boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"A economía galega non depende para nada de Madrid"
CAMILO NOGUEIRA, EX-EURODEPUTADO
Participou, canda a Xavier Vence, Gonzalo Vázquez Pozo e Francisco López Peña (Rodman) nun debate no encontro da Asociación de Estudos Galegos.

"Galiza é un país rico"; esa é a mensaxe na que confluíron as intervencións dos expertos que esta tarde participaron no debate Galicia: unha nación no mundo. Unha visión económica e empresarial. Foi Camilo Nogueira quen máis incidiu neste punto, salientando que a economía galega está "totalmente internacionalizada", pois exporta o trinta por cento do que produce (mentres que Madrid só o fai co 10%) e que "non depende para nada da capital do Estado", que só é unha "referencia política e fiscal". Nogueira engadiu que "Galiza non é un país pobre", e que se non é máis rico é pola marxinación histórica que sufriu, por exemplo nas negociacións para ingresar na Unión Europea.

Nogueira seguiu referindo sectores e empresas galegas de éxito, como Inditex, "un éxito que no resto do Estado seguen sen entender, e que por iso houbo quen caeu nos tópicos españois de pensar que todo era cousa do narcotráfico, o mesmo que o éxito do Deportivo", bromeou Nogueira.

Tamén Xavier Vence quixo fixar a dimensión económica de Galiza nas súas xustas medidas: "non somos unha gran potencia, pero é que no mundo hai moi poucas grandes potencias, e de feito os países medianos e pequenos adoitan ser máis eficientes e neles os cidadáns teñen máis benestar", dixo o catedrático, que engadiu que a economía galega está "entre as 50 máis potentes do mundo polo tamaño do seu Produto Interno Bruto", polo que non é certo que unha Galiza autónoma non puidese sobrevivir nun mundo globalizado.

Economía e lingua
Aínda que habitualmente os congresos da Asociación Internacional de Estudos Galegos tratan sobre todo cuestións relacionadas coa cultura e a lingua, na súa edición deste ano, que comezou este luns e que rematará o venres, entran así mesmo debates e paineis centrados na economía ou nas novas tecnoloxías. Porén, no debate entrou tamén a lingua, da man de Gonzalo Vázquez Pozo, que criticou a actitude dun "goberno hostil" co galego e "posicionado claramente en contra da lingua", con orixe na "fobia que dereita sente contra o galego".

Consulta aquí o programa completo do congreso
"A economía galega non depende para nada de Madrid"
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 15-07-2009 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (06-09-2013 10:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0