TrackBack

TrackBack

TrackBack

TrackBack

Programa do BNG de Oleiros para as Eleccións Municipais de Maio de 2007 (.doc)



Proxecto de Regulamento de Participación Cidadá de Oleiros



TrackBack



TrackBack





Bloque Oleiros nº 3



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego






TELE BNG

TrackBack




SLIDE 2






TrackBack













O meu perfil
bng.oleiros@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PLATAFORMA PARA A DEFENSA DA RÍA DO BURGO
PLATAFORMA PARA A DEFENSA DA RÍA DO BURGO
Plataforma para a defensa da Ría do Burgo

Reproducimos aquí o texto da Moción que o BNG apresentará en todos os concellos da Comarca:

Texto da Moción:

A Ria do Burgo atópase desde hai anos nun lamentábel estado de contaminación por mor dos continuos verquidos de augas residuais procedentes de diversos concellos da Comarca da Coruña. Ademais do tremendo impacto ambiental que isto implica, tamén debemos considerar as negativas repercusións sobre a actividade pesqueira. Trátase dunha zona de tradicional labor marisqueiro, actividade da que viven moitas familias da comarca. A Coruña é a única cidade do Estado español con máis de 200.000 habitantes que carece de saneamento de augas residuais. Máis de 400.000 habitantes da area coruñesa verquen as súas augas residuais directamente ao mar, na Ría do Burgo ou en Bens, sen depuración algunha e provocando graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca o marisqueo e o turismo.

O certo é que a estas alturas xa debería estar funcionando a estación depuradora de Bens e arranxado o emisario submariño. Tratándose dunha zona densamente poboada, deberíase contar cun sistema de depuración seguindo as directivas da UE. Neste momento, a situación é tan delicada que a zona está declarada, pola Consellaría de Pesca , como zona “C”, por causa da alta contaminación e degradación medioambiental que padece.

O BNG amosou sempre a súa preocupación polo saneamento da Ría do Burgo e, nesa liña, fixo un intenso traballo tanto no Parlamento de Galiza como no Congreso dos Deputados. É preciso lembrar que, grazas a ese intenso traballo, foi negociada a inclusión nos orzamentos do Estado para o ano 2007 dunha partida de 8 millóns de euros destinada a limpeza, rexeneración e saneamento da Ría do Burgo e mais dos ríos Ulla, Limia e Miño, na súa desembocadura. De igual xeito, acordouse unha partida concreta de 1 millón de euros para a rexenaración da Ría nos orzamentos de 2008.

Por causa da constante e crecente preocupación social do grave deterioro da Ría, constituíuse recentemente unha plataforma para a súa defensa. Ademais da confraría de pescadores da Coruña, agrupación de mariscadores de a pé e a flote, tamén están diversas entidades veciñais, colectivos, sindicatos e partidos políticos. O fin non é outro que demandar a firme actuación na aplicación da lei para os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que van directamente á Ría, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de rexenearión medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo para o goce e lecer cda cidadanía, a recuperación dos bancos de marisqueo e, finalmente, defender a vixencia temporal e indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e as Agrupacións de Marisqueo en canto non se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueira.

Co propósito de demandar das diferentes administracións públicas responsábeis as cuestións manifestadas con anterioridade, a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo convocou para o vindeiro sábado 21 de xuño, ás 19h30, unha manifestación co lema “Recuperemos a Ría do Burgo”.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita a adopción do seguinte acordo:

1. O pleno da corporación municipal, vista a grave situación medioambiental que sofre a Ría do Burgo, a causa dos continuos verquidos, apoia as reivindicacións da Plataforma e a convocatoria da manifestación do día 21 de xuño ás 19h30 baixo o lema “Recuperemos a Ría do Burgo”.
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 23-05-2008 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns desde outras webs
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis