TrackBack


TrackBack

TrackBack



Programa do BNG de Oleiros para as Eleccións Municipais de Maio de 2007 (.doc)



Proxecto de Regulamento de Participación Cidadá de Oleiros



TrackBack




Bloque Oleiros nº 3

Bloque Oleiros nº 5



Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

TELE BNG




TrackBack













O meu perfil
bng.oleiros@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

>APENAS CATRO ANOS
Carlos Aymerich
Un artigo de Carlos Aymerich

Consideracións éticas á parte, o PP desenvolveu unha campaña eficaz. Insultaron, difamaron e mentiron mais, con todo, lograron mobilizar os seus votantes potenciais e desanimar os de PSOE e BNG. Contaron, sen dúbida, con poderosos aliados que se sumaron con entusiasmo á comezar desde Galiza a reconquista de España.

A campaña foilles cómoda. Ao non faceren ningunha proposta ?quitadas as de destruír o traballo do bipartito en materia social, lingüística e enerxética? non teñen tampouco ningún compromiso. Porén, chegaron ao poder montados sobre un cabalo de mentiras que agora pódese encabritar e virarse na súa contra. Eis o caso da austeridade que bate coa descoberta de que Citröen lle regalou a Feixóo ?gratis total!? un vehículo de luxo que este non declarou. Ou tamén, no combate contra a crise, a dificultade en lle imputar a responsabilidade ao goberno español despois de afirmar que esta residía na Xunta de Galiza.

Debemos traballar a catro anos, descontando e traballando cada día para desaloxar o PP. Con humildade e vontade clara de rectificación dos erros, algúns, cometidos polas forzas do bipartito. Mellorando o nacionalismo a súa comunicación coa sociedade e realizando unha oposición rexa e rigorosa que defenda as conquistas sociais do goberno de coaligación ao tempo que desvende a inconsistencia das mentiras do PP. Porque, ao fin, as cousas son o que son e se na Galiza as políticas autoritarias e regresivas no social, as que o PP propugna, van sempre da man da negación do país a misión fundamental da oposición, do BNG, será demostrar a veracidade da proposición inversa: que os avances democráticos e sociais son indisociábeis da defensa de Galiza.
Categoría: OPINIÓN - Publicado o 21-03-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0