|
|
|
|
A moral de Tartufo |
|
Teresa Táboas
Cheos de presas e complexos, sen deixar tan sequer que rematara o ano 2009, no medio desas longas noites de fináis de decembro, presentou o Goberno do PP o borrador do novo decreto do galego, congruente co seu pensar: a hexemonía dunha lingua, o castelán, fronte ao galego, pola necesidade ideolóxica de facer coincidir o seu concepto de Nación co Estado, é que hipocritamente xustifican introducindo no debate o inglés, baixo o conto do trilinguismo, e como non, derivando responsabilidades na elección. Converténdose ademáis, en especialistas en pecharlle o paso a quen con xesto decisivo defende a dignidade doutro modelo. De súpeto, unha apatía conservadora comeza a asolagar o noso país, e no lugar de heroes, de sabios, ou revolucionarios o que se reclama son discretos administradores, e a falla de ideas disfrázase dun exceso de palabras baleiras, e todo se converte en mentira. Míntese en todo, e de xeito irresponsable na escolla dunha forma linguística que tentan disfrazar coma un proceso ?libre? cara o individuo falante, cando o que se agocha baixo eses discursos e materia ideolóxica organizada. E se a lingua é, un feito social en permanente transformación histórica, donde se sedimenta e se reproduce a experiencia dun pobo, e a súa visión do mundo, por que non queren que o mundo moderno se reflicta no galego coma un espello que converta a nosa lingua na grande conductora de ideas? Voltan de novo esas creencias estereotipadas que tanto dano fixeron ao noso país, afirmando cunha lingua é ?mellor? ou ?peor ?, coa forte carga de discriminación social que leva implícita, e que fixo que unha xeración coma a miña foramos educamos polos nosos país nunha lingua que non era a súa. Pero esta estratexia comezárona xa dende a oposición, convertendo a lingua en arma e non en vehículo, e para iso contaron co apoio incondicional de certos grupos que exerceron unha grande presión. Lembro agora o informe do ano 2008 do Club Financeiro de Vigo, alertando dos males que a política lingüística do bipartito iba traer da man, e que afectaría negativamente á economía xa que lle restaba competitividade! Que cativeza de miras! Por que non alertaron dos perigos que traia da man un mercado desregulado que sen embargo tanto defendían? Por que non alertaron de que no ano 2007 os 60% dos préstamos ían adicados a facer medrar a economía dun xeito artificial, endebedando aos galegos e galegas coa compra da súa vivenda? Por que non alertaron con igual vehemencia da burbulla inmobiliaria? De aí que ante tal ataque, só quede responder a este Goberno e aos que os alentaron e alentan no combate contra o galego, cos datos de eses organismos non democráticos, convertidos por algúns no novo Oráculo de Delfos, estoume a referir ao Fondo Monetario Internacional, que no seu informe de competitividade global 2009-2010, no que se estudaron 133 economías, resultou que o país máis competitivo do mundo é Suiza., donde as linguas xeran unda décima parte do PIB, é dicir, que o grande patrimonio suizo é precisamente ser un gran conglomerado de diferentes identidades lingüísticas. Por certo, dita competitividade está valorada en 46 mil millóns de francos, segundo a análise feita pola Universidade de Xenebra. Gábase a Confederación Helvética dunha realidade histórica rica en idiomas e culturas, cunha paz lingüística asentada no respeto escrupuloso dos territorios lingüísticos, e no status de igualdade das linguas. Simplemente porque eles si son conscientes da riqueza que teñen, todo o contrario do que sucede no estado español donde se están a exercer continúas agresións contra a existencia doutras linguas distintas ao castelán. A última, a levada a cabo polo Goberno galego do Partido Popular, de aí o título do artigo, porque como no ?Tartufo? de Moliere, o fío condutor en toda esta estratexia contra o galego foi, a hipocrisía. A eterna moral do Tartufo que tan ben recolle José Ingenieros, o pensador italo-arxentino de finais do século XIX na súa obra ?O home mediocre?: ?A hipocrisía é o arte de amordazar a dignidade. Os hipócritas esquivan a responsabilidade nas súas accións. Conspiran e agreden na sombra?. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|