BOEDENSE





Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Creative Commons License



Boedense by
Boedense is licensed under a
Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España License.












EU SON
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

THE LINGUISTS





TRAILER DO DOCUMENTAL: THE LINGUISTS (OS LINGÜISTAS)
DIRECTOR:Seth Kramer, Daniel A. Miller, Jeremy Newberger.

SINOPSE: Os lingüistas estiman que existen 7.000 linguas no mundo, das cales a metade delas morrerán co fin deste século. Como media, unha lingua desaparece cada dúas semanas. N'OS LINGÜISTAS, David Harrison e Gregory Anderson seguen a pista en documentos de linguas en perigo de extinción. A viaxe arredor do mundo de David e Gregory involúcraos a adentrarse no corazón das culturas, no seu coñecemento e nas comunidades en perigo.

En Siberia, David e Greg procuran gravar o idioma chulym, lingua que non foi oída por foráneos durante máis de 30 anos. Os lingüistas atopan resquicios do réxime racista soviético que puido ter silenciado o chulym para sempre.

En India, os nenos das tribos asisten a internados, onde aprenden hindi e inglés, un oficio e a inutilidade da lingua materna -internados semellantes para rapaces de tribos existen nos EE. UU durante a maior parte do S. XX-. David e Greg viaxan ás aldeas dos nenos, onde a penuria economica avivou unha violenta insurrección maoísta. Os lingüistas son testemuñas do medo e pobreza que conduciu á xuventude a abandonar as comunidades nativas.

En Bolivia, a lingua kallawaya sobreviviu durante séculos con pouco máis de 100 falantes. David e Gregory levan a cabo unha odisea nos Andes para desvela-lo seu segredo.
The Linguists (Os Lingüistas)
Comentarios (0) - Categoría: Linguas minoritarias e minorizadas - Publicado o 16-11-2008 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AS HIPOTECAS SUBPRIME E A CRISE ECONÓMICA







Estamos mergullados nunha crise económica moi profunda derivada das chamadas hipotecas subprime estadounidenses. Un problema local que se estende a todo o mundo "grazas" á globalización. Froito do desacougo, todos nós buscamos a maneira de entende-la orixe da crise económica mundial. Velaí estes vídeos extraídos do programa de "Buenafuente" no que Leopoldo Abadía nos explica a orixe da crise e o programa cómico estadounidense "The Last Laugh" que fai o mesmo"

(FONTE DOS VÍDEOS: Entrevista a Leopoldo Abadía no programa "Buenafuente; "The Last Laugh")
Buenafuente
Leopoldo Abadía
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2008 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AELG: III ENCONTROS NOVOS/AS ESCRITORES/AS


AELG: III ENCONTRO DE NOVOS/AS ESCRITORES/AS ENTRE DOUS SÉCULOS, 26-27 de setembro de 2008. Pazo de Mariñán.



Mesa redonda: "Cartografías literarias do novo século".
Interveñen: Oriana Méndez, Mario Regueira, Rubén Ruibal.
Coordinadora: María Xesús Nogueira.





Mesa redonda: ""Presenza e invisibilidade das/os escritoras/es na sociedade actual".
Interveñen: Ana Acuña, Iolanda Aldrei, Samuel Solleiro.
Coordinadora: Elvira Riveiro.




Mesa redonda: "A literatura. Internet e novas tecnoloxías".
Interveñen: Lara Bacelo, Leo Campos, Eduardo Estévez.
Coordinador: Francisco Castro.





Mesa redonda: "Literatura, sociedade, nación".
Interveñen: Carlos Negro, María Reimóndez, Rafa Villar.
Coordinadora: Marta Dacosta.




Recital poético "Antes mort@s que solemnes".
Interveñen: María Lado e Lucía Aldao, Emma Couceiro, Celso Sanmartín, Estíbaliz Espinosa, O Leo.
O levantador de minas
III Encontro de Novos/as Escritores/as Entre Dous Séculos
Comentarios (0) - Categoría: Literatura - Publicado o 15-11-2008 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ESCOLMA DE WEBS SOBRE A LITERATURA GALEGA



Velaquí indicamos algunhas webs de referencia que tratan sobre a literatura galega:

Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).- Sitio corporativista destinado á promoción dos escritores pertencentes á devandita asociación.

Asociación Galega de Editores (AGE).- Un portal no que atoparás información sobre o sector editorial galego así coma as novidades editoriais.

Andar 21.- Revista de contido poético nacida co afán de subir á rede distinto tipo de material poético. Conta cunha sección dedicada á poesía internacional e outra dedicada á galega ademais dunha zona de descargas.

Autores Galegos .- Importante base de datos de autores con obra escrita en galego. Inclúe biografía, material audiovisual e ligazóns referidas aos autores. Este web foi creado pola Consellería de Cultura.

Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil (BLIX).- Sitio web creado por Gálix (Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil e Biblioteca Nova 33 co obxecto de se converter en sitio de referencia deste tipo de literatura.

Bivir.- A Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos pon a disposición dos internautas as grandes obras da literatura universal e outras de divulgación científica traducidas ao galego.

Biblioteca Virtual Galega (BVG).- Proxecto da Universidade da Coruña que conta cunha ampla dixitalización de obras literarias galegas. Un portal de obrigada consulta para os amantes das nosas letras.

Federación de Libreiros de Galicia .- Portal corporativista que contén documentos interesante sobre o marco xurídico das librarías e maila situación actual do libro galego.

Letras de Galicia .- Web institucional nada cunha vocación de dar a coñecer as nosas letras no exterior.

Letras Vivas .- Web institucional con información de 69 creadores e dos seus espectáculos coa finalidade de poderen ser contratados para realizar actividades dentro do Calendario de Lectura.


LG3.- O soportal LG3, de Culturagalega.org-o portal do Consello da Cultura Galega- está integramente dedicado á literatura galega. Inclúe información sobre novas arredor do libro, reportaxes, certames literarios, catálogo de autores e obras, lecturas, tertulias literarias e ligazóns.

Ourizo azul
.- Portal institucional da Consellería de Cultura destinado a achegar aos máis novos á lectura mediante a creación de clubes de lectura en liña. Contén novidades editoriais dirixidas aos pequenos, e obras da literatura infantil e xuvenil catalogadas por tramos de idade.

Praza das Letras.- Portal institucional nado para promociona-lo libro e a literatura galega. Contén información sobre o sector, sobre política en materia de literatura e un catálogo de autores, obras e maila edición en formato PDF da revista homónima en papel.

Read Galicia
.- Portal destinado a favorecer a venda de dereitos das obras galegas e poidan ser traducidas a outras linguas.


17 de maio
.- Portal institucional con abundante información sobre os homenaxeados no Día das Letras Galegas.


(Fonte do Vídeo: III Encontro de Novos/as Escritores/as -AELG: "A literatura. Internet e novas tecnoloxías")
Comentarios (0) - Categoría: Literatura - Publicado o 15-11-2008 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ATA SEMPRE, CAMILO




O loito volve tinxir as nosas letras: faleceu Camilo Gonsar. Sarria amence gris. A literatura galega fica sen unha figura senlleira no proceso renovador da narrativa na década dos 80 chamado a Nova Narrativa Galega, influído polo noveau roman francés.
Comentarios (0) - Categoría: Literatura - Publicado o 15-11-2008 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ILLA DE TAMBO, PRISIONEIRA DO ESQUECEMENTO

Prisionera do Esquecemento. Illa de Tambo.
Documental da Illa de Tambo, situada na ría de Pontevedra realizado por Julio Rodríguez.


Comentarios (0) - Categoría: A nosa terra galega - Publicado o 14-11-2008 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GALIZA NON SE VENDE: 13-N




A mobilización social non adormeceu en Galicia. Nos tempos do PP de Fraga artellouse arredor de Nunca máis. Nos tempos do bipartito, a conciencia crítica xestou a plataforma Galiza non se vende. Galiza non se vende recolleu o testemuño de Nunca máis para lle recordar ao bipartito que o ecoloxismo seguen callando na sociedade. A devandita plataforma cuestiona e pon en xuízo actuacións do goberno galego coma a planta de Reganosa ou o Plano Acuícola. Os feches na Consellaría de Medio Rural recollidos no vídeo pretenden manter viva e reactiva a masa social crítica mobilizada polo Prestige, coincidindo co aniversario deste tráxico episodio.
A Nosa Terra
Galiza non se vende
Comentarios (0) - Categoría: Política - Publicado o 14-11-2008 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis