O BNG de Paderne quere fecilitar a todolos veciños nestas datas cheas de ledicia.
Queremos desexarvos un feliz aninovo. E que se cumpran todolas vosas aspiración para o ano que entra.
Á vez lembrarnos que hai que ir amodiño co viño, e de paso que, por que non brindar cun viño da tera de Betanzos?.
Como diría o outro (e disculpen pola expresión), carallo o alcalde acordase dos vellos despois de 8 anos. e non só para levalos de comilona.
Só despois de, e repetimos, de 8 anos, o alcalde parece atender as presións dos padernenses, canalizadas polo BNG, sobre os servizos sociais e especificamente a atención á terceira idade. Acaban de anunciar a construcción dun fogar dos maiores, ben. Algo é algo. Non é suficiente, pois claro que non. Poderá esto atender ás persoas dependentes?
A proposta do BNG nunca apostou por este chapuza. Nin centro de día, nin residencia, é unha mixtura; que pretende acallar esa demanda. Debemos traballar, e asi o seguiremos facendo, para que Paderne consiga un centro integral de maiores. Nós, o BNG prentede facer cumplir o
artigo 25 da Declaración Universal dos dereitos humanos que expresa de maneira sintética esta arela de dignidade cotiá na vida do ser
humano, de todo ser humano, cando afirma que todos e todas terán dereito a “un nivel de vida digno que lles asegure, xunto coa súa familia, a saúde e o
benestar e, en especial, a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia
médica e mailos servizos sociais necesarios”.
Eso é o que queremos, e nada máis que isto.
Dende o BNG queremos manifestar a nosa total repulsa a negativa do actual equipo de goberno por non ter facilitado un local para a presentación do último libro de Xose Manuel Beiras a asociación Roxin Roxal.
Consideramos que é incrible que esto ocurra, esto manifesta unicamente a visión que o alcalde ten da democracia. Nel queremos que recaia a culpa e a vergoña que supón que un peroseiro como Beiras non puidese acudir a Paderne a presentar o seu libro.
Dende aqui queremos recordarlle que ser alcalde dun concello non supón gobernar nel como se dunha finca privada se tratase. Este tipo de actitudes foron superadas hai 30 anos. Quizais o alcalde deste concello non é que teña actitudes totalizadoras con respecto aos locais públicas, en caso de que sexa asi queremos animalo a que lea a Constitución ou o propio Estatuto de Galiza.
Como derrardeira recomendación recordarlle que neste concello hai xente que quere aprender e ter un momento de lecer, xa sabemos que vostede non, pero non llelo negue ao resto. Que non somos todos coma vostede, grazas a Deus!!!
O concello de Paderne acaba de convocar plazas para a realización dun obradoiro de emprego de xardinería e albanelería durante 12 meses. A convocatoria solicita:
Un titor
Dous mestres
Un director
Un profesor de educación básica
un profesor de educación profesional
Un administrativo
As bases da convocatoria están expostas no edificio do concello no tablón de enuncios.ç
Animadevos a particpar por que nunca se sabe? Esperemos que non estén adxudicadas e que se vele pola prulcritude na selección.
O BNG é unha organizacin ampla e aberta, na que ten cabida calquer nacionalista que comparta os seus principios programáticos e acepte os seus estatutos.
De estar interesado en formar parte do BNG o requisito é solicitar formalmente a afiliación. O órgao competente para dar altas no BNG é o Consello Comarcal, polo que tes que solicitala ao BNG na túa localidade ou comarca.
En función da túa idade tamén tes a posibilidade de afiliarte á nosa organización xuvenil Galiza Nova (www.galizanova.org), cos mesmos dereitos no BNG.
Asi que animadevos e colaborade con nós para construir un concello melor, un país novo, en definitiva contribuir a mellorar a vida de todos/as nós.
Para contactar con nós podes chamar a:
Fran 678211851 ou 981797202
Miguel 610381191 ou 981784301
ou comunicarte por mail
bngpaderne@terra.com
Estamos lendo en diferentes xornais como o o Concello de Paderne acaba de obter unha axuda para a contratación de persoal. Nova que nos alegra por qe suporá máis emprego, pero dende o BNG de Paderne nós preguntamos cal é o sistema de selección de persoal? ´
Dende esta plataforma queremos denunciar este sistema caciquil de selección de peroal, por non basearse nos principios de publicidade e do mérito; non queremos decir que as persoas que consigan estes postos non sexan válidas, do que estamos en contra e da falta de publicidade, por que non fan unha convocatoria pública?
Todas e todos temos dereito a poder traballar, ao igual que votar a un ou a outro partido político, daquela por que se lles priva a moitos cidadáns participar neste proceso de selección?
Pois si, hoxe toca recomendación cultural. Como é sabido os venres facemos unha suxestión.
Quizais a de hoxe poda resultarvos típica, pero non por iso é menos importante. Imos facer un pequeno exercicio adiviñatorio, de quen falamos, trátase dunha muller, como non podía ser menos, nun país tan profundamente matriarcal como o noso, que loitou por levar unha familia adiante, e unha obra literaria sen precentes no seu tempo, nin no noso tempo. Unha adiantada ao seu tempo, como dicía o outro.
Un cando presume de país, que si os mil ríos, que si Santiago de Compostela, que si unha lingua, que si a saudade, etc, non pode esquecer a importancia dunha gran poetisa. Parece como si ela representase Galiza. Ás veces parece que o prototipo de muller galega se asemellase a ela, ata no físico pode ser esa representación ideal da galega.
Loitadora, sufridora, amante, muller, creadora e guapa, son algún dos adxectivos cos que poderíamos brindar con ela, se a puidésemos ter con nós.
Xa supoño que saberedes de quen falamos, pois si, é Rosalía de Castro. Esta é a nosa suxestión, a lectura de obras como Follas Novas, ou Cantares Gallegos, para desta maneira coñecernos un poco máis como país e de seguro que como persoas.
Segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística, no 2006 a idade media do concello é de 50, 7 anos, mentres que no 1999 era de 49,0. Esta suba en case dous anos vese motivada por dous feitos, o envellecemnto xeralizado nas sociedades occidentais, e en particular polas políticas levadas a cabo polo equipo de goberno.
A imposibilidade de mercar ou alugar unha casa en Paderne, a falta dunha guardería, centro de maiores ou o escaso apoio as novas ideas empresariais fan que moitos xoves teñan que emigrar a outros concellos onde poder levar adiante o seu proxecto de vida. Isto ten que mudar, esta estrutura social, alentada pola pasividade do concello ten que modificarse. A aposta polas novas ideas ten que ser un eixe vertebrador dun concello, teñen que darse todas as axudas posibles para aqueles que apostan por vivir e desenvolver a súa actividade profesional no concello.
O BNG solicitará á xunta de goberno a realización de xornadas sobre emprendurismo, de como presentar proxectos para acadar subvencións e dende aqui queremos decirvos que estamos a vosa disposición para a realización de proxectos para AGADER, o IGAPE, etc. Procuraremos axudar en todo o posible por que nós si cremos que o Concello ten futuro.
O BNG quere convidarvos aos actos conmemorativos da XXV aniversario da fundación do BNG, que terá lugar no frontón de Riazor, o mesmo lugar no que se celebrou a fundación do actual grupo político. Os actos contarán coa presenza de Anxo Quintana e Beiras, entre outros, así como de grupos.
Esperamos a vosa presenza.