 No Concello de Oleiros hai un alto índice de mascotas, fundamentalmente cans, que teñen un censo que se achega a metade dos habitantes. Todas as persoas teñen dereitos a teren a responsabilidade de o coidar e de mantelo, e, ao mesmo tempo de manter o civismo proprio que se debe de ter coa comunidade por motivos de convivencia.
Hoxe son moitos os problemas que se están a xerar por este alto censo de cans no concello, fundamentalmente por un alto índice de sucidade nos nosos parques, rúas e beirarrúas, fundamentalmente por defecacións que non son recollidas polas persoas donas dos cans. O Concello de Oleiros ten unha ordenanza cun rexime sancionador que debe ser aplicada de maneira severa e exemplificadora, pois ninguén entendería que unha persoa suxase os espazos públicos da maneira en que o fai o can, e polo tanto esta actitude debe ser perseguida e sancionada, e toda aquela persoa que teña na súa vivenda un animal de compañía ten que se responsabilizar do seu coidado, e de non prexudicar terceiras persoas. O Concello está obrigado a sinalizar todos os espazos públicos susceptíbeis de levar os cans soltos e de que se manteñan as mínimas condicións de limpeza e salubridade, e os donos responsábeis dos animais deben manter as mínimas condutas sanitarias de convivencia exixíbeis a calquera cidadán e cidadá.
O goberno local ten que ter un maior celo no control deste asunto para beneficio do conxunto de veciños e veciñas e conseguir así un concello máis limpo e ordenado. |