
Outra vaca no millo....primeiro foi Tan Gallego como el gallego. Despois Galicia Bilingüe. Logo as mentes preclaras capitaneadas por Savater no seu "Manifesto pola Lingua Común" e agora o "distinguido" Clube Financieiro de Vigo alza a voz para protestar pola política lingüística do bipartito. Velaquí afirmacións de tan lúcidas mentes:
“as posibilidades de escolarización en español para os nenos de Ensino Primario e de lingua materna castelá son practicamente nulas”
"o español desapareceu ou ocupa un lugar residual pois a lingua vehicular é o galego; as materias troncais impártense nesa lingua, tendo o castelán tratamento de lingua estranxeira”
Só facía falla que un goberno galego se preocupase pola normalización do idioma para descubrirmos as verdadeiras intencións de certos grupúsculos hostís ao noso idioma. Carautas fóra! Xoguemos coas cartas descubertas!
ADDENDA
4/9/2008: Fortes disensións internas sobre o comunicado do Clube Financieiro de Vigo.
4/9/2008: A Universidade de Vigo, Caixanova, Concello de Redondela e Concello de Vigo -todos eles socios do Clube Financieiro de Vigo- expoñen o seu descoñecemento do documento do Clube Financieiro e desmárcanse dos seus postulados.
5/9/2008: A Xunta atribúelle ao Clube Financieiro de Vigo "prexuízos" contra a súa acción política.
5/9/2008: As linguas facilitan os negocios, informe do Foro Empresarial do Multilingüismo, creado pola Comisión Europea. Velaí unha réplica argumentativa contundente dos empresarios europeos á cavernarias reflexións do Clube Financieiro vigués.
11/9/2008: Touriño cualifica a postura do Clube Financeiro de Vigo como "minoritaria" (La Voz de Galicia).
20/9/2008: Os silencios de Augas de Mondariz, socia do CFV e maila campaña de boicot á empresa propugnada dende o blog Made in Galiza.
(Fonte da imaxe: web da Fundación Caixa Galicia) |