BOU ENXEBRE


Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu

Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Hoxe celébrase o Dia Internacional das Mulleres. O alumnado de 1º de ESO elaborou uns paneis informativos con datos de mulleres na música, na historia, na ciencia... que podedes consultar na entrada do centro.
Dende aquí felicitámolos polo seu traballo.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 08-03-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E TI, ESTÁS ORGULLOS@?

Presentámosvos a campaña da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística na que varios personaxes coñecidos vos demostran o orgullos@s que están da súa lingua. Ti cres que podes dicir o mesmo? Bótalle unha ollada e pensa...
Vídeo da campaña
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 02-03-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AI, O AMOR...
Desta vez non vos animastes moito a participar no concurso de declaracións de amor convocado para o Día dos Namorados. As persoas que se declararon fixérono de moi diversas maneiras. Aquí vos presentamos o deseño gañador do 1º premio, feito por Yi Zhang, de 1ºESO-B.
O segundo premio foi para Juanjo Freire, de 4º de ESO, cunha declaración máis rompedora: "EU SEN TI SON COMO UN NADAL SEN TURRÓN, COMO UN COCHE SEN RODAS OU UN CARBALLO SEN FOLLAS".
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 02-03-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A FOLGA DO DÍA 21 NO NOSO CENTRO
Ola a todos e a todas!
O pasado xoves día 21 o alumnado do instituto fixo folga na súa inmensa maioría, só o 1% veu á clase. Ademais algúns e algunhas acudistes á manifestación de Santiago, igual que moitos profes.
Desde o Bouenxebre agradecémosvos o voso interese e animámosvos a seguir participando nas mobilizacións en defensa da lingua.
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 25-01-2010 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O CLUB DE LECTURA RETOMA A SÚA ACTIVIDADE
Onte tivemos a primeira sesión do curso do noso Club de Lectura. Falamos sobre a obra Flores para Algernon de Daniel Keyes, que nos conta a historia de Charly, en home diferente que ve como a súa vida cambia cando se volve máis intelixente.
A obra deunos pé a falar das persoas consideradas "diferentes" e pasámolo moi ben.
Onte tocoulle ao alumnado de 1º de ESO e hoxe ao de 2º.
Agardamos que vos vaiades animando a participar, e se queredes xa podedes pedir na biblioteca o libro do que falaremos na próxima sesión: Dez negriños de Ágatha Christie.

Se visitades a nosa galería de fotos veredes os atentos lectores do club...
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 20-01-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONCURSO FELICITACIÓNS DE NADAL
















































Noraboa a todos os premiados e a todas as persoas que participastes. Para o xurado foi moi difícil decidirse, pois todos os deseños son moi orixinais.
Velaquí os premiados:
- 1º premio da categoría A:
PABLO GIL CABALEIRO de 1º ESO-A

- 2º premio da categoría A:
YI ZHANG de 1º ESO-B

- 1º premio da categoría B:
IRENE OTERO SANTOS de 3º ESO-B

Aproveitamos o deseño gañador para desexarvos a todos e a todas unhas boas festas dende o Bouenxebre.
Feliz 2010!!!


Comentarios (1) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 15-12-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
RETINOSE PIGMENTARIA‎ - QUE É A RETINOSE PIGMENTARIA? 2ª PARTE
Miguel Ángel Martínez Otero
RETINOSE PIGMENTARIA‎ - QUE É A RETINOSE PIGMENTARIA? 2ª PARTE
2. PATRÓNS DE HERDANZA DA RETINOSE PIGMENTARIA E A IMPORTANCIA DA AXUDA PSICOLÓXICA

2.1. Patróns de herdanza: Como xa dixemos na primeira parte referida a esta enfermidade, a retinose pigmentaria (RP) leva a unha perda da visión progresiva da persoa que a padece, debido á morte das células oculares denominadas fotorreceptores (bastóns e conos), podendo chegar inclusive á cegueira, sen que, de momento, haxa unha posíbel cura para os afectados. A (RP) é unha enfermidade xenética, é dicir, transmítese de xeración a xeración, e é o resultado dun defecto producido pola mutación de algúns dos xenes implicados no sentido da vista. O seu estudo supón un elevado grao de dificultade debido á gran diversidade de xenes que a causan. A idade de comezo é variábel, segundo o tipo de herdanza. En xeral, as formas ligadas ó sexo e as formas recesivas son de comezo máis precoz, aparecendo os síntomas na primeira infancia. As formas dominantes son máis variábeis; solen manifestarse na segunda década e, en ocasións, de maneira tardía, dando comezo por enriba dos 40 años. Dentro da RP, aparecen varios tipos de transmisión de pais a fillos:

1- Herdanza Autonómica Dominante: Neste tipo de herdanza, algún dos pais está afectado e algún dos fillos encóntrase afectado, e, aínda que é unha das formas de retinosis menos graves, dado que os síntomas aparecen de maneira máis tardía cunha progresión máis lenta, a probabilidade de transmisión ós descendentes é do 50%. Xeralmente, establecese que a RP é do tipo autonómico dominante cando se observa en 3 xeracións, aínda que algúns autores consideran suficientes que se manifeste en 2 xeracións.

2- Herdanza Autonómica Recesiva: Os pais son sans pero portadores da enfermidade, podendo transmitir o xene anormal a algún dos fillos. A súa gravidade é maior que no caso anterior, sen embargo as posibilidades de transmisión redúcense ó 25%.
3- Herdanza ligada ó cromosoma X (Retinose Pigmentaria ligada ó sexo). neste tipo de patrón os varóns están afectados e as mulleres son as portadoras do xene anómalo. Este tipo de herdanza caracterízase pola non transmisión da enfermidade de pais varóns a fillos varóns, posto que os varóns aportan unicamente o cromosoma (Y) ó seus fillos varóns. É a forma máis grave da RP dada a súa rápida evolución; os síntomas comezan a idades moi cedas. Neste caso dáse no 10% das familias afectadas.

4- Esporádica: O afectado ou a afectada é o primeiro membro da familia que padece a enfermidade e aparentemente non existe ningunha vinculación á herdanza. Dada a relevancia do factor hereditario na transmisión da (RP),recoméndase, tanto dende as consultas médicas como polos colectivos de afectados, levar a cabo un estudo xenético a fin de determinar as posibilidades de transmisión e o tipo de herdanza si se dera o caso.

2.2. A importancia da Axuda Psicolóxica para os enfermos de RP: A vida é complexa e problemática para todos, polo tanto, unha persoa que, ademais, deba enfrontarse á RP pode sentirse atemorizada, desorientada e sola, e a súa autoestima pode colocarse baixo mínimos. O certo é que a actitude mental que se adopte con respecto á enfermidade é de grande importancia. É fundamental pensar en un mesmo como alguén independente. A medida que a persoa acepta continuar vivindo cá enfermidade, esta parece difuminarse un pouco e pasar a un segundo plano. Este proceso de adaptación depende da capacidade de loita de cada persoa, do ambiente que lle rodee e da propia evolución da enfermidade. En ocasións, aparte dos problemas causados pola incapacidade, o cansazo de adaptarse aviva os conflitos que xa existían na persoa o na familia (para os familiares é unha situación que resulta difícil e dolorosa). Un instrumento importante para superar o reto emocional que propón a RP é a axuda psicolóxica, que inclúe o asesoramento individual e as terapias de grupo. A intervención psicolóxica individual ten como obxectivo unha mellora da autoestima e benestar persoal, diminuíndo así a angustia, a pena e a sensación de perda de autocontrol, á vez que aumenta a capacidade para resolver problemas cotidiás. Por outra banda, en grande medida, os afectados de RP teñen unha sensación de impotencia e inutilidade; temen tanto ser unha carga como carecer de valor para os demais, e na asistencia ós grupos terapéuticos comproban que teñen moito que ofrecer ós outros, aumentando a sensación do propio valor, podendo supoñer un respiro ós extenuantes esforzos diarios de enfrontarse ó mundo das persoas con ollos capaces de ver ben. A adaptación á RP é un proceso de crecemento e cambio individual, e, neste proceso, as intervencións psicolóxicas, en súas diferentes formas, constitúen un recurso que non debemos desdeñar.


para unha maior información consultade en:
pirata.bueu@gmail.com
Máis información sobre a retinose
Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 11-12-2009 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
POEMAS VANGARDISTAS
Velaquí unha mostra dos poemas vangardistas escritos polo alumnado de 4º de ESO.

SURREALISMO
O bebé moreno pintando
o ceo de laranxa.
O bebé louro cantando
e conducindo a estrada.
A estrada estaba ateigada
de camas cheas de enfermos.
Os enfermos fuxiran berrando
do hospital cheo de crocodilos.
AMADEO TOLEDO AMOR

O can azul
Eloy aproba todas
persoas voando
coche fantástico
PEPIÑO O DO CACHIRULO

HILOZOÍSMO
O pequeno río
que te entrometes nas montañas
cheo de frescura e vida
que choras cando a luz se apaga.
TORRENTE

O muíño lavábase mentres
as árbores bailaban lentamente.
As follas paseaban polos camiños
tímidos e escondidos que chegaban
a unha casa que cantaba berros
e susurros
ADRIÁN FERRER

FUTURISMO
O porco voaba preto das montañas,
voa, voa porquiño meu,
porque cando o cervo salte
na súa colchoneta e chegue ata as nubes,
dispararache cos seus cornos
e ti volverás á terra.
ADELAIDA A DAS CHUCHERÍAS

DADAÍSMO

Mundo do Anxo Cunqueiro.
As obras de sesión xordo,
pola xustificacón
coñecer centrada avoa
de perfil cadeira
un pilar vendaval individual
árbitro do lobo
a tese das paredes
terror!
ampliación do sucedido
lingua marquesiña
ben pouco vergonza
do tempo empregan,
chagas regras unha feira
branco a televisión naquela
dos artigos a programas.
MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ
Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 30-11-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"SOA NO BOSQUE E PERDIDA" por Mora
"SOA NO BOSQUE E PERDIDA"

- Estou soa no bosque e perdida. Xa é de noite, poreime aquí apoiada nesta árbore e pensarei en algo para saír de aquí.
De pronto…

- Ji, ji, ji, ji, ji…
- Quen anda aí?
- Ola! Chámome Tintinirín

Era un trasno multicolor. Preguntoume se quería chamar desde o seu teléfono móbil. El dicía que era o mellor móbil do mundo dos trasnos, pero no mundo dos humanos… Tiña o tamaño e o grosor dun ladrillo! E riuse de min porque non tiña o meu móbil.

- Tes unha chamada nada máis
- Moi ben- contestei eu moi feliz
- 64343333356 –dixen en baixiño
- Es unha parva, mira que non traer o teu móbil! Xa é ser nos nenos de hoxe en día, eh!- dicía ríndose de min
- Pero queres calar que está pitando... Pii, pii, pii, pii…
- Si, quen chama?
- Ola son Raquel, tes o coche dispoñible para agora mesmo?
- Si, pero…chove a Deus dala. Pódese saber onde raios te metiches agora?
- Estou nun monte onde todas as árbores son moi grandes e robustas
- Non pode ser –berrou desconcertado
- Que pasa Raquel? Que ten ese monte que te puxo tan mal? –dixen algo asustada
- Ese é o monte da morte, todo o que ousa penetrar nel perece –dixo con ton sinistro
- Raquel, fai o favor de explicarte, por favor, que me estou asustando –contesteille
- Quero dicir que todos os que entran nese monte non saen del, porque un trasno multicolor ofrécelles o seu móbil e as almas das persoas quedan atrapadas nel.
- Bule e venme buscar. Trae tomates, ovos grolos e unha mofeta –contestei.
- Empeza a acción. En tres minutos tesme contigo

De alí a cinco minutos

- Cheguei o máis rápido que puiden –díxome fatigado
- Dáme a corda que che puxen o luns no asento de atrás.
- Enseguida!
- Tintinirín. Terás fame, non?
- Siii. Estou famento
- Raquel, a corda –murmurei
- Dáme a comida –berrou
- Pesqueite!
- E agora que facemos? –dixo Raquel
- Colgarémolo polas pernas

Unha vez colgado

- Nooon, por favor, boca abaixo non! –suplicou
- Raquel, os ovos –dixen en ton forte
- Toma
- Puf, puf, plas, pan, cloc, buff…
- Que cheiro máis noxento
- Os tomates

Plas,plim, pam, puk

- A mofeta –dixen rindo
- Oh, non!
- Pfffff. Que cheiro!
- Raquel, imos para a casa!


Comentarios (1) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 26-11-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"A VIDA DUN COCHE" por Antonio Vázquez
Ola, son un cohe e vou contar a miña historia.
Fixéronme nunha fábrica de Tokio no ano 2002 e era o coche maís bonito e potente da fábrica. A miña marca era Porche e o meu nome completo "Porche Cayman". Tan bonito era que ao saír da fábrica leváronme a Chicago a facer unha película. Pasábao moi ben e tratábanme moi ben. Fíxenme moi amigo do actor que me conducía e ao acabar de rodar fomos dar un paseo por Chicago. Ao se estrear a película leváronme a unha exposición de coches que foi por todo o mundo e convertinme no máis famoso do universo. Ata que fixeron outro, un "Porche Carrera GT" que fixo a continuación da miña película e fixo que me botasen da exposición e leváronme a un concesionario.
Ás dúas semanas mercoume un rapaz de 18 anos que acababa de sacar o carné. O rapaz era alto, moi gordecho e algo "hortera". Levaba unhas cadeas de ouro colgando do pescozo e en canto me comprou empezaron os problemas.
O primeiro era que me sentía incómodo por ter que cargar cunha balea, que era o que parecía ese tipo. O segundo, que a maioría das veces olvidábaselle meter dobre embrague, e o último e máis importante, que me levou a un taller a tunear e puxéronme uns adhesivos de lapas que fixeron que fora tan cantoso coma el. Despois levoume a carreiras ilegais e pulsaba o acelerador coma se lle fose a vida, pero sempre perdía, botábame a culpa a min e levoume ao desguace.
Cando me ías destrozar, un home comproume e volveu a deixarme bonito. Ese foi o meu dono ata que morreu e desa leváronme finalmente ao desguace.
Comentarios (1) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 25-11-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal