Comparou Mondoñedo con Allariz e dixo –e non foi por cumplir- que (agardo que me disculpen os alaricanos que, hoxe en día son como veciños para min) Allariz non lle chegaba nin ás perneiras do pantalón a Mondoñedo. Non sei se o pantalón era curto ou longo pero en todo caso “Mondoñedo, es más” –como se chama a web dun mindoniense- e claro, agora toca pensar por que Allariz é tan visitado e con tantas pernoctas e Mondoñedo, home visitado é pero como din os hosteleiros: “os turistas veñen de Miranda”, que non ten tanto que ver coa procedencia como co chamémoslle gasto ou consumo que fan no lugar.
Trátarase de que non hai servicios?: Non o creo, habelos igual que as meigas “hailos”. Son os que demanda o turismo?: Igual aquí xa temos un problemilla. Están debidamente promocionados?: Pois mira, creo que o problema xa se fai máis evidente, por non ter a día de hoxe nin temos unha web oficial do Concello de Mondoñedo. Serviría de algo este medio?: Por si solo non, pero se se acompañara dunha boa organización e promoción con paquetes pechados e ofertados en lugares axeitados igual supoñía un pulo para a economía mindoniense, ou non.
En todo caso xa falta pouco para As San Lucas e neses días Mondoñedo énchese de felicidade que se verá truncada cando cheguen as néboas de novembro e a oscuridade inunde as rúas de pedra ao tempo que soa o esquilón da Catedral, esas circunstancias axudan ao recollemento e á reflexión, aprobeitémolo para pensar que podemos facer para que Mondoñedo, cun potencial maior que Allariz chegue a ter o vindeiro ano un 10% -por dicir algo- dos ingresos que por turismo ten a vila do Arnoia e a poder ser que non sexa instalar un teleférico que una a Fonte Vella co Pico do Padornelo, ainda que sexa aprobeitando como poste superior as antenas repetidoras do sinal de radio ou televisión, que sinerxias si, pero con sentidiño.
Por certo, o visitante hoxe amigo, convidoume a comer e cando pidimos o café a el trouxéronlle un que non pedira e o camareiro non puxo moi boa cara cando lle pregou que llo cambiaran.
Non sei se cae a conto, pero a hostelería e o sector servicios de Mondoñedo pode ofrecer bastante máis que o de As Lobeiras donde pides un café cortado e che dicen: “Ai filliño, aquí so che temos café solo ou con leite”.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 10-12-2008 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.