boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O patrimonio marítimo do país está vivo máis aló do folclore
Brest '08

Moitas das embarcacións tradicionais que foron a Brest aínda se empregan para a pesca.


Clara Figueroa - 09:00 15/07/2008


"O noso obxectivo, como o das outras asociacións, non é conservar un patrimonio morto ou inerte; todo o contrario, trátase dun ben vivo". Fernando Piñeiro, presidente da Federación galega pola cultura marítima e fluvial (FGCMF) explica no vídeo promocional de Galiza realizado polos bretóns que non se trata de preservar unha tradición morta hai séculos, senón que a cultura da pesca tradicional en Galiza está viva posto que nunca desapareceu. "Organizamos competicións deportivas, regatas e distintas manifestacións culturais, pero sempre cunha orientación viva e non folclórica".

A FGCMF está composta actualmente por 38 asociacións que, como explican eles mesmos, nunca tivo unha visión nin saudosista nin folclórica do mundo dos mares e dos ríos, senón que sempre os quixo vivos e produtivos. Nunca se pretendeu cantar uns mares e ríos fecundos que xa son historia, senón que nos seus encontros bianuais e nos encontros particulares de cada asociación, nas diversas campañas (é o caso da desenvolvida en 1996 a prol da carpintaría de ribeira), nas publicacións e nas exposicións, a FGCMF trata de valorizar a herdanza recibida para lle engadir novas e frutíferas achegas, sempre en contacto coas xentes do mar.

Gamela no Museo do Mar

O Museo do mar de Galiza, en Vigo, ofrece un paseo pola historia da pesca en Galiza dende o século XVI até os nosos días, a evolución do sector en medios e métodos, das especies máis representativas, dos sistemas de extracción, artes de pesca, embarcacións e técnicas de conservación e comercialización do noso país. O museo escolleu amosar aos visitantes o mar como fonte de recursos. Un mar concibido e presentado como patrimonio de vida e de riqueza, que ha ser mellor coñecido, preservado e entendido.

O seu director nos amosa unha das pezas que conforman a exposición sobre embarcacións tradicionais pesqueiras, a gamela de Jorge o pescador. Este mariñeiro pertence á asociación cultural viguesa Gameleiros, cuxo obxectivo é tratar de frear na medida do posíbel a redución da actual flota de gamelas coruxeiras, tentando consolida-la súa presencia nas praias da localidade á cal xustamente lle deben a súa denominación, por ser os mariñeiros de Coruxo, conxuntamente cos seus carpinteiros de ribeira, os que desenvolveron o actual deseño, e que se extendeu despois por toda a Ría. Jorge emprega a súa gamela para pescar na ría de Vigo entre primavera e outono. En inverno, cando non pode saír con ela, cédea ao patrimonio do Museo do mar. O seu director explica que se trata "dun patrimonio vivente por completo, posto que aínda que tamén emprega a súa gamela para o tempo de lecer, principalmente sae con ela a pescar".

Ver vídeo na páxina de Vieiros, abaixo.
O patrimonio marítimo do país está vivo máis aló do folclore
Comentarios (1) - Categoría: Cultura - Publicado o 15-07-2008 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por léopard bobballs en peluche (05-09-2013 11:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0