boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O SXG denuncia que moitos profesionais seguen sen ser libres para informar en galego
17.05.2007

SXG
Ourense


O SXG pide á Xunta que as subvencións que dá aos medios sirvan para aumentar o uso da lingua e a a estabilidade laboral e non só para financiar ás empresas

A lingua é unha rareza en moitos medios malia estar moi subvencionado o seu uso

Hoxe, día 17 de maio, as portadas dos principais xornais de Galicia saen de novo á rúa en galego, como sucede sempre nesta data. O Sindicato valora positivamente esta tradición, pero denuncia que é unha práctica hipócrita.

A realidade do día a día é ben diferente, pois son moitos os afiliados do SXG queren escribir máis en galego pero non poden facelo debido as políticas empresariais, que obrigan ao uso do castelán en todas as áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión.

Para que serven as subvencións?
Esta organización lembra ós poderes públicos (concellos, deputacións e Xunta) que fomentar o uso da lingua é unha das súas obrigas legais.

O SXG reclama que o emprego regular do idioma sexa -xunto coa erradicación da precariedade laboral- un criterio chave no reparto das importantes subvencións que, baixo a escusa de promover o galego, financian ás empresas da comunicación da autonomía.

E é que ata hoxe o diñeiro dos contribuíntes serviu para financiar aos empresarios, pero non para darlle ós informadores máis liberdade para usar a súa lingua nin para aumentar a estabilidade laboral no sector.

O Sindicato respecta a total liberdade das compañías para escoller o idioma no que publican. Sen embargo, o SXG pídelles ós medios un compromiso máis alá do puramente estético ou testimonial coa lingua, como o que fan hoxe.
O galego é, ao fin e o cabo, a lingua de moitos dos seus empregados e da maioría da súa audiencia.
O SXG denuncia que moitos profesionais seguen sen ser libres para informar en galego
Comentarios (0) - Categoría: en Galiza tamén se pide - Publicado o 08-11-2007 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0