Espazo dixital do BNG de Sada


Visitas ao blogue do BNG Sada




Contador web


Síguenos nas redes sociais







O tempo en Sada





Contacto
bngsada16@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Folga para vivir. Folga para coidarnos: 8 razóns para á folga do 8 de Marzo
1. Para que non se converta nunha data cerimonial. Son diversas as versións sobre a orixe da celebración do 8 de marzo, mais todas teñen algo en común: no comezo do século XX, mulleres traballadoras toman conciencia da súa condición e rebélanse. Co paso do tempo, os poderes do sistema encargáronse de eliminar a reivindicación de clase nesta data e convertela nunha homenaxe case folclórica ás mulleres. Cada vez son máis frecuentes as institucións e os medios que celebran o día da muller deixando caer o apelido de “traballadora” que adoitaba ondear no nome desta efeméride reproducindo condutas patriarcais e esquecendo as reivindicacións que orixinaron o sinalamento da data. É necesario poñer en valor o significado orixinario da data nestes tempos nos que a alianza entre patriarcado e capital acada cotas disparatadas.


2. Polas que xa non berran. A violencia machista é unha lacra transnacional e transversal, que ameaza de xeito permanente á metade da poboación mundial, que non entende de clases sociais nin de nacionalidades aínda que lonxe de estar camiño de desaparecer, medra e retroaliméntase diariamente. As cifras do pasado ano avalan que unhas das nosas prioridades debe ser a de denunciar a violencia machista, desde a máis simbólica até a física, que se asenta nunha sociedade profundamente patriarcal.




3. Pola brecha salarial. Por máis que muden as condicións das traballadoras, as mulleres enfrontámonos ás maiores taxas de paro, a uns empregos de peor calidade, maior temporalidade e maiores taxas de acoso sexual no traballo, uns salarios máis baixos nos sectores menos valorados, á maior dificultade para acceder ao emprego e para crecer na nosa vida laboral; e, ademais, somos as que asumimos en maior medida a carga de traballo doméstica ou os coidados, nun sistema de conciliación familiar que no lugar de quitarnos cargas de traballo o que fai é buscarnos tempo para seguir a acumulalas, ata cando estamos en postos directivos.

4. Por que non queremos ser valentes, queremos ser libres. Ou cando saímos de festa, ou cando vamos a traballar ou cando simplemente queremos ser persoas independentes á marxe de todo tipo de paternalismo. Non queremos ter medo pero o temos.
E acostumámonos a vivir así xestionándoo como unha peaxe por sentirnos libres. E cando o contamos somos unhas esaxeradas, unhas extremistas ou unhas mentireiras. Ou somos culpables, por ir soa, a esas horas, con esa roupa.

5. Porque somos invisibilizadas polo feito de ser mulleres, porque o patriarcado como sistema de dominación social exerce unha violencia simbólica que distorsiona a visión das mulleres, facendo invisíbeis as súas actividades e experiencias. A Historia ten unha débeda coas mulleres en canto ao recoñecemento aos seus logros en materia como a Ciencia a Arte a Literatura ou en calquera aspecto do ser humano. Algo que aínda é máis perceptíbel cando se trata de mulleres de vilas ou de aldeas consideradas como espazos marxinais dun territorio xa de por si periférico e colonizado.

6. Porque o noso corpo é un campo de batalla.
O corpo feminino é obxecto de constante debate, cosificación e represión. As redes sociais censuran os nosos corpos e ata a medicina ignora enfermidades como a endometriosis, un nome estraño para unha enfermidade invisible e negada que só sufrimos as mulleres (e non poucas: máis de unha por cada dez). E en silencio, porque os síntomas considéranse vergoñentos e as nosas queixas histéricas. Un problema de saúde pública que atinxe ao 5% da poboación pero non se investiga nin se trata aínda que si temos fármacos para a disfunción eréctil, que afecta, ao 1% dos varóns. O noso corpo é obxecto de debate e de perxuizos pero négannos á palabra e aínda temos que reivindicar os nosos dereitos á información, á autonomía, a dispor dos nosos corpos como decidamos. Un territorio saqueado e sometidos ás violencias do poder.

7. Porque os nosos dereitos seguen a ser considerados unha amenza.
O patriarcado xera diferentes estratexias e barreiras que sustenten os privilexios do varóns que aínda mermados, permanecen. Unha das estratexias máis recorrentes é o despretixio sistemático das feministas. Chamánnos amargadas, resentidas, feas, marimachos, victimistas, agresivas, descoidadas, desequilibradas, radicais, envexosas, paranoicas, desnaturalizadas... e agora tamén feminazis, un acrónimo formado polas palabras ‘feminista’ e ‘nazi’- relacionando de forma despectiva ao feminismo, unha ideoloxía que defende que as mulleres deben ter os mesmo dereitos dos homes, co nazismo, equiparando o dereito ao aborto das mulleres co Holocausto nazi.
Diferentes tácticas e palabras pero co obxectivo común de colocarnos nunha dinámica agresiva, nun plano equivalente ao do machismo mais reaccionario e violento buscando o desprestixio desde a confusión e a falacia, ridiculizando as nosas posturas para despoxalas de credibilidade.
Chámennos como nos chamen e parafraseando a Mary Wollstonecraft "as mulleres non queremos poder sobre os homes, queremos poder sobre nós mesmas". Non queremos ser iguais que os homes, queremos ter as mesmas oportunidades.

8. Por todas
Pode que moitas mulleres experimenten a sorte de que lle sexa alleo estas e outras moitas razóns como habería para expoñer. Mulleres, brancas, en sociedades occidentais, cun nivel de vida confortábel poden sentirse satisfeitas e pensar que a igualdade xa está acadada. Pero este 8 de Marzo poden lembrarse das que viven baixo a opresión, ameazan e perigo extremo polo simple feito de nacer muller. Das nenas que son obrigadas a casarse con 12 anos e que son violadas sistematicamente co beneplácito da sociedade. Bebés asasinados por considerar que ter nacido nena é unha carga para a familia. Persoas ás que se lle nega a escolarización básica polo simple feito de ser muller. Mulleres apedradas por non querer seguir cos seus maridos. Mulleres ás que se lles amputa o clítoris. Mulleres escravizadas.
Por todas elas, ti que vives nunha sociedade onde aínda conservamos certos dereitos como o da folga sae á rúa e participa desta xornada reivindicativa para que non fique só en algo simbólico. Fagamos desta data unha xornada de aprendizaxe, de denuncia e de transformación que transcenda á propia data e que ao día seguinte, cando xa non sexa o día internacional de nada, persista e que as mudanza sexan así tanxíbeis.

Recuperemos discursos e espazos e demostremos a forza e capacidade de mobilización das mulleres galegas. Se as mulleres paramos, o mundo para!


Laura R. Pena, Responsábel Local do Bng Sada


MOBILIZACIÓNS
*Domingo 4 de Marzo. Manifestación Nacional. 12:00h Vigo
*Xoves 8 de Marzo.Manifestación Comarcal. 19:30h Na Praza de Pontevedra (A Coruña)

Comentarios (0) - Categoría: Responsable Local - Publicado o 25-02-2018 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Benestar potencia o servizo de Diversidade Funcional con saídas e xuntanzas no verán
Sada celebrou o acto de clausura das actividades de diversidade funcional, un servizo municipal que xestiona a nacionalista Isabel Reimundez dentro da concellería de Benestar Social e Igualdade.

O servizo de Divesidade Funcional do concello de Sada estivo a realizarse durante as últimas 37 semanas recollendo actuacións específicas de orientación, prevención, inserción e participación social dos residentes no municipio con diversidade funcional. “O obxectivo, indica Reimundez é a integración social plena deste colectivo no noso municipio e o apoio ás familias”.

A concellería de Benestar de Sada ofertou obradoiros de teatro, novas tecnoloxías, pintura e un club de lecer os fins de semana para persoas con diversidade funcional, dentro do programa Universo Diverso.

Esta semana finalizaron os obradoiros de teatro, pintura e tecnoloxia. Pero por primeira vez, sinala a concelleira, “este ano van seguir tendo saídas de ocio os fines de semana, durante os meses de xuño e xullo”.

“Foi unha demanda das familias, indicou Isabel Reimnundez na clausura do programa, que estimamos favorablemente para que os usuarios deste programa podan seguir tendo un verán ocioso e gozar da programación veraniega que se oferta dende os distintos concellos da contorna”.

Entre outras saídas van visitar Ferrol, o San Xoan de Carballo, navegar polo lago de As Pontes, “e remataran o ultimo fin de semana de xullo con xogos populares para as familias e usuarios”, anuncia Reimundez.

A concelleira anima a todas as persoas interesadas a participar neste programa, dirixido a persoas con diversidade funcional, “achegándose aos servizos sociais do Concello onde informan sobre todas as actividades que ofertamos nun programa xa consolidado con máis de 15 participantes”

Máis orzamento para os Servizos Sociais Municipais.

A concellería de Benestar ven aumentado desde hai dous anos o orzamento para actividades de diversidade funcional así como outras demandas dos servizos sociais municipais.

“Abordamos no 2016, por primeira vez con gasto municipal, as actividades e saidas de ocio destinadas a persoas con diversidade funcional, sinala Reimundez, deste xeito o concello cubre 6 meses do ano e a subvencion da Deputación o resto asegurándonos que os usuarios teñan continuidade nas actividades os doce meses do ano”.

En canto ao benestar dos vecinos e veciñas de Sada o pleno da corporación sadense aprobou, a petición da concelleira, un modificativo de crédito para dotar con 26.000 euros o programa Envellecemento Activo polo cal se programaron diversas actividades para maiores desde os Servizos Sociais. Isabel Reimúndez lembraba en dito pleno que “é o momento de destinar recursos aos maiores do municipio para favorecer a participación social, previr a dependencia e promover o envellecemento activo”. Apenas quince días despois do pleno Sada ofertou talleres de Tai-Chi, Reforzo da memoria, Ximnasia Terapéutica, Pintura, Restauración e como novidade o obradoiro de Memoria “Sada non tempo”.

Comentarios (0) - Categoría: Grupo Municipal - Publicado o 14-06-2017 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
En defensa dos avances sociais
Das críticas do PP, resulta evidente que de non ser polo goberno presidido polo BNG Sada non tería hoxe un Centro de Día para maiores así como a mellor ofertade escolarización pública para nenos e neas da comarca da súa categoría.

O BNG tivo que expropiar terreos para a construcción da escola infantil e o centro de día porque aa desastrosa política do PP nos 24 anos anteriores non foiquen de conseguir terrenos públicos para dotacións, a pesar de que Sada duplicou neses anos a construción urbanística e polo tanto a posibilidade de adquirir terrenos.

O PP estivo en contra destas melloras sociais desde o minuto cero, primeiro alimentando xunto con outros, a idea de que non se podía levar para "a aldea" o centro de día nen a escola infantil e despois participando nunha bochornosa campaña de desprestixio das obras cunha mina de auga que supostamente trasscurria por debaixo dos edificios, cuestión demostrada falta pero que ocupou páxinas de xornais día tras días.

O valor da exporpiación foi o determinado pola equipa técnica naquela altura. Por outra parte, como é habitual no caso de reclamacións por parte do propietario o xurado de expropiación elevou o prezo de expropiación. Modificación que non supón ningunha irregularidade.

No BNG mostrámonos orgullos de ter cumplido coas espectativas plantexadas a todo goberno nacionalista e progresista: que traballe para mellorar o benestas das personas. Neste caso poñendo a disposición dos e das sadenses 40 prazas encentro de día ( o PP en 24 anos non puxo ningunha) e 80 prazzas de Educación Infantil, duplicando as existentes ata o momento.

O goberno presidido por Abel López Soto culminou con éxito un proceso que dotou a Sada de dúas obras moi demandadas pola cidadanía e puxo a disposición dos sadenses nos catros anos de goberno tantas prazas como o Partido Popular nun cuarto de século.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2017 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG Nacional pide a demisión do actual equipo de dirección da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas
En nome do Grupo de Traballo LGBTI do Bloque Nacionalista Galego (BNG), exixo desculpas públicas por parte do actual equipo de dirección da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas e a súa dimisión inmediata tras as declaracións homófobas vertidas por Eduardo Lorenzo Martínez, secretario e tesoureiro da Asociación, no seu artigo titulado La homosexualidad es pecado publicado no Xornal Mariñán onde describe as persoas LGBTI como "engendros, andróginos y estrógenos con patas" e mesmo chegando a acusalas de seren “éticamente en un plano más elevado que el bestialismo o la pedofilia”.

Lonxe de condenalas, o propio Presidente da Asociación e director da publicación, Bernardo Valiño, apoia as opinións expresadas no artigo que cualifica de “valente e correcto”, engadindo que falar de “maricones ostentosos” non é insultante, segundo recolle La Opinión da Coruña (31/05/2017).

O autor confunde a liberdade de expresión coa incitación ao odio e á discriminación en clara vulneración da Declaración Universal de los Dereitos Humanos, o artigo 14 da Constitución española e a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Por todas estas razóns, exixo a dimisión inmediata de todo o equipo de dirección da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas e unha desculpa pública pola súa parte.

Robert Neal Baxter
Coordinador do Grupo de Traballo LGBTI do Bloque Nacionalista Galego (BNG)
En Santiago de Compostela a 1 de Juño de 2017

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2017 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG DE SADA ESIXE A DIMISIÓN INMEDIATA DO EX-ALCALDE ERNESTO ANIDO
Pleno 2013 onde se aprobou a contratación da coordenadora cos votos en contra do BNG e PSOE
O nome da nosa vila volve ser centro de atención informativa asociado á corrupción, prevaricación e malas prácticas do Partido Popular de Sada, neste caso pola Contratación da Coordinadora cuxa ilegalidade o BNG de Sada leva denunciando desde 2013 e que hoxe a xustiza respalda.

Os delitos do PP son algo xeneralizado en Galicia e no resto do Estado. Porén as acción levadas a cabo non son iguais en todos os cancellos. Mentres o ex alcalde do Porriño ven de dimitir como concelleiro tras a apertura do Xuizo Oral, Ernesto Anido limitouse a solicitar a sua baixa do Partido Popular mantendo o seu sillón no consistorio.

Desde o BNG de Sada instamos ao señor Anido a presentar a súa demisión como concelleiro e, de non facelo, instamos ao Grupo Municipal do PP a tramitar a súa expulsión do seu grupo.

O cargo de concelleiro é incompatible cuns feitos tan indignos como a prevaricación da que desde a Fiscalía e a acusación particular defenden contra o ex alcalde. Unha indignidade que avergoña a veciñanza de Sada. Polo que a sua dimisión debe ser inmediata xa que desprestixiar a actividade pública.

Neste contexto de corrupción sistémica onde o partido que goberna con maioría absoluta en Galiza e no Estado se teña financiado de xeito irregular e dunha forma perfectamente planificada non non pode sorprender a mensaxe de limpeza que se pretende transmitir desde o PP sexa só unha nova mostra da súa hipocresía e falta de ética política.

Porén desde o BNG denunciamos e denunciaremos o obsceno das prácticas do PP que lle reportaban beneficion personais aos seus afíns mentres executan recortes brutais sobre o pobo.

Así as cousas, desde o BNG de Sada reiteramos a petición de dimisión de Eernesto Anido cuxa permanencia no consistorio só viría a reafirmar o o falso da eslogan electoralista de tolerancia cero contra a corrupción do Señor Feijoo, dando mostra dun cinismo político de dimensións incalculables que a cidadanía non merece.



Consello Local do BNG Sada
Sada, a 10/05/2017

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade local - Publicado o 10-05-2017 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito das negociación sobre as mudanzas no PXOM
pxom sada de Lara Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría: Actividades en Sada - Publicado o 05-05-2017 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
O PXOM DE SADA MELLORA COAS APORTACIONS DO BNG
A asemblea local do BNG de Sada ratificou onte o acordo cos outros dous grupos que conforman o goberno municipal de Sada en relación co PXOM. O preacordo foi pechado o pasado martes mais houbo unanimidade entre todos os partidos do goberno en evitar facer declaracións ata que as asembleas e militantes coñeceran a proposta. Acordo incumprido o mesmo día por Sadamaioria filtrando á prensa un acordo que aínda non era tal pois non contaba coa aprobación das organización que asinarán.

O acordo pretende facilitar a continuidade na tramitación dun plan que iniciou o propio BNG no goberno en coalición co PSOE e que culminará unha vez que a Xunta de Galicia o aprobe definitivamente.

O BNG conseguiu aforrar aos sadenses preto de 200.000 €, que de non ser pola iniciativa dos nacionalistas, irían parar aos petos da familia franco. A casa das cunchas e demais edificacións quedan en solo rústico e polo tanto excluídas do sistema xeral de espazos libres que propoñía Sadamaioria

Esta nova por si soa xustificaría plenamente a a negociación propiciada polo BNG e celebramos que Sadamaioria cambiara no último momento a súa pretensión. Pero hai outras melloras aportadas pola iniciativa do BNG coa a facilitación de continuidade da fabrica cerámicas do castro ao restrinxir os usos deses terreos á produción cerámica.

Lamentamos que non se aceptara a proposta do BNG de incrementar a superficie de edificación nas parroquias do 25% ao 30%, pero sen embargo si se acordou a proposta do BNG, mellorar a situación de Carnoedo e Veigue cun réxime transitorio en tanto non se aproban os plans especiais previstos.

Tamén se acordou a proposta do BNG que quedara fóra do ámbito do PP Sector 3 Camiño da Braña a parte da superficie do SLEL 06-16 que se incluía no Documento de aprobación definitiva.

Para o BNG quedan cuestións como As Brañas, o Túnel de Fontán ou outras actuacións que aínda que non son do noso agrado, a responsabilidade de lograr un acordo para que Sada teña un PXOM que leva 9 anos tramitándose, prevaleceu e situouse por encima de situacións puntuais moi mellorables

A asemblea Local felicitou ao grupo municipal pola súa capacidade para lograr un acordo moi positivo para Sada que abarata o PXOM en preto de 200.000 €

O BNG lamenta a falta de acordo noutras cuestións pero seguiremos a defendelas como historicamente o viñemos facendo. A alternativa á conexión do porto que non implique a realización do túnel que arrasaría un lugar de interese patrimonial, ambiental e paisaxístico ou a redución de espazos inundables na zona das Brañas seguirán a formar parte do noso traballo político no futuro.

Por último adiantamos que de acordo a nosa vontade de transparencia, a vindeira semana comezaramos unha campaña informativa sobre o PXOM a través da reedición da publicación histórica do Bloque nesta localidade, o Forabolas, así como a organización dunha charla aberta ao pobo onde explicaremos o Plan, a nosa postura e tentaremos aclarar as dúbidas que poidan ter a veciñanza ao respecto.


Consello Local do BNG Sada

Sada, a 05/05/2017
Comentarios (0) - Categoría: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL - Publicado o 05-05-2017 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
CONSIDERACIÓNS SOBRE O DOCUMENTO DE PXOM PARA A APROBACIÓN DIFINITIVA
A Orde do 30 de Xaneiro emitida pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 30 de xaneiro de 2017 obrigaba a realizar unha serie de cambios no PXOM que a equipa redactora da por subsanados, máis dunha análise superficial da documentación que se nos aportou, por certo, con pouco tempo para ser estudada, permite observar multitude de cambios non atribuibles ás indicacións da Xunta, algúns deles apuntámolos a continuación:

1.- Urbanización do Fiunchedo. En contra dos razoamentos legais e conclusións dun informe da Deputación asinado por un Técnico competente, a Urbanización do Fiunchedo, que no documento de aprobación provisional (DAP) contemplábase como unha Area de planeamento remitido (PERI D2.5), sen embargo no documento para aprobación definitiva(DAD) legalízase co paso directamente a solo urbano SU-5, sin que exista ningún informe que avale esa decisión.

2.- Na Urbanización de Sadadarriba que no DAP figuraba un vial de conexión para evitar o actual en fondo de saco, no DAD desaparece a conexión e mantense o fondo de saco.

3.- En Soñeiro auméntase significativamente o Solo Industrial con novos polígonos non contemplados no DAP e pola contra redúcese a superficie dalgúns dos existentes. Tampouco se ofrece explicación convincente a eses cambios cando se aumenta de 349.839 m2 a 650.466 m2 a superticie total e se incorporan tres novos polígonos.

4.- A situación na que o PXOM deixa á parroquia de Carnoedo, sobre todo na zona norte máis próxima á costa, Chan da Aldea e zonas limítrofes é inasumible

5.- O mesmo acontece coa parroquia de Veigue, particularmente desde a estrada Sada Mera cara ao mar. Nestes dous casos o PXOM que se presenta penaliza a estas dús parroquias considerablemente

6.-Obsérvanse cambios na superficie do SXEL 06-33b, no espazo libre de Castelo, no aparcamento da praia de Cirro, entre outros, sin que a Orde da Consellería impuxera ningún deses cambios.

7.- Sen embargo non hai cambios no SXEL que linda co Pazo de Meirás e para o cal o BNG propuxo a súa supresión e que os terreos quedaran como solo rústico ao igual que os que quedan ao outro lado da estrada. A argumentación esgrimida de que non se pode variar choca frontalmente coa realidade doutros cambios que sí se fixeron no PXOM sen motivos xustificados que o BNG coñeza.

8.- Os terreos onde se atopan as edificacións de Cerámicas do Castro, que no DAP figraban como SNR-3 e vinculadas a un PEONR, quedan no DAD excluídos de calquera Actuación Integral e pasan directamente a Solo Urbano SU-4.

Sen dúbida é unha gran axuda para a empresa que ten á venta un edificio de 5 plantas que incluso coa actual redacción das normas podería ter outros usos.

Mais sin entrar noturas consideracións, esa condescendencia cos intereses da empresa, non se produce con outras empresas do Concello. Na parroquia de Meirás, por exemplo, a empresa Tumbadoiro S.L, con máis de 20 postos de traballo directos e unha importante facturación, queda fóra de ordenación e os terreos nos que se asenta teñen a calificación de solo rústico. Probablemente teña que abandoar Sada, cando a situación urbanística de partida na construción das naves é similar nos dous casos.

9.- A parcela mínima en Solo de Núcleo Rural Histórico increméntase de 436 m2 no DAP a 600 m2 no DAD, o que produce unha variación sustancial que afecta a moitas propiedades

10.- O mesmo ocorre coa parcela mínima do Solo de Núcleo Rural Común, que pasa de 874 m2 no DAP a 800 no DAD. É dicir, a práctica totalidade do solo de núcleo rural está afectado polos cambios realizados sin que houbese ningunha explicación pública desde o goberno municipal.

11.- Existen moitas fincas que no DAP figuraban como Solo Rústico(SR) e agora pasan a ser edificables calificadas como NRC, sin que ese cambio teña nada que ver coas observacións da Dirección Xeral.

En Trasín- Mondego, finca en SR pasa a NRC

En Vertín-Mondego, finca en SR pasa a NRC

Na Lamela, finca en SR pasa a NRC

No Tumbadoiro- Meirás fincade SR pasa a NRC

12.- Tamén se producen cambios de fincas que no DAP estaban calificadas como solo de núcleo rural común(NRC) e pasan a solo de núcleo rural histórico(NRH)

En Riobao, finca en NRC pasa a NRH

A Cova, varias fincas de NRC pasa a NRH

13.- En algúns casos, fincas calificadas no DAP como solo de nucleo rural común deixan de ser edificables no DAD ao ser clasificadas como Solo Rústico

Riobao, finca que pasa de NRC a SR

O Castro. Varias fincas pasan de NRC a SR

As Valias, finas de NRC pasan a SR

Mandín, finca de NRC pasa a SR

Coiro, fincas de NRC pasan a SR

AS Valías, finca de NRH pasa a SR

Coiro, fincas de NRH pasan a SR

En Castelo, no lugar de Souto finca NRC pasa a SR

14.- Amplíase a superficie no ámbito da urbanización A Braña

Ningún dos cambios sinalados teñen que ver cos máis de 60 requeridos pola Orde 30 de Xeneiro, polo que estamos diante dun PXOM moi diferente ao aprobado provisionalmente, que para o BNG xa tiña eivas moi importantes:

Seguese reducindo a superficie de absorción nas Brañas permitindo a continuación, con lixeiras variantes, das fases do Plan Parcial do ano 1990 que tanto denostamos e construindo nesa zona inundable un tanque de tormentas soterrado para augas residuais.

O PXOM aprobado provisionalmente xa permitía legalizacións de edificacións impropias dun goberno formado por progresistas e nacionalistas, así como o trazado do vial de conexión coa vía ártabra co que sempre mantivemos posturas críticas nalgúns aspectos. Con todo, demos a nosa aprobación no seu día para non deter a tramitación dun PXOM ameazado pola aparición de nova normativa.

Agora propónsenos ademáis, a aceptación sin posibilidade de modificación dun novo documento, con cambios significativos e que non recolle as demandas plantexadas polo BNG.

Descoñecemos quen formulou as propostas de cambio que se introducen, o que sí indicamos -e para que para que a nosa postura sexa coñecida antes incluso da celebración da Comisión Informativa- que ese documento, tal como se nos presentou, non contará co noso voto favorable.

Sada, a 16/04/2017



Comentarios (0) - Categoría: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL - Publicado o 21-04-2017 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
A LONGA TRAXECTORIA DO GALEGUISMO POLÍTICO EN SADA
No centenario das Irmandades da Fala

A LONGA TRAXECTORIA DO GALEGUISMO POLÍTICO EN SADA

Manuel Pérez Lorenzo










Neste ano 2016 conmemórase o centenario dun fito fulcral na historia contemporánea de Galicia. En plena Guerra Mundial, apenas un ano antes da Revolución Rusa, a cidade da Coruña asiste ao nacemento das Irmandades da Fala. Pouco despois, en 1918, o Manifesto de Lugo definía con claridade rotunda ao noso país como nación, xa que logo lexitimada a perseguir as súas aspiracións de autogoberno. E os homes e mulleres das Irmandades, en correspondencia lóxica, asumían o apelativo de nacionalistas.
Mais o nacionalismo, que arrincaba daquela a súa andaina, pertence a unha tradición aínda máis longa: a dos movementos que reivindican Galicia como suxeito con identidade propia e coa necesidade, polo tanto, de ter unha expresión política desa identidade. Movementos que, no noso concello, teñen tamén unha longa traxectoria.
Temos que remontarnos á mediados do século XIX para albiscar a figura de José María Montes Rouco, avogado, xornalista e escritor de firmes conviccións democráticas e galeguistas. Pertence á xeración de Antolín Faraldo e dos provincialistas, a primeira que realiza unha crítica sistemática das políticas centralistas ao tempo que reivindica a unificación administrativa de Galicia con institucións propias; unha xeración que apenas empregou aínda o galego na escrita. Montes, precisamente, escrebe toda a súa obra coñecida (poesía, teatro e ensaio xornalístico) en castelán, mais vai defender en diversos textos a valía do galego como lingua vehicular en calquera ámbito. No ano 1882, concluía un dos seus poemas co seguinte alegato en defensa da lingua (El Eco de Galicia, 15/10/1882):

En regios labios impera
En nuestra pasada era,
Y más que en labios de reyes
Brilla tu habla lisonjera
En nuestras vetustas leyes.

Con ella fama alcanzaron
Nuestros ínclitos mayores,
Con ella su fe juraron
Cuando de extraños señores
Esta tierra rescataron.

Tierra de escasa fortuna!
Tierra de inmenso valor!
Tierra de preclara cuna!
Tierra esclava del dolor!
Tierra libre cual ninguna!

Gallegos! En nuestra vida
No tuvimos nunca mengua,
Que es su honra sin medida...
Tenemos la frente erguida...
Y ¡olvidamos nuestra lengua!


José María Montes, natural de Osedo, sería alcalde de Sada en varias ocasións e, de feito, falecería ostentando o cargo no ano 1892.
De Sada é tamén unha figura clave na historia do nacionalismo galego. Unha desas figuras simplemente imprescindibles, por ter un sentido cívico, un entusiasmo e unha valentía desbordantes que o levaron a ser o primeiro, o pioneiro, en case todas as facianas da súa traxectoria. Falamos de Manuel Lugrís Freire que, nacido na praza de San Roque no ano 1863, sería o primeiro orador político contemporáneo en galego, creador da primeira publicación periódica de América en galego, autor da primeira novela escrita integramente en galego, da primeira peza do teatro galego en prosa ou da primeira gramática do galego redactada na nosa lingua. Lugrís foi tamén fundador e presidente de institucións como a Real Academia Galega e a propia Irmandade da Fala da Coruña, na que tivo un papel relevante. Precisamente, a el se lle debe o seu himno, que enxalzaba o idioma:

Na fala gallega vive
a ialma da nosa terra,
a redención de Galicia
nos seus acentos latexa.
Pobo que o seu verbo esquece
é traidor á natureza,
como irmáns todos falemos
a nobre fala gallega.


Da man de Lugrís e do seu curmán, o xornalista sadense Manuel L. Freire-Calvelo, chegaría a obra patriótica das Irmandades a Sada, coa celebración de diversos actos que incluían representacións teatrais en galego e actuacións de corais, concluíndo coa interpretación do Himno de Pondal e Veiga. No ano 1922, ambos Freires escollían (canda a Luís Peña Novo e ao mozo de Sada Román Balbís, entre outros) o escenario bucólico do castelo de Fontán para reunírense coa finalidade de constituír na nosa vila unha “Mocedade da Fala” e organizar un gran acto nacionalista.
No ano 1926, xa en plena ditadura de Primo de Rivera, aparecía en escena a organización xuvenil Mareiras, que levaba por nome o título dun dos dramas de Lugrís ambientados en Sada e tiña por finalidade esparexer o ideal nacionalista a través da cultura e do ocio. Daquela había xa catorce anos que chegara a Buenos Aires Ramón Suárez Picallo, agora unha das principais figuras do sindicalismo porteño e un dos referentes do nacionalismo galego de alén mar. Ramón visitaba entón a súa vila natal e era recibido polos rapaces de Mareiras no seu local, tal e como el mesmo recollería:

Unha lus de carburo alumeaba un salonciño donde había unha mesa con libros, xornais e revistas galegas, e na parede, como nun altar a bandeira galega, ca fouce, co remo atravesado e coa estrela. Debaixo esta lenda: “Mareiras”. Xuntanza Nacionalista dos rapaces mariñeiros de Sada. Cando souperon quen eu era, puxéronse de pé e relixiosamente, cantaron o Himno Galego. As súas facianas, aínda non poboadas polo bozo, máis xa tostadas polo vento e polos salseiros, na dura brega de arrincarlle a o mar o bocado de pan, conquerían coa canción da Patria, tal xeito de tenrura que me dou gana de os bicar (“Os novos. Manoel L. Freire-Calvelo”, Céltiga, 25/11/1926).


En torno a Mareiras, da man de Freire-Calvelo e baixo as poderosas influencias de Lugrís Freire e Suárez Picallo, irase configurando un grupo de persoas de conviccións nacionalistas que, coa chegada da II República adquirirán un notable protagonismo político. De feito, nada máis instaurarse o novo réxime, Sada terá un alcalde nacionalista: Justo Rodríguez. Mariñeiro retornado da emigración norteamericana, nun mitin en xuño de 1931 ameazará ao Estado español coa insubmisión fiscal. Desde a tribuna do Salón Moderno proclamaba que “si el Estado Español no reconocía la Autonomía de Galicia, el municipio de Sada se declararía en rebeldía, no tributando ni cinco céntimos a las cargas del Estado central”.
Pero, ademais dun alcalde nacionalista, Sada vai contar cun deputado nacionalista nas Cortes. Suárez Picallo, retornado de América, resultaría electo en 1931 e en 1936, trasladando ás altas instancias moitas das problemáticas cotiás que aflixían ás veciñas e veciños do seu pobo, como as carencias en vías de comunicación ou a necesidade da construción dun porto de refuxio.
Suárez Picallo tiña conciencia clara de cómo debía desenvolverse a acción política do nacionalismo, e así o expresara xa no ano 1928:

A causa galeguista debe chegar ao seo mesmo do pobo galego. E alí non chegan os homes de gabinete falando de prehistoria, de arqueoloxía, de atlantismo, do senso modernista dos nosos poetas líricos. Estes homes cuia laboura escrarecida, silenciosa, árida polo mesmo que non ten máis que contadas voces de estímulo, merece o noso máis devoto respeto; chegarán ao pobo previa a faena de esbrozamento dos homes de acción que son por excelencia os homes políticos. A verba galeguista ten de chegar a aldea falando da importación do millo, da baixa do gando, da supresión dos laudemios, da extensión da cultura popular, dos dereitos do que traballa pra administrar o froito do seu esforzo, da moura concencia caciquil, da premisa de que pra Madrid vai todo, e que de Madrid non vén a Galicia máis que disgustos, de que o Aiuntamento non debe ser unha cousa estrana, nemiga, senón, a xuntanza de toda a vecindade pra mellor ordear a vida de relación. Todo esto remollado con gabanzas ao noso idioma, ás nosas grorias pasadas e presentes, ao traballo ceibe que engrandece e a libertade que dinifica. Todo eso é política que nada ten que ver coa “outra” política –a política do adro onde se merca e se vende a concencia e o dereito, por un codelo de molete e unha cunca de viño− política galega que soio os galegos, con vistas a Galicia e non a Madrid, podemos facer, debemos imperiosamente facer. E pra facela fai falla un vehículo específico e único. Un partido político. Non se espanten os antipolíticos, que paradoxicamente serviron sempre a os peores politiqueiros, sempre que fosen do Aiuntamento. Entendemos por política toda obra coordinada tendente a conquerir un fin común de ben prá colectividade onde se actúa (“Política Galega”, Céltiga, 25/07/1928).


Nese labor, tería Suárez Picallo un aliado excepcional en Sada: o seu irmán Xohán Antón. Catorce anos máis novo que el, desenvolvería nos anos 30 unha actividade prolífica en diversos ámbitos: crea asociacións culturais e sindicatos agrarios, coordina o Grupo Local do Partido Galeguista en Sada, acadando unha importante implantación social, e funda outras agrupacións locais na comarca, exercendo como representante da mesma no Consello Nacional do PG. Xohán Antón imprime a todas as súas actuacións un signo nacionalista: consegue ligar a solución das problemáticas da xente da súa contorna á resolución da cuestión nacional galega. En Meirás, por exemplo, intervén con protagonismo notable nun conflito agrario que motivara o despoxo de varias familias labregas, privadas das súas terras de cultivo. El, nos seus artigos en A Nosa Terra e El Pueblo Gallego, vinculará a resolución do problema da propiedade da terra á posibilidade de que Galicia conte con soberanía política:
este é un problema de grande envergadura, que requer […] dunha lexislación axeitada […]. Un Banco Agrario, facilitándolles cartos a baixo intrés para facerse coas terras, ten de ser base da soluzón del, e esto amigos de Meirás está algo lonxe, tan lonxe coma poida estar a realidade política galega, unha política galeguista e un réximen autonómico. Outra cousa son panos quentes que alivian mais non curan (“Resultados da Lei de Arrendamentos Rústicos”, A Nosa Terra, 29/06/1935).


A sublevación militar de 1936 remataría cos proxectos de Xohán Antón e coa súa propia vida. Logo, catro décadas de ditadura quixeron borrar da memoria para sempre un pasado de loita polos dereitos nacionais do pobo galego. Pero en Sada o nacionalismo conseguiu arraigar de novo, erixíndose o BNG en primeira forza política e chegando á alcaldía da man de Abel López Soto.

Hoxe asistimos a un proceso de desgaleguización do discurso político. Un proceso no que Galicia, os seus problemas e necesidades propios, cada vez están menos presentes nos medios de comunicación e no discurso das organizacións políticas. Un proceso no que cada vez Galicia ten menos peso na balanza do Estado. Conforme avancemos nese proceso de autodestrución, con máis motivo teremos que volver a vista atrás para ollar a obra iniciadora e entusiasta das Irmandades da Fala.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-12-2016 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA Isabel Reimundez (BNG). Concelleira Benestar Social e Igualdade

Sólo lleva 15 meses en el ayuntamiento pero las ganas y la alegría que desprende Isabel Reimúndez hace que su entusiasmo y concienciación llegue a los ciudadanos cada día. A pesar de su juventud sus propuestas son bien acogidas por los vecinos y por todo el variopinto gobierno municipal. Actualmente ha conseguido que la igualdad y la lucha contra la violencia de género en Sada se tome con seriedad y está llevado acabo cuatro estrategias: talleres que fomenten la igualdad en los centros educativos, la andaina solidaria, “Sada en negro” y la campaña popular “Lazo Blanco”. En especial los dos últimos proyectos son la primera vez que se realizan en la localidad.

- ¿Cómo llegó a la política?
- Siempre estuve vinculada al Bloque Nacionalista Gallego, desde pequeña fui militante de Galicia Nova, estuve un tiempo en Inglaterra y al volver siempre tuve contacto. Me llamaron para ir de número 2 en la listas y les estoy muy agradecida, sobre todo, por la confianza depositada en mi. No lo esperaba, a través de una Asamblea Abierta se me propuso. Al principio, como era muy joven estaba muy insegura pero las personas con experiencia del partido, con su respaldo en todo momento y su consejo, cada día estoy más segura de lo que hago.

- ¿Cómo está resultando el trabajo con el tripartito?
- Está yendo bien, siempre digo que es muy difícil en una relación de pareja mantener una convivencia entre dos personas, entre grupos políticos ocurre lo mismo. Pero bueno, a nivel local tenemos que tener claro las líneas de actuación y trabajar por el consenso, pues estamos aquí para mejorar las cosas.

- ¿Cree que están mejorando las cosas en el ayuntamiento?
- Sí, creo que cada uno en su área está trabajando de forma libre y con comodidad. Además, por ejemplo, estamos trabajando ya en los presupuestos del año que viene y como punto de partida todos los grupos políticos tenemos claro que hay que mejorar las partidas económicas para los servicios sociales, educación, y en sanidad.

- ¿En que áreas vais a reducir la cantidad de dinero?
- Tenemos un remanente de 2 millones de euros, no se le quita a ninguna concejalía, si es verdad, que en la anterior legislatura se creo una partida de 70.000 euros para una coordinadora y todavía está en un proceso judicial, y con ese dinero se pueden hacer muchas cosas. Nuestra intención es gestionar el dinero de una manera más razonable, sobre todo, con las personas que más lo necesitan.

- ¿Entonces, te ves cercana a las otras concejalías?
- Sí, porque vamos por el mismo camino, nunca he tenido ningún problema ni con el alcalde.

- ¿Cuál es su opinión sobre las autonómicas de septiembre?
- Para nosotros como BNG nos han dado una dosis de energía porque las estadísticas nos daban por muertos y sólo hemos perdido un escaño; asimismo, con la época de renovación que estamos teniendo en Sada con una persona nueva como responsable local como es Laura Rodríguez, con una imagen fresca de una persona cercana, estamos en un periodo muy positivo. Además el 18 de diciembre vamos a tener un encuentro abierto a toda la ciudadanía con Ana Pontón para conmemorar las Hermandades da Fala.Estamos muy contentos, aunque siguen siendo pocos votos, porque hemos tenido mucho más apoyo ciudadano antes, pero hemos resurgido, Ana Pontón ha hecho una campaña electoral muy buena en unas circunstancias difíciles. Pertenezco a un partido, como dicen, de la vieja política, y tengo claro que tiene una trayectoria y las bases claras, en las Mareas no sé donde confluirán las líneas de actuación.

- ¿Políticamente hablando, cuáles son sus metas para esta legislatura?
- Una de mis metas como concejala es crear la mesa local contra la violencia de género. Sería trabajar en una mesa común con varios sectores, las fuerzas de seguridad de estado, una técnica de igualdad, representaciones de las Ampas de los colegios, servicios sociales, diferentes profesionales y el ayuntamiento.
Ya se está haciendo en otros ayuntamientos y queremos crear un protocolo contra la violencia de género, y también colaborar con otros municipios.
Tenemos muchos proyectos, pero hace falta tiempo, llevamos aquí ya 15 meses y los trámites son lentos porque la administración pone muchas trabas. Llegamos con ímpetu y nos paran un poco los pies.

- ¿Por qué han concedido a su concejalía más dinero en los presupuestos del 2016?
- Nosotros somos un gobierno de izquierdas, y la verdad, aunque somos un tripartito sí que llegamos los tres a un mismo consenso en el que la concejalía de bienestar tenía un presupuesto prorrogado desde el 2012 y que las circunstancias no son semejantes en la actualidad. Con los gastos de intervención de emergencia social estaba muy corta la partida de dinero y la aumentamos en 53.000 euros para que nadie se quedara sin ayudas para alquiler, o alimentos, o cualquier tipo de gasto que no pueda asumir una familia o cualquier sadense.

- ¿En el servicio de ayuda en el hogar habéis sumado 75.000 euros?
- Sí, porque en este caso hay dos vías, por un lado, dependencia que deriva de la Xunta, y por otro lado, el de libre concurrencia que lleva el ayuntamiento. Sumamos esta cantidad para asumir a todos aquellos usuarios que no tienen cabida en la ley de dependencia. En Sada no había suficiente dinero destinado a asuntos sociales, y lo que más falta es personal cualificado. Aquí estamos más atados de manos, porque por la ley de racionalización no se pueden crear puestos, y lo que hemos intentado es que las partidas de dinero destinadas a estas personas sean más altos.

- ¿También éste año hay más en envejecimiento activo?
- También porque la demanda es mucho mayor, y no podemos ofrecer unas actividades y que exista una lista de espera de 30 personas. Este mes se crearon 3 grupos nuevos de 3 actividades; también me podría ir contenta, sí aumentamos la programación.

- ¿Sobre los proyectos de la violencia de género e igualdad que espera a “grosso modo”?
- A nivel municipal es difícil sensibilizar, pero en lo relativo a que la gente se movilice y participe ha sido un éxito.


Entrevista para El Mariñán http://www.elentornometropolitano.com
Comentarios (0) - Categoría: Grupo Municipal - Publicado o 29-11-2016 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Ver mapa más grande