boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os custes do español
XAVIER VENCE

Neste tramo final da negociación do novo modelo de finnanciamento autonómico incorporouse ao debate a posibilidade asignar ?recursos adicionais? para ?as políticas de normalización lingüística?.
Non se concretou nada pero, en principio, pode ser un paso positivo por recoñecer un aspecto importante do ?feito diferencial? das nacións fronte á tradicional filosofía negacionista do ?café para todos?.
Certo que esa diferenciación non se transforma na definición dun status diferencial con maior capacidade de decisión acorde co recoñecemento do carácter plurinacional do estado senón única e exclusivamente nunha compensación financeira polo feito obxectivo de garantir o funcionamento do país en dúas linguas.
Que dúbida cabe que a necesidade de garantir uns servizos públicos nos que os usuarios podan facer uso de calquera das dúas linguas, que se deba garantir a súa aprendizaxe efectiva no ensino, a necesaria publicación bilingüe dos diarios oficiais e as normas, a duplicación de medios e vehículos de comunicación, ademais do esforzo de promoción da cultura expresada en cada unha delas, particularmente da que padece as consecuencias do dominio histórico do español, etc. etc. son exemplos de gastos efectivos que non existen nas comunidades monolingües.
O certo é que até hoxe eses gastos recaen exclusivamente sobre a poboación dos territorios con dúas linguas. Sen entrar noutros aspectos, compre recoñecer que a situación actual penaliza economicamente a poboación destes territorios con lingua propia. Non só deben responsabilizarse de que as cousas funcionen na súa lingua propia senón que deben facelo tamén na lingua do estado, correndo cos custes de tal esforzo.
Cousa que non fai a administración central e os servizos dela dependentes cando operan en territorios con lingua propia, como acaba de denunciar o Consello de Europa. Xustamente, a necesidade de cumprir coa Carta Europea das Linguas quizais explique os últimos movementos.
Estes días falan algúns, con pouca inocencia, de contabilizar os ?custes do galego?. É un sintagma ideoloxicamente cargado.
En realidade, ningún país pode asumir que a súa lingua é un custe. É o seu ser e a súa riqueza singular. O custe, en todo caso, é o de convivir e soster outra lingua.
Nese sentido, pode ser xusto que España remunere a aqueles territorios que tendo unha lingua propia garanten a pervivencia, difusión e mesmo contribúen a creación do español.
Se asumimos que é un ?ben común? é xusto e normal que o conxunto dos españois contribúan ao seu financiamento. É a contrapartida de beneficiarse da normalización do seu idioma en todos os territorios. Polo tanto, sería un sarcasmo chamarlle custes do galego ao que son realmente os custes do español.
En todo caso, se queremos fuxir das realidades incómodas digamos entón ?custes da diglosia ou do bilingüismo? pero non construamos novos estigmas.
Os custes do español
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 16-01-2009 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Plas,plas,plas! O meu aplauso. A min pareceume un chisco chirriante o discurso de Torito ao saír da súa reunión con Zapatero para falar do financiamento, cando falou dos custes do galego. Por un lado sentín lástima del, pensei que os medio#blgtk08#s de comunicación do foro o ían papar cru. Por outro, sentinme un pouco ferido, coma se o galego fose un parente enfermo ou eivado co que hai que cargar. Así que agradezo este artigo, que pon os puntos sobre os íes: A carga é o castelán.
Comentario por O'Padín (16-01-2009 15:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0