boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O fillo de Bóveda defende que Galicia sexa unha nación con dereito a soberanía e autodeterminación
"O vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda e fillo do galeguista que lle dá nome á fundación, Xosé Luís Bóveda, defendeu onte a denominación de nación para Galicia e esixiu que se "recoñezan os dereitos que implica, como o dereito á autodeterminación e soberanía".

Na súa comparecencia na Comisión de reforma do Estatuto, Bóveda defendeu a presenza directa de Galicia en todas as institucións europeas e un servizo propio de acción exterior con "status paradiplomático" e consecuencias políticas e xurídicas.

Así mesmo, avogou polo uso do galego como idioma vehicular de todas as administracións en Galicia e do ensino. Defendeu a obrigatoriedade de coñecelo e apostou por facelo oficial na UE, no Senado e tamén nalgunhas sesións do Congreso.

Bóveda -fillo do que foi un dos redactores do Estatuto galego do 36, represaliado na Guerra Civil-, esixiu tamén a creación do Consello Xudicial de Galicia, competencias para a comunidade en materia penitenciaria e "plena autonomía financeira e fiscal", ademais dunha Facenda e dunha administración tributaria propias e un Banco Nacional Galego.

Finalmente, pediu que o Estatuto recolla unha "auténtica" policía autonómica "independente dos corpos de seguridade do Estado" e que se desenvolva un dereito galego propio "que prevaleza sobre o estatal".



Supresión das deputacións e anexión de sitios limítrofes

O presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela, defendeu a Galicia como "nación europea" e pediu unha defensa da lingua galega "máis alá das fronteiras administrativas", en áreas onde existen galegofalantes como O Bierzo, Asturias ou a diáspora. Avogou por lle dar "igual rango" ó galego e ó castelán e aseverou que a cooficialidade é "imposible". Tamén defendeu que o novo texto estableza a posibilidade de "integrar os municipios galegófonos limítrofes que así o desexen" e apostou por lograr que Galicia sexa unha circunscrición electoral única.

Considerou necesario rematar coa división provincial "suprimindo as deputacións" e vertebrando a comunidade en bisbarras, concellos e parroquias e pediu que o 25 de xullo sexa o Día da Patria Galega e o 17 de agosto o Día da Galiza Mártir."


Seguir lendo
O fillo de Bóveda defende que Galicia sexa unha nación con dereito a soberanía e autodeterminación
Comentarios (2) - Categoría: nacionalismo galego - Publicado o 07-11-2007 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0