ONDE ESTÁS, ALFONSO RUEDA?
Din os rumorosos que o dirixente do PP en Galiza, Alfonso Rueda, que concentrou 8 alcaldes contra o convenio de traspaso de galescolas, debe estar agora escondido na cova do rei Cintolo, porque dos 8 alcaldes que compareceron acusando Vicepresidencia de supostas "coaccións" e supostas tamén "actitudes mafiosas", 5 alcaldes xa se desdiciron publicamente, desmarcándose abertamente do apuntado por Rueda, e algún deles apostando por Anxo Quintana como o mellor presidente que pode ter Galiza (Manuel Candal, alcalde de Vilamartín). Din os rumorosos que tal é o ridículo que pode facer Rueda que agora manda dar a cara a Ruíz Ribas para xustificar estas actitudes do PP.
Os rumorosos opinan que detrás do asunto das galescolas o que se puxo en evidencia é que no PP de Galiza non están as cousas moito máis claras que no PP do Estado español, e que moitos alcaldes por quen se senten coaccionados non é precisamente por Vicepresidencia, senón por unha dirección do PP imposta desde Génova por un partido en proceso de guerra interna.
O asunto do decreto das galescolas fai perder autoridade e credibilidade a unha dirección do PP que após as eleccións autonómicas terá que marchar ou sufrir unha seria escisión focalizada en alcaldes que contribúen con votos, mais que se senten desprezados polo lobbie do poder de Núñez Feijoo.
FUNDACIÓNS CONTRA O PLAN XERAL DE OLEIROS
Din os rumorosos que as directivas da Fundación Juana de Vega e da Fundación Tenreiro, ambas con propriedades en Oleiros, e fundamentalmente na parroquia de Nós, están "mosqueadas" con Gelo e co goberno local, por ter disposto no Plan Xeral a recalificación dalgunhas propriedades sen tan sequera ter falado con elas.
Anuncios de novas escolas na prensa en terreos da propriedade de fundacións, proxectos que poden ser apoiados ou non, mais dos que non se ten falado coas actuais persoas proprietarias, son feitos que amosan unha total falta de respeito e de diálogo por parte do concello e que, desde logo, non facilitan o entendemento.
En concreto, algunha destas fundacións pensa, polas novas da prensa, que se pretenden calificar terreos como residenciais coa escusa de conseguir solo de equipamento, mais que tal iniciativa só busca beneficiar economicamente algúns promotores.
Esta maneira de actuar demostra o talante do Alcalde, segundo os rumorosos en todos os asuntos: "primeiro dispara e despois pregunta", dando a entender que todo o que hai en Oleiros é propriedade do Alcalde (pouco lle falta) ou actuando como se así fose.
En calquera caso, algunhas delas xa se puxeron en contacto cos grupos políticos polo que consideran un abuso por parte do goberno local de Oleiros.
RESÚLTANOS DIFÍCIL APOIAR O PLAN XERAL
Declaracións de Fina Quintáns sobre o PXOM de Oleiros
Desde que se levara por primeira vez a aprobación inicial o Plan Xeral de Oleiros, até hoxe, mudaron moitas cousas, non só en Oleiros, mais tamén no que atinxe ao conxunto do país. O decreto das normas do Hábitat, a reserva do 40% de solo para a promoción de vivenda protexida, ou mesmo o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, deron un cambio espectacular á concepción do urbanismo no país. E o que daquela en Oleiros cun 30% de reserva de solo para vivenda protexida era das maiores do país, hoxe vese superada grazas á exixencia da consellaría nacionalista de vivenda. O Concello de Oleiros (igual que o de Narón) destacou pola súa oposición ao Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, promovendo cooperativas moi criticadas por nós pola falta de xustiza nos criterios de reparto desas vivendas. O Concello de Oleiros non realizou no Plan unha previsión de crecemento para as condicións de hoxe,  non considerando a crise económica á que se enfrontan as construtoras e inmobiliarias e a merma na capacidade da cidadanía para a adquisición de vivenda no mercado de prezo libre, o que non fai críbel a previsión de crecemento urbanístico recollida no PXOM.
Desde o BNG non criticamos tecnicamente unha proposta que ten aspectos positivos, mais que non está enfocada cara a un urbanismo social. No concello de Oleiros practicouse desde hai cinco lustros un urbanismo extensivo, de ocupación da maior parte do territorio, mais o BNG defende un urbanismo que medre en círculos concéntricos arredor dos grupos urbanos máis desenvolvidos, por unha lóxica de abaratamento dos servizos e de protección do territorio. O documento non prevé a creación de carrís bus, tan importantes para a promoción do transporte público nun concello do perímetro urbano da Coruña. Por outra banda, e tendo en conta a dependencia dos recursos urbanísticos que ten o concello, deberíase, dentro do contexto da actual crise, prever a creación de máis bolsas de solo industrial, que fixesen fronte aos períodos de involución económica que se prevén para o futuro. Oleiros non pode vivir no permanente enfrontamento con outras administracións, e, polo tanto, o documento debe recoller a posta a disposición de bolsas de solo para a Consellaría de Vivenda para garantir o acceso á vivenda de toda a cidadanía, e a creación de emprego no noso concello. Se non hai un recoñecemento expreso destas vontades políticas na memoria do Plan, o BNG non pode confiar nas palabras dun alcalde e dun grupo de goberno especialmente belixerantes contra as iniciativas en materia de urbanismo da consellaría nacionalista de Vivenda e Solo. Non podemos confiar en que inxentes bolsas de solo queden baixo o único control de iniciativas políticas clientelares e de intereses económicos en lugar de pensar unicamente no beneficio da cidadanía do concello. O urbanismo, e, en concreto, este Plan Xeral, deben ser a garantía para o futuro de que Oleiros vai deixar de ser un concello elitista no social para se converter nun concello de todas as persoas e para todas as persoas, e en que o único elitismo sexa reservado para a calidade de vida, independentemente do nível de renda das veciñas e veciños.
No BNG móvenos unicamente unha motivación, que é a de facermos de Oleiros un concello habitábel e non excluínte, e o noso traballo tamén no Plan Xeral irá dirixido unicamente a mellorar as cousas en Oleiros.
CAF E CAE AGRUPANSE E PASAN A CHAMARSE "COMITÉS"
O novo colectivo estudiantil terá unha estrutura confederal, polo que seguirá a haber un Consello Nacional para o Ensino Medio e outro para a Universidade, así como os diferentes organismos de representación en cada centro, campus ou comarcal. Así mesmo, haberá un Consello Confederal que será escollido no prazo dun mes.
Na asemblea nacional de hoxe os representantes dos estudantes tamén discutiron sobre os prinicipios e definicións políticas da organización, que en liñas xerais son as mesmas, aínda que a partir de agora sa táboa reivindicativa será conxunta. Así, o secratario nacional dos anteriormente chamados CAF, Gael González, explicou a Gznación.com que no que queda do curso os obxectivos seguirán a ser a baixada das taxas (no caso da Universidade) e na aplicación do decreto de galeguización do ensino medio.
VICEPRESIDENCIA DÍ QUE SE RETOMARÁN OS CONVENIOS DOS CONCELLOS QUE RECOÑEZAN QUE NON FORON COACCIONADOS PARA ASINALOS
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, garantiu hoxe que non anulará os convenios para a adhesión de varias escolas infantís ao Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar se os alcaldes do PP que criticaron o acordo despois de asinalo se "aclaran que en ningún caso asinaron coaccionados, senón voluntariamente".
Quintana asegurou que "non existe ningún proceso de rescisión" no caso dos rexedores que rectificaron os seus reproches públicos ao protocolo. Cinco dos oito gobernantes do PP remitíronlle candansúa carta para desculparse e para pedirlle que non se anule o pactado.
Neste sentido, indicou que se os alcaldes agora admiten que non foron coaccionados "non existe o problema". "A miña sinatura nunca estará nun convenio no que a outra parte diga que non asina voluntariamente" , e puntualizou que, de producirse finalmente algunha anulación, non se deberá ás críticas.
"Optei por rescindirlos porque os convenios de colaboración son voluntarios; se alguén di que os asinou pola forza é nulo de pleno dereito", resumiu, e sinalou que, aínda que as críticas "son sempre lexítimas", pódense facer "sen insulto". Tamén aclarou que ningún concello foi expulsado do Consorcio.
Interpretación do PPdeG
Despois de que as cartas de cinco rexedores municipais ao vicepresidente do Goberno de Galiza tras as críticas verquidas contra a súa persoa e o Consorcio Galego de Benestar, fosen consideradas como unha desculpa pública, o portavoz do PP no Parlamento de Galiza, Manuel Ruíz Rivas, rexeitou hoxe esa interpretación das misivas. O 'popular' acusou ao Consorcio de "manipular" as cartas dos edís.
Tras a reunión do Grupo Parlamentar Popular, Ruíz Rivas interpretou que as misivas dos alcaldes de Antas de Ulla, Vilamartín de Valdeorras, As Neves, Muiños e O Rosal "limítanse" a pedir ao vicepresidente galego que se retome a colaboración institucional e que "non se senta ofendido polo que puido ser un exceso verbal".
"O descontento segue existindo mentres a política de imposición sexa a única forma de que os concellos presten determinados servizos aos cidadáns", manifestou, e engadiu que os rexedores "teñen o mesmo problema" que cando fixeron aquelas declaracións posto que "non teñen diñeiro" para prestar determinados servizos aos veciños.
Os municipios pequenos vense "forzados economicamente"
Pola súa banda, o alcalde de Antas de Ulla, o 'popular' Javier Varela, argumentou hoxe que os municipios pequenos vense "forzados economicamente" a integrarse no Consorcio Galego de Servizo da Igualdade e do Benestar, xa que a súa escaseza de recursos impídelles afrontar investimentos en escolas infantís ou residencias para maiores.
Varela foi un dos alcaldes do PP que remitiu unha carta ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, para pedirlle que se manteña o convenio que criticaron publicamente logo de asinalo e que o departamento decidiu rescindir unilateralmente. Así, explicou o envío da misiva en que así a Vicepresidencia "non poida manter a argumentación do insulto para xustificar unha decisión unilateral"
Con todo, incidiu en que a reunión na que se rubricou o protocolo non tiveron "dereito a réplica" e advertiu de que todo convenio "está suxeito a unhas garantías xurídicas". En calquera caso, sinalou que a súa decisión de aceptar o traspaso da xestión da escola infantil municipal débese á imposibilidade do concello para mantela. Para rematar, queixouse de que non se lles permita a critíca aos concellos e recordou que o Estado español conta con "liberdade de expresión, co que non tería porque haber ningún problema".
Mentres, o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, aclarou esta tarde que na carta que lle enviou ao vicepresidente da Xunta pedíalle desculpas por utilizar a frase “mafia siciliana”, para que o dirixente do BNG “non poda seguir empregándoa como argumentación para xustificar a súa pretensión de deixar sen validez o convenio subscrito en Santiago o día 29 de abril”.
Nese sentido, matizou que a petición de desculpas só fai referencia “á forma”, por utilizar no seu argumentación esta expresión, pero en ningún caso “polo fondo” deste conflito. “Non me desdigo de ningunha das críticas realizadas sobre o convenio subscrito coa Vicepresidencia”, afirmou o rexedor.
Carta ao presidente da Fegamp
Mentres, os representantes do BNG na Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias, Francisco García e Clara Millán, remitíronlle unha carta ao presidente da Fegamp, Carlos Fernández, na que lle peden que “reconduza o seu afán mediador” na dirección correcta e medie “entre os alcaldes e a dirección do PP”.
O presidente da Fegamp ofreceuse o pasado venres “a través dos medios de comunicación e antes de que o soubese Vicepresidencia” a realizar unha labor de mediación, “pero dun xeito interesado, dando por válida a tese da dirección nacional do PP segundo a que Vicepresidencia tería deixado sen efecto uns convenios polo simple feito de recibir críticas”, explican García e Millán.
Na misiva, lémbranlle ao presidente da Fegamp que os convenios entre a Vicepresidencia da Xunta de Galiza e oito alcaldes do Partido Popular “asináronse libremente e en beneficio dos intereses dos seus veciños”, tal e como recoñeceron varios deles que non só se desdeciron das acusacións lanzadas pola dirección nacional do PP contra Vicepresidencia, senón que “atribúen e responsabilizan agora á dirección do Partido Popular das graves e insultantes acusacións lanzadas contra Vicepresidencia”.
EVA CASTRO COMEZA CON EXITO A COPA DO MUNDO 2008
Eva pensa en millorar de posto según vaia avanzando a copa do mundo este ano e acadar un millor posto na próxima proba de Andorra.
No Four Cross, como deporte de risco, é moi común que haxa lesións, caidas, etc. tal e como lle pasou a Eva o pasado ano, polo que de acompañar a sorte, a nosa Eva estará entre as millores do mundo un ano máis.
CIBRÁN TENREIRO, NA DIRECCIÓN NACIONAL DOS COMITÉS DE ESTUDANTES
Cibrán é tamén o baterista do grupo "Os Sivaritas Goliardos" e dúas veces subcampión estatal de marcha atlética.
Un novo nacionalista de Oleiros, dos máis mozos, con responsabilidades a nível do País. Noraboa á nova organización estudantil nacionalista e noraboa a Cibrán pola súa responsabilidade.
Os Comités de Oleiros e Galiza Nova deben seguir traballando para que o estudantado galego defenda os seus intereses, e polo tanto o interés do País para o futuro.
UN TANATORIO PÚBLICO MUNICIPAL
O concello de Oleiros conta con arredor de 35.000 habitantes, distribuídos en 9 parroquias, con outros tantos cemiterios. É, por tanto, o segundo concello da comarca, por detrás da metrópole coruñesa, en habitantes e en orzamento, e a día de hoxe as familias de Oleiros que teñen a desgraza de que se lles morra un familiar, teñen que acudir a concellos limítrofes como Sada, Cambre, A Coruña, Culleredo, e mesmo Arteixo ou Carral, para contar cun servizo de tanatorio.
Oleiros, que sempre destacou por ter iniciativas singulares, non conta cun tanatorio nin público nin privado. Loxicamente o BNG non vai defender nin propor que se faga un investimento privado para este servizo. O que defendemos é que o Concello de Oleiros, que ten a dotación de solo público destine algunha parcela para crear un servizo hoxe inexistente e que ademais xere recursos para o concello e que se poida xestionar de maneira que oferte servizos máis accesíbeis para aquelas persoas coas rendas máis baixas, e que conte coas máis completas propostas deste tipo de actividade, como poden ser un crematorio, servizo de florestaría, capela, etc. Este tanatorio sería o único de iniciativa pública da nosa comarca e atendería unha grande cantidade de demanda de persoas que se ven obrigadas a se desprazaren ao Graxal ou a Pompas Fúnebres da Coruña, cando son xente nacida ou criada en Oleiros e que verían con agrado que para o futuro tivésemos onde poder velar polas persoas falecidas nun moderno tanatorio, que facilitase a xa de por si difícil situación a que se enfronta unha persoa cando pasa por unha situación como a referida.
190 EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA AMEAZAN CON DEMITIR
Se a Consellaría de Educación non muda de rumbo respeito da aplicación do decreto que regula o uso do Galego no ensino non universitario, 190 equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino galego presentarán a súa demisión.
Cento noventa equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino galego están dispostos a presentar a súa demisión se a Consellaría de Educación "non cambia de rumbo" para aplicar o decreto que regula o uso do Galego no sistema educativo non universitario. Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, Xoán Costa, responsábel da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística veñen de anunciar a posíbel dimisión.
Louzao, Costa e Callón acudiron ao rexistro de Educación para entregar as reivindicacións e propostas asinadas polas persoas coordenadoras dos equipos de Normalización Lingüística. Tamén solicitaron unha reunión coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, á maior brevidade posíbel.
Peticións
No documento presentado as persoas asinantes reclaman que Educación avalíe o cumprimento do decreto e que “faga un labor de promoción entre toda a comunidade educativa”, así como a elaboración dun “plano de formación dentro do horario lectivo que abranga todo o profesorado”.
Entre as peticións destaca a creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral de Normalización Lingüística dentro do organigrama de Educación. Tamén piden que a consellaría poña “á disposición dos equipos de Normalización Lingüística e dos centros educativos todos os recursos e materiais didácticos necesarios en Galego para todas as áreas”. Por último, solicitan que “a inspección educativa teña como fin primordial a vixilancia do cumprimento do Decreto 124/2007”.
O ALCALDE DE VILAMARTÍN DI QUE AS CRÍTICAS AO CONSORCIO SON ''PATRAÑAS'' DO PP E DO PSOE
O alcalde 'popular' de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal, eloxiou o labor do vicepresidente do Benestar e criticou a PP, PSOE e Fegamp. Afirma que nunca criticou a Anxo Quintana.
O alcalde “popular” de Vilamartín, Manuel Candal, amosou onte xoves 8 de maio a súa sorpresa pola “dura” carta recibida do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, comunicando a exclusión deste e doutros sete concellos do Consorcio das galescolas a causa das críticas verquidas contra o departamento. “No oí ninguna crítica, pues si la hubiese oído la rebatiría”, dixo o rexidor vilamartinés, quen engadiu que “a mí no me invitaron, ni estuve en ninguna reunión”.
Indicou tamén que os sete rexedores que criticaron o vicepresidente Anxo Quintana “están equivocados. El vicepresidente dio un paso muy bueno y debemos apoyarle y darle las gracias”, afirmou o alcalde.
O rexedor vilamartinés contactaba nas últimas horas con Vicepresidencia para transmitir o seu respaldo a Anxo Quintana. “Las quejas contra Quintana fueron nefastas. A mí no se me presionó nada. Comprendo que lo que propone es bueno para los concellos. Yo lo apoyo al límite. Vilamartín quiere la galescola”, asegurou Candal. Dixo que as citadas queixas dos alcaldes contra Vicepresidencia, “son una patraña del PP y del PSOE”.
O alcalde de Vilamartín aproveitou a ocasión para amosar o seu apoio á conselleira de Vivenda e Solo, partindo unha lanza en favor do programa que promove este departamento: "O Decreto do Hábitat”.
Nas súas declaracions, Candal non descoidou referirse á Federación Galega de Municipios e Provincias. “La Fegamp nunca hizo nada por los concellos pequeños. Sólo está para favorecer a los grandes”.
Este alcalde valdeorrés tamén apuntou que o convenio firmado con Vicepresidencia constitúe unha axuda de 31.000 euros para o Concello de Vilamartín de Valdeorras
Extraído da edición de hoxe 9 de Maio de 2008 de La Región. Podes ver a orixe da noticia aquí.