BNG Venezuela
AN-PG en Caracas, 1979
Na foto da fonte os compañeiros da AN-PG que editabamos o XERME,diante Leopoldo López, Xoan Rodriguez e Moncho Maceiras, detras X.M. López Trelles, Anxo Barreiro e Ismael Rodriguez.
En "Valle Fresco", sede de campo da Irmandade.
Na foto da camioneta vai de chofer o compañeiro Miguel Quiroga, e na caixa vamos Leopoldo López, Moncho Maceiras, Xosé Mamuel López Trelles e Anxo Barreiro, xunto con outros compañeiros de NoGa, participabamos no "rally" que a Irmandade Galega organizaba polo Día da Patria.
A outra foto e a do reencontro en Ourense no 1998, case 20 anos despois.
En Ourense 1998
Eran os tempos do XERME e de NoGa (Nova Galiza).
GALIZA EN VENEZUELA video
www.galizacig.com/video/2007/20070228_fesga_galiza_en_venezuela_trailer.wmv
www.galizacig.com/video/2007/20070228_fesga_galiza_en_venezuela_trailer.wmv
Neste video, participan os compañeiros Xoán Manuel Giraldez Pérez e Xosé Manuel López Trelles, tamén os amigos Eduardo Meilán Sánchez e Paulino Núñez.
BNG: Nacionalismo en Vzla
Podemos distinguir unha primeira etapa marcada pola presencia de Pepe Velo, quén foi presidente do Lar Galego, o primeiro centro social galego fundado en Venezuela, Velo exerce o seu maxisterio, non soio no aspecto profesional senón tamén no político, foi un dos principais difundidores do pensamento de Castelao, do que dicía que “é o galego máis grande que pariu nai”. Esta etapa pódemola dar por rematada coa constitución do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) e a toma do trasatlantico Santa María, que remataría co exilio en Brasil.
Unha segunda etapa dáse coa presencia de Celso Emilio Ferreiro, quén para ese entonces militaba na UPG, e coa colaboración de Pepe Sesto, pai do actual ministro de cultura do goberno venezolano, Farruco Sesto, quen escribe UPGpoemas. Neste tempo prodúcese e mandase para Galiza material político, coido que incluso o TeT se imprimiu en varias ocasión en Caracas. Editase un disco con poemas de CEF, de Farruco, de Lois Diéguez,... interpretados por Xulio Formoso, libros e revistas tamén abondan. Por estes tempos fai acto de presencia en Caracas en varias ocasións Lois Soto. Esta etapa podemos dala por rematada nos primeiros anos da década dos 70.
Terceira etapa. Nesta mesma década dos 70, en abril do ano 1979, convocase una asemblea da mocidade na Irmandade Galega de Venezuela, en Caracas, esta asemblea  convocase para dar nacemento Nova Galiza, organización de mozos nacionalistas residentes en Caracas, e vinculados á Agrupación Galaica (Plancha 1), candidatura histórica da Irmandade que nese intre exercía o goberno na Irmandade con unha forte e moi influente presencia do Partido Comunista de España. Da asemblea efectivamente sae constituída NoGa (Nova Galiza), que é o nome co que será coñecida en diante. Esta asemblea tamén sirve para que mozos nacionalistas emigrados no derradeiro lustro dos 70 se atoparan e como consecuencia, case de inmediato, organizase a AN-PG, así pois empeza a actuar na Venezuela o organización frontista. As súas actividades desenrólanse por medio de NoGa e do seu voceiro XERME, cuio primeiro número sae en maio do 79, chegaron a publicarse 51 números, e dous “infantiles”, integramente feitos por nenos da chamada “brigada infantil”, constituída por picariños que andaban entre os mozos e mozas de NoGa. O XERME remataría a súa andaina en 1984, coincidindo co esmorecemento da actividade do xa, BNG, en Venezuela. Podemos recordar entre os compañeiros que constituíron a AN-PG, a Anxo Barreiro, principal impulsor, a Leopoldo López (Curro), Xosé Manuel López Trelles, os tres chegados da Galiza neses anos, e outros mozos residententes en Caracas, como Ramón Maceiras López, Ismael Rodríguez, Xoán Rodríguez e Xoán Xosé Torres,entre os que recordo. As primeiras responsabilidades de dirección recaeron en Anxo Barreiro, responsable técnico e X.M.López Trelles, responsábel político, máis tarde chegaron o falecido Antón Monteagudo, e Antolín Fernández, quen tamén se desempeñou como responsábel político. NoGa e XERME chegaron a converterse nunha referencia, e incluso a súa dirección foi represaliada e expulsada da Irmandade por seis meses, en tres meses a sanción foi derrotada e a directiva da Irmandade tivo que erguer as sancións. O semanario A NOSA TERRA fíxose eco do temae fixoi motivo de portada. Esta etapa podemos dala por concluída cando XERME cesa a súa publicación.
A cuarta etapa e actual, empeza cando un representante da CIG, de visita en Caracas recibe unha carta de Xosé Manuel López  Trelles para que a entregue ante a dirección do BNG coa finalidade de reiniciar as actividades do nacionalismo en Venezuela. Nesta etapa os membros do BNG participan da fundación da asociación civil FORO SOLIDARIO GALEGO, na que desenvolven a súa actividade. Deica a data téñense feito 5 foros:
Primeiro: A noite da Frouseira
Segundo: Sempre Castelao
Terceiro: Día da Patria
Cuarto: Día das Letras. Roberto Blanco Torres
Quinto: Conversa con Francisco Rodríguez
Os foros primeiro, segundo e cuarto foron acompañados da publicación de números mograficos do boletín da asociación FORO GALEGO, o cal tense convertido nun boletín electrónico que vai polo número 62. Actualmente o BNG conta con 24 persoas inscritas e as responsabilidades están establecidas como sigue:
Reponsabel local portavoz e de cultura: Xosé Manuel López Trelles
Viceresponsabel local: Xaime Rei Mantilla
Responsábel de organización e finanzas: Álvaro Sarria Pérez
Responsábel de relacións institucionais: Xoán Manuel Giraldez Pérez.
E polo de agora non temos mais que contar.
bngvenezuela@terra.com