|
|
|
|
O Parlamento esíxelle a Madrid que garanta o voto dos mariñeiros embarcados |
|
Acordo unánime dos tres grupos
Bieito Lobeira solicitou que se recoñezan os dereitos civís do colectivo, como acontece noutros estados europeos.
Redacción - 17:51 25/04/2007
O Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG a prol de que os mariñeiros embarcados teñan garantido o seu dereito ao voto. A cámara pediralle ao goberno central que se modifique a normativa electoral nese sentido.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira afirmou que, na actualidade, un colectivo de máis de 10.000 traballadores non pode votar ?porque o goberno non lles recoñece os seus dereitos civís?. Noutros países, como Suecia, con menos frota pero ?bases democráticas máis asentadas? si se garante o dereito dos mariñeiros a votaren dende o mar.
Lobeira salientou o feito de que os tres grupos, nomeadamente o PP, se puxeran de acordo nunha proposta deste tipo. Malia isto, acusou os populares de actuaren con ?hipocrisía política?, polo feito de que até agora se opuxeran a este tipo de proposicións. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|