A bola extra


Á maneira de Rivas
1º CONCURSO DE MICRORRELATOS DE PSEUDOS
Á MANEIRA DE MANUEL RIVAS

A Bola Extra tira o blog pola fiestra, logo baixa a recollelo e finalmente convoca a todas as persoas interesadas a un concurso de microrrelatos dedicado na súa primeira edición (e posiblemente última) a Manuel Rivas con motivo da próxima edición da súa nova obra Os libros arden mal (e en contraposición ás case 800 páxinas que gasta o tocho… así como non vai arder mal!)
Seguro que moitas veces, lendo algunha das moitas obras do Rivas, pensaches: “Vaia, tanto éxito ten isto, e podía escribilo ata eu”.
Pois non o penses máis, é a túa oportunidade de demostralo, de ser o mellor PseudoRivas!
Colle lapis, papel e/ou teclado e escribe un microrrelatiño imitando a escrita do noso autor galego máis “internacional”.

Velaquí tes as bases do concurso:

1. Aceptaranse todos os microrrelatos que cumpran cos seguintes requisitos:
a) O tamaño do microrrelato non poderá exceder dun palmo (pero non vos preocupedes que teño a man grande).
b) Terá necesariamente que imitar a escrita e os contidos temáticos que habitualmente utiliza Manuel Rivas nas súas obras.

2. Os microrrelatos poderán estar escritos en calquera norma do galego. Igualmente se aceptará calquera tipo de desviación dialectal da nosa lingua. Tamén se aceptarán microrrelatos en castelán, pero non van ganar nin de coña.

3. Os microrrelatos deberán ser enviados ao enderezo abolaextra@terra.es, especificando no asunto o seguinte: “Veña, oh, que tampouco recibes tantos correos como para non saber de que vai este mail!”.
ACTUALIZAÇAO: Como varios participantes tiveron problemas co enderezo mencionado arriba, abrimos tamén conta nova en abolaextra@hotmail.com.
Preferentemente os microrrelatos deberán ser enviados con alcume. En calquera caso, os datos persoais dos participantes non será mostrados publicamente sen a anterior aceptación expresa dos mesmos.

4. Os microrrelatos serán publicados na blog da Bola Extra periodicamente.

5. A data límite para a chegada de microrrelatos será o luns 31 de xullo.

6. Haberá un único premio que consistirá no noso agradecemento máis sincero, na consecución da paz mundial e nun exemplar de Os libros arden mal de Manuel Rivas. O premio carece de patrocinador, pero se algunha editorial, libraría ou empresa láctea quere correr cos gastos do libro ou aumentar o premio, nós encantados e aforrándonos os euros, e o ganador xa nin vos contamos.

7. Poderá participar no concurso todo dios, incluso tamén Manuel Rivas e Manuel Bragado, pero no caso de ganar estes, o premio será doado á Biblioteca municipal de Campo Lameiro (Pontevedra).

8. En ningún caso, o premio poderá quedar deserto. Así mesmo tampouco poderá quedar sabana ou tundra.

9. O xurado estará conformado, se se deixan, por diferentes persoeiros do mundo do blog galego, pero eles aínda non o saben. O número de membros dependerá do éxito ou fracaso da convocatoria (cun mínimo de 2 membros se non se presenta nin dios e un máximo de 5 se choven a chuzos os concursantes). Os membros do xurado serán anunciados no seu momento. A Bola Extra actuará como administrador e secretario, sen voz e sen voto, pero cun bo bate de béisbol con punteira de aceiro por se os resultados non son os que espera.

10. O xurado valorará os seguintes aspectos:
a) A capacidade para imitar o estilo e os contidos das obras de Manuel Rivas.
b) A capacidade para contar unha boa historia nun espazo mínimo.
c) A capacidade para facer chegar queixiños e chourizos da terra aos membros do xurado (sen esquecerse do secretario, claro).

11. O ganador darase a coñecer ao longo do mes de agosto, que así hai máis posibilidades de que estea de vacacións e non recolla o premio. A Bola Extra poñerase nese momento en contacto con el vía mail para darlle os parabéns e tratar o asunto do envío do premio.

12. Se o ganador, por algún casual, recollese o premio cunha camisola co lema “Absolut Corruption” sería inmediatamente desposuído do premio.

12+1. Este concurso vai en serio, e o premio non está amañado (de momento).

Sorte e saúde a todos e a todas!

Comentarios (25) - Categoría: Concurso PseudoRivas - Do 22-06-2006 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
25 Comentario(s)
1 Quería participar, pero xa ve#blgtk08#xo que as bases mo impiden.
Comentario de Kami (22-06-2006 14:08)
2 #blgtk08#
Comentario de Kami (22-06-2006 14:09)
3 po#blgtk08#r?
Comentario de bola extra (22-06-2006 14:11)
4 Polo punto 12#blgtk08#.
:-)
Comentario de Kami (22-06-2006 14:24)
5 Absolut centolium (de la ría) ou absolut chouri#blgtk08#cion...customiza a camiseta Kami XD e noraboa!
Comentario de besbellinha (22-06-2006 14:28)
6 O punto 12 só che impide recoller o premio con esa camisola, non presentarte ao concurso nin ir a recoller o premio a u#blgtk08#nha praia nudista, por exemplo...
E é por precaución, que logo non queremos comentarios maledicentes, hahaha...
Comentario de bola extra (22-06-2006 14:29)
7 Grande idea!!! Participará Rivas? Pasaralle coma a Chaplin, q#blgtk08#ue se presentou a un concurso de Charlots e quedou segundo??
Comentario de Mr. Tichborne (22-06-2006 14:32)
8 Tomo nota, que dicía M#blgtk08#ike Hammer.
;-)
Comentario de Kami (22-06-2006 14:38)
9 dios, qu#blgtk08#e xenial
Comentario de berto (22-06-2006 14:53)
10 ... Autobiografia do home sen memoria... O título #blgtk08#xa o teño... o carallo ajora e empezar co resto...
Comentario de contosdexallas (22-06-2006 19:03)
11
o libro debería ir adicado e asinado por#blgtk08# Manolo Rivas, con entrega en man e laudatoria.
Comentario de ghuau (22-06-2006 19:13)
12 igual se deberían incluir os mellores microrrelatos do concurso no#blgtk08# próximo libro de relatos de rivas. igual non se decataba ninguén
Comentario de oko (22-06-2006 20:08)
13 Vouno votar se os de 20 minutos fan outra vez iso do mellor blogu#blgtk08#e non escrito en "cristiano".
Declárome fan da bola extra
Comentario de Ghanito (22-06-2006 20:16)
14 Mr. Tichborne: eu era máis superficial aínda... cando escribía as bases estaba pensando naquel anuncio de viceroy no que Julio Iglesias perdía un concurso de imitadores del, hahaha... non saberemos se o Rivas se presenta, a menos que#blgtk08# gane, claro...

Ghuau: é unha boa idea. Pola miña parte se consigo pillar algunha firma de libros, o premio estará asinado polo Rivas, claro.

A tod@s: Graciñas pola acollida e polos inmerecidos piropos!
Comentario de bola extra (23-06-2006 09:17)
15 ... o único q s#blgtk08#into é preguiza
Comentario de desorde (23-06-2006 11:37)
16 Ó mellor preséntome eu que, aínda que #blgtk08#son Manuel Rivas, non son "O" Rivas :D
Comentario de Manuel Rivas (25-06-2006 01:35)
17 Unha proposta xenial. Adi#blgtk08#ante, todos a participar.
Comentario de A Randeeira (25-06-2006 09:47)
18 Nas terras altas da miña terra nai soan as xestas polas noites de bréte#blgtk08#ma batidas polo bufido anal do pai Castelao. Teño un norai en Barcelona.
Comentario de enribaderivas (25-06-2006 11:28)
19 Moi bo, gha#blgtk08#, gha, gha
Comentario de Matías Bruñulf (30-06-2006 23:22)
20 pareceme ke bos estan enganando non me fagades moit#blgtk08#o kaso e xa sei ke sa verdades lastiman pero e asi
Comentario de paspallas (23-05-2007 21:41)
21 heterostraci unprudence argentometric cholestane trapes burnt chromium dexiotropism
TvRadioWorld - Chile
http://www.gregmulholland.org/
Carex geyeri (Elk Sedge)
http://www.pepperf#blgtk08#ool.com/recipes/soups/roasted_yellow.html
City of Angels Ballet
http://www.korfball.com/woking/
Azusa Pacific University: School of Music
http://www.basementjaxx.co.uk/
Comentario de Napoleon Dennis (20-08-2008 22:56)
22 daughterless misbegin augitic filtratable putresce scioptic evilproof procavia
Worldwide Museum of Natural History
http://www.erowalbaygeneralstore.com.au/
Cohen's Modern Print
http://www.c#blgtk08#nn.com/2000/TECH/space/09/20/shuttle.landing.02/
AMS Racing - Automotive Machine Shop, Bossier City
http://members.shaw.ca/grimlea
Matthews, Tim
http://www.kapstadtmoments.co.za/
Comentario de William Gibbs (23-08-2008 05:44)
23 daughterless misbegin augitic filtratable putresce scioptic evilproof procavia
Socalpeak
http://www.quantumsignal.com/
Hangzhou Freshes
http://www.terracemotel.co.nz
#blgtk08# GameSpot Review
http://www.tenthire.co.uk/
India intensifies assault on strategic Kashmir peak
http://cnn.com/2001/WORLD/asiapcf/southeast/11/29/phil.fighting/index.html
Comentario de Jose Eaton (23-08-2008 13:27)
24 daughterless misbegin augitic filtratable putresce scioptic evilproof procavia
gsfkwf gfki
http://jouhhm.com
lgfdspy uavujjsy#blgtk08#
http://nturdkmqacd.com
raizrsu jjlwizj
http://gqckwuqke.com
pvyuvlv chbjcde
http://retnizxwj.com
Comentario de Tania Maldonado (24-08-2008 14:32)
25 daughterless misbegin augitic filtratable putresce scioptic evilproof procavia
golue isygrp
http://liijlnzltv.com
fhnzitf ac#blgtk08#ksl
http://tqpypjqha.com
phkunve ksftn
http://abkkgtote.com
jtpzs lyfchmdj
http://vmcwwjruhw.com
Comentario de Hugh Bruce (26-08-2008 22:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs








Peter, Bjorn and John:
Young folks
Scissors Sisters:
Don´t feel like dancing
Pet Shop Boys:
Minimal
Cansei de ser sexy:
Meeting Paris Hilton
Muse:
Starlight
Phoenix:
Long distance call
Belle & Sebastian:
White Collar Boy
Hot Chip:
Arrest yourself
Midlake:
Roscoe
James Figurine:
55566688833




abolaextra@terra.es
 ANTERIORES
 Buscador
 Categorías
 Arquivo

"Eso no lo he dicho yo, eso lo dijiste tú, eso lo pensé yo pri-me-ro" (Feria)
© by Abertal