|
|
|
|
| As sete mesas electorais |
|
Mesa: Centro Social da Terceira Idade (apelidos A a J)
(veciños censados na parroquia de San Martiño)
censo 694 persoas, tivo 560 votos, o 80´69%
390 PP
92 PSOE
68 BNG.
6 nulos
4 en branco.
Mesa: Centro Social da Terceira Idade (apelidos L a Z)
censo de 931 electores, tivo 745 votos, o 80´02%
489 PP,
146 PSOE
94 BNG
11 nulos
5 en branco.
Mesa: Escola de Montefurado
Censo de 265 electores, tivo 210 votos, o 79´24%
166 PP,
24 PSOE
19 BNG,
1 nulo.
Mesa: Cantina Bonifacio, de Vilar de Lor
(veciños do Lor alto e do Lor baixo)
censo 275 votos, 77´68%
200 PP,
48 PSOE,
25 BNG
2 nulos.
Mesa: Casa de Luís González
(veciños censados da zona dos Novaes)
Censo 294, tivo 255 votos, o 86´73%
191 PP
51 PSOE
11 BNG
2 nulos.
Mesa: Casa de Cultura
(parroquias da Hermida e do Nocedo)
234 votos
165 PP,
50 PSOE,
18 BNG
1 en branco.
Mesa: Escola de Santa Cubicia,
(parroquias de Hospital e de A Seara)
censo 730 persoas, tivo 590votos, 80´82%
400 PP
116 PSOE
68 BNG
3 en branco
3 nulos.
|
|
|
|
|
| BNG sube, PSOE mantense, PP baixa. |
|

O Bloque de Quiroga desexa agradecer aos seus votantes a confianza depositada na nosa formación. Este foi un paso moi dificil pero moi importante no camiño a un futuro goberno do BNG que trasforme a vila e aldeas e dinamize os sectores productivos básicos.
O BNG de Quiroga volve a ter vida institucional no Concello de Quiroga e cos 303 votos acadados con liberdade bátese o record hístorico de votos ao nacionalismo no noso Concello sendo o BNG a única formación que subíu en votos.
En comparación coas éleccións do 2003 o BNG acada 64 votos máis mentres que o PSOE perde 2 votos e o PP 359 votos. Éstos resultados fan que o PP perda un concelleiro que gaña o BNG. O PSOE mantense.
Parabéns ao candidato e veciño Ánxel R. Losada que defenderá os intereses de todos os quirogueses fronte a prepotente discrecionalidade do goberno desgastado,unipersonal, agotado e sen proxecto de Julio Álvarez, quen tamén perdeu a Diputación de Lugo.
É importante sinalar que ainda que a diferencia de votos entre o PP e o BNG de Quiroga a día de hoxe é moi grande todo se debe á unha descarada manobra de carretaxe de persoas maiores que realiza o PP quirogués na xornada electoral. Mentres uns coches fan as viaxes outros destacados homes do PP local se encargan de ir controlar no censo que veciño falta por votar. Á vez un grupo de afins e apoderados do PP intimidan e coaccionan o voto coa súa presencia á entrada do colexo electoral. Esto é o que sucede en mesas como a dos Novais na que chegou a haber ata 14 persoas esperando os coches do carretaxe. Aquí o BNG so tivo 11 votos libres fronte aos 191 do PP. Ir a votar así non é democratico porque é unha estratexa baseada no medo por eso o BNG de Quiroga artellará medidas para que esto non volva a suceder nunca máis.
Quitando esta tradicional nota intimidatoria e reprobabel a xornada electoral transcurríu con normalidade nas mesas e o BNG celebrou o éxito acadado na súa sede da rúa Real. Esta vez o PP non tirou bombas.
Resultados:
censo 4288
2001 votos PP
527 votos PSOE
303 votos BNG
21 votos nulos
15 votos en blanco
33,14% abstención
Concelleiros: 8 PP, 2 PSdeG-PSOE, 1 BNG
|
|
|
|
|
| VOTA BNG , VOTA Ánxel Rodríguez Losada |
|
 |
|
|
|
|
| Hai debate na TV local? |
|
O BNG de Quiroga propónlle ao actual alcalde de Quiroga que xestione e autorice na televisión pública local un debate cos tres candidatos á alcaldía nestas eleccións.
O BNG considera de sempre que a televisión local ten que deixar de ser un medio de comunicación propagandístico dun partido, sexa cal sexa, para pasar a ser un medio informador veraz e con noticias locais de interese real para a xente da comarca.
Polo tanto o BNG propón este debate cos tres candidatos sin censuras para que podan explicar e defender os seus proxectos de futuro para a cidadanía.
|
|
|
|
|
| A candidatura do BNG. A mellor. |
|

1. DON ANXEL RODRIGUEZ LOSADA (Traballa no Servizo contra Incendios da Xunta)
2. DOÑA MARIA CARME SANTOS RIVERA (Estudou Quimicas rematando o primeiro ciclo)
3. DON XOSE FERRIN MOURELO (Técnico do 061)
4. DOÑA IRIA RODRIGUEZ MACIA (Estudante de Filoloxía)
5. DON XAVIER CASTRO MARTINEZ (Avogado)
6. DON MANUEL ALVAREZ FERNANDEZ (Profesor do IES de Quiroga)
7. DOÑA MARIA ISABEL DOMINGUEZ FOLLA (Ama de casa)
8. DON LORENZO MATEO CAO (Traballador)
9. DON ALVARO RODRIGUEZ GONZALEZ (Artesán)
10. DON MANUEL GARRIDO FERNANDEZ (Traballador)
11. DON XOSE ESTEVEZ RODRIGUEZ (Doutor en Filosofía e Letras)
SUPLENTES
1. DON EUXENIO ANTONIO RODRIGUEZ RODRIGUEZ (Arquitecto técnico)
2. DON XOSE RAMON RAMOS RODRIGUEZ (Traballador)
3. DON XAIME GERBOLES ALVAREZ (Autónomo)
4. DON XOSE ANTONIO GONZALEZ BARRIO (Autónomo)
|
|
|
|
|
| O catedrático Xosé Estévez pecha a candidatura do BNG de Quiroga |
|
O profesor e escritor Xosé Estévez, pecha a nosa candidatura. Este ilustre quirogués naceu no noso concello en 1943 e hoxe traballa en Euskadi.
Diplomado en Estudios Eclesiásticos. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Doutor en Filoasofía e Letras pola Universidad Deusto, dea que é profesor de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999. Desde o ano 1973, en que recalou no País Vasco, exerce tamén a docencia como profesor titular de FP- 2 e de Bachiller LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación "Kutxa".
Preside a Asociación Cultural Daniel Castelao. Os Centros Galegos de Euskal Herria distinguírono coa "Andoriña de Prata". En 1999 recibíu o "Pedrón de Honra" pola súa labor de difusión da cultura galega en Euskal Herria. |
|
|
|
|
| Beiras falará no mitin de Quiroga o venres día 18 de maio as 19h. |
|
O vindeiro VENRES 18 de maio as 19h na CASA DA CULTURA de Quiroga o BNG fará in MITIN no que Ánxel Rodríguez Losada, como candidato á alcaldía fara unha exposición das propostas do BNG de Quiroga para o noso concello na que se fará fincapé na visión de facer política que temos on nacionalistas en Quiroga, lonxe do clientelismo e o favoritismo e practicando a defensa de valores éticos en aras de costruir unha Quiroga moderna e desenvolvida que podería estar á vangarda de moitos concellos deste país.
Unha vez máis o histórico lider do BNG, Xose Manuel Beiras Torrado, virá a Quiroga a arroupar a candidatura nacionalista. A capacidade de analise e forza comunicativa de Beiras será un motivo máis para asistir a este mitin no que arrouparemos a Ánxel Rodríguez Losada porque queremos vivir nun concello mellor.
No BNG de Quiroga estamos moi satisfeitos de contar unha vez máis coa presenza de Beiras no mitin local e esperamos nesta ocasión bater record de asistencia.
Xosé Manuel Beiras Torrado, político e economista, naceu en Santiago de Compostela o 7 de abril do ano 1936. Na IX Asemblea do BNG foi elixido Presidente do Consello Nacional (CN) desta formación, e o seu voceiro no Parlamento de Galiza. Na actualidade, logo de abandonar a presidencia do CN, encabeza unha corrente interna denominada "Encontro Irmandiño" Continúa ademais á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago.
|
|
|
|
|
| Somos alternativa de futuro |
|
O Partido Popular neste Concello xa leva moitos anos inoperativo e sen ilusión nin apoios tal como se amosou nesta lexislatura.
Pola contra é posible vivir nunha vila pensada para ti, cun goberno local que entre e con ilusión para vivir en positivo e dinamizar o Concello,
Esta é a actitude que ten o BNG. Esta é a forza que pode ter o voto en democracia. Este é o gran reto. |
|
|
|
|
| Unha nova infraestructura grazas ao BNG |
|
A antiga camara agraria, lonxe de ser derrubada, tal e como pretendían algúns, foi obxecto dunha gran transformación que artellará na nosa comarca unha delegación de xestión de servicios ao cidadádan da Consellería de Meio Rural que xestiona o Bloque Nacionalista Galego.
Esta infraestructura que terá usos varios está practicamente rematada, tal e como se aprecia nesta fotografía recente, e pretende ser ser un auténtico centro dinamizador da economía do medio rural. |
|
|
|
|
| Cea de presentación do candidato á alcaldía |
|
O pasado sabado, día 5 de maio de 2007 , os nacionalistas de Quiroga quixemos celebrar un cea para afrontar con maior animo si cabe o enorme reto que temos por diante.
Baixo o eslogan de "Quiroga, pensada para ti" tivemos ocasión de ver os cartaz de pre-campaña do alcaldable do BNG Anxel Rodriguez Losada.
Na cea aproveitouse para animar a todos crer na viabilidade dunha Quiroga mellor, avanzada, progresista, moderna e capaz de aproveitar os seus recursos.
Leuse un emotivo escrito do noso ben querido Xose Éstevez que foi aplaudido cun emotivo fervor. E para rematar Anxel pronunciou un discurso de gran calado, no que máis aló da política, abordou o tema da actidude de colaboración para solucionar os problemas que nos afectan a tod@s desde a premisa da convivencia. |
|
|
|
|
|
|
|