|
|
|
|
Francisco Sanxiao: ?Usar o galego é un bo remedio contra a deslocalización? |
|
César Lorenzo Gil . Francisco Sanxiao Otero (Compostela, 1966) é profesor de Economía Aplicada na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago. É estudoso do impacto da lingua galega na nosa economía.
Pódese reducir a cifras a utilidade do galego?
A cultura é un recurso que pode servir para crear riqueza e desenvolvemento económico. Polo tanto pódense calcular os beneficios ou prexuízos que o uso ou a perda dunha parte do noso patrimonio inmaterial, neste caso o idioma, lle ocasionan á nosa economía. A ecuación é moi simple: se un país non utiliza eses recursos está a renunciar a crear riqueza.
Por que é unha fonte de riqueza?
Porque lle dá valor engadido ao noso sistema produtivo. Se usamos acotío o galego farémolo rendíbel porque as diferentes empresas terán que axeitarse á nosa cultura para poder vender; porque ese valor engadido que dá o galego non se pode reproducir noutro lugar. Por poñer un exemplo, se esiximos que nos atendan en galego no teléfono de atención ao cliente dun provedor de servizos, caso da enerxía ou a internet, por exemplo, estaremos obrigando a esas empresas a contratar galegos. Traballar en galego é un bo remedio para a deslocalización e o dumping social.
É común ouvirlles a algúns empresarios que o uso do galego pecha fronteiras.
Esa frase é unha inercia. Acéptase porque non se reflexiona sobre o que significa en realidade. A realidade é xustamente a contraria. Determinados produtos propiamente galegos seguro que terían maior mercado se fosen rotulados tamén en galego, caso das conservas ou os produtos agrícolas de calidade porque o mercado español identifica a Galiza con esa industria e prefírea á proveniente doutros lugares. Iso non significa poñer as etiquetas só en galego. Todos debemos defender o propio pero adaptarnos aos demais. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Man, I absolutely loved reading your blogpost. You have convinced#blgtk08# me to subscribe to your blog, but where can I find the RSS feed? |
|
|
Comentario por miniclip (17-08-2012 15:07) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|