boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Xacobeo Galicia participará no Giro de Italia do centenario
UN "PREMIO E DÍA GRANDE PARA O CICLISMO GALEGO"

[ 28/01/2009 ] O Xacobeo Galicia estará no Giro de Italia 2009, segundo anunciou a empresa RCS Sport, organizadora da carreira. O equipo galego atópase nunha primeira relación de vinte convidados, ampliable ata os vinte e dous que definitivamente tomarán a saída o 9 de maio en Venecia, nunha competición que se prolongará ata o último día do mes. A invitación foi recibida con extraordinaria satisfacción no seo do equipo galego.

Desde a Fundación Ciclismo Galego, entidade xurídica á que está adscrito o equipo ciclista profesional, cualifícase a invitación, no ano do centenario da carreira italiana, de "magnífico premio" ao traballo realizado por esta formación ciclista na súa curta traxectoria e de "día grande para o ciclismo galego, polo que debe de supor de estímulo para todo o ciclismo de base dos pobos e cidades de Galicia ver proxectadas as súas aspiracións de futuro nun equipo de ámbito marcadamente internacional".

O manager, Álvaro Pino, pola súa banda, deixara claras en reiteradas ocasións, a última con motivo da presentación do equipo en Santiago o pasado 22 de xaneiro, as intencións do Xacobeo Galicia no caso de que finalmente fose convidado a participar no Giro: "Iriamos co noso mellor equipo e coas máximas ambicións, porque entre esta carreira e a Volta a España, o noso outro gran obxectivo, hai tempo suficiente para disputar as dúas nas mellores condicións", comentou.

Os ciclistas tamén se foron mentalizando neste tempo. Durante o percorrido do pasado mes de decembro polo Camiño de Santiago, con choiva e neve, era frecuente oír dicir: "Se imos ao Giro, o tempo nalgunhas etapas non o imos atopar mellor".

A relación definitiva de vinte e dous equipos será dada a coñecer logo da Tirreno - Adriático, carreira organizada tamén polo equipo que dirixe Angel Zomegnan. A lista dos vinte primeiros convidados compóñena:
1) Acqua&Sapone - Caffe` Mokambo (I)
2) Ag2r La Mondiale (F)
3) Astana (Kaz)
4) Bbox Bouygues Telecom (F)
5) Caisse D`Epargne (E)
6) Cerevelo Test Team (S)
7) Garmin - Slipstream (EU)
8) ISD (I)
9) Lampre - NGC
10) Liquigas
11) LPR Brakes - Farnese Vini (Irl)
12) Quick Step (B)
13) Rabobank (H)
14) Silence - Lotto (B)
15) Serramenti PVC Diquigiovanni - Androni Giocattoli (Ven)
16) Team Columbia - High Road (EU)
17) Team Katusha (R)
18) Team Milram (A)
19) Team Saxo Bank (D)
20) Xacobeo Galicia (E)
O Xacobeo Galicia participará no Giro de Italia do centenario
Comentarios (1) - Categoría: deporte galego - Publicado o 29-01-2009 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (06-09-2013 10:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0