|
|
|
|
Granxa Familiar |
|
Dende este portal pretendemos facilitar o comercio sen intermediarios entre as granxas familiares e os consumidores, así como dar a coñecer a calidade dos productos galegos.
http://granxafamiliar.com |
|
|
|
A gandaría de hoxe |
|
A gandería Seixo vén de gañar o premio Aresa pola súa diversificación. Leite, queixos(a 1ª crema de queixo Arzúa Ulloa) e patos. Labranza, TVG
A Casa Grande de Xanceda, a unión do tradicional e do ecolóxico. Segunda produtora de leite ecolóxico do Estado, e unha das poucas que fabrica iogures cremosos 100% naturais. Reportaxe en Vieiros, tamén con vídeo. |
|
|
|
AinfoVac, software libre e en galego para as explotacións leiteiras |
|
O proxecto Ainfogra pretende introducir as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas agrogandeiras.
O proxecto Ainfogra (aula informática agraria) acaba de publicar a primeira versión de AinfoVac, unha aplicación de software libre para a xestión integral de explotacións leiteiras. Ainfogra ten como cometido, dende hai algo máis dun ano, dar a coñecer e promover o uso das novas tecnoloxías no rural e fornecer de ferramentas de código aberto para o sector agrogandeiro.
Como explicou un dos resposábeis do proxecto, Xosé Manuel Campos, o software está destinado a pequenas e medianas granxas leiteiras e deseñouse para que fose fácil de usar, ?para que como moito con unha ou dúas horas á semana se poida administrar a explotación?. A ferramenta está en galego, polo que as súas destinatarias son as empresas do país, e corre baixo o sistema operativo GNU/Linux.
Ademais da ferramenta informática, o proxecto ten unha parte formativa, pois o uso das novas tecnoloxías aínda precisa de bastante promoción nas zonas rurais. Ainfogra imparte clases de alfabetización dixital, que inclúen dende o coñecemento do hardware -os trebellos informáticos-, os sistemas operativos -neste caso Ubuntu, unha das distribucións de Linux máis populares e máis doadas de aprender-, e a ofimática, mediante o paquete OpenOffice.org.
Para Campos, ?aínda queda moito por andar?, pois aínda existe unha carencia de infraestruturas no rural que impiden o uso da internet en moitas explotacións, co obstáculo que iso supón para ter acceso a trámites administrativos ou ao comercio electrónico. |
|
|
|
|
|