BOU ENXEBRE


Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu

Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións, os martes no recreo na aula 2.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!

A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da non violencia contra as mulleres. Varios alumnos e alumnas asistirán mañá no salón de plenos do Concello ao acto de entrega de premios do concurso de carteis organizado polo CIM.
Son:
- Belén Agulla de 3º ESO, que gañou o 1º premio
- André Novas de 1º ESO, que gañou o 3º premio
- Ángel López, Marcos Dopazo, Sandro Caeiro, Rubén Lemos, Sara Otero (3º ESO) e Alejandro González (1º Bacharelato) recibirán unha mención especial do xurado.

Desde aquí felicitámosvos e animámosvos a seguir participando e a evitar a violencia.

Na nosa galería de fotos "25 de novembro" podedes velos a todos e a todas
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 24-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 Comentario(s)
1 Noraboa a todos os gañadores e ós non gañadores, xa que todos e#blgtk08#stades feitos uns artistas. Se por min fora premiaría a todos.
Comentario por Miguel Ángel Martínez Otero (26-11-2009 22:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal