TrackBack

TrackBack

TrackBack

TrackBack



Programa do BNG de Oleiros para as Eleccións Municipais de Maio de 2007 (.doc)



Proxecto de Regulamento de Participación Cidadá de Oleiros



TrackBack



TrackBack





Bloque Oleiros nº 3



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego






TELE BNG

TrackBack




SLIDE 2






TrackBack













O meu perfil
bng.oleiros@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DIRECTRICES DA GARDA CIVIL CONTRA A SIMBOLOXÍA NACIONALISTA
GZ
Din os rumorosos que directrices da Garda Civil mandan que os axentes investiguen con celo aqueles vehículos que porten simboloxías relativas ao noso país na carrozaría. Autocolantes de GZ, da serea de Castelao, da bandeira galega coa estrela vermella, e outras que se poidan relacionar co nacionalismo ou coa vinculación ao noso país levantan sospeitas entre os mandos deste corpo. Contan os rumorosos que numerosos gardas civís simpatizan e votan polo BNG, e algún deles, facendo uso do seu lexítimo dereito, leva no seu carro particular simboloxías destas características. Algún deles aplaude inclusive a demanda do BNG da competencia de Tránsito para Galiza, e mesmo a creación da policía galega, corpo policial ao que se integrarían con gosto. O problema é que non se ve igual o país desde dentro que desde un cadeirón de mando rancio, centralista e arcaico dun corpo militar ao que parece que non dan chegado as evolucións da sociedade. Somos milleiros as galegas e os galegos que estamos baixo sospeita para moitos mandos da Garda Civil polo simple feito de expresarmos en vehículos da nosa propriedade a nosa identificación coa defensa do proprio. Que a estas alturas non se respeite a liberdade ideolóxica, de expresión e de culto, á parte de ser inconstitucional, representa un insulto para con todos/as os/as que somos galegos/as e exercemos como tais.

Pregúntanse os rumorosos se aqueles que levan unha bandeira española no seu vehículo, ou un touro, (ou inclusive unha bandeira española franquista) son investigados ou vistos polos mandos centrais da garda civil como elementos perigosos, ou, ben ao contrario, se son vistos por certos elementos rancios do corpo inclusive con agrado, máxime cando a bandeira española vai nos vehículos da Garda Civil en todo o Estado e nin sequera incorporan as bandeiras das comunidades autónomas respectivas. É claro que algúns corpos aínda lle dan máis valor a artigos da Constitución española que amparan a indisolubilidade do Estado que a outros que garanten o respeito á diferenza.

O portavoz parlamentar do BNG Bieito Lobeira presentou esta semana unha iniciativa no Parlamento interesándose por este cuestión a todas luces inxustificábel que sitúa as galegas e os galegos nun plano de semiclandestinidade que nin procuramos nin nos merecemos.
Categoría: QUE DIN OS RUMOROSOS? - Publicado o 28-03-2008 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns desde outras webs
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis