TrackBack

TrackBack

TrackBack

TrackBack

Programa do BNG de Oleiros para as Eleccións Municipais de Maio de 2007 (.doc)



Proxecto de Regulamento de Participación Cidadá de Oleiros



TrackBack



TrackBack





Bloque Oleiros nº 3



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego






TELE BNG

TrackBack




SLIDE 2






TrackBack













O meu perfil
bng.oleiros@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ''INTELECTUAL'' GEORGE STEINER ÁRMASE EN PREXUÍZOS CONTRA O GALEGO
George Steiner
“¡Non me compare o Catalán co Galego! O Catalán é un idioma importante...” indicaba o filósofo George Steiner nunha entrevista nun xornal español para cuestionar a presenza do noso idioma no ensino universitario. Por iso, desde esta tribuna, declaramos hoxe George Steinerd e culpábel de manter e difundir prexuízos lingüísticos contra o Galego e contra o que el considera "linguas non importantes".

Infelizmente, observamos máis unha vez como os prexuízos máis básicos, máis irracionais, e menos reflexivos, concorren naquelas persoas dedicadas á produción de pensamento e "reflexión" (sic) intelectual. Neste caso o prexuízo en causa estabelece unha distinción entre "linguas importantes" e "linguas non importantes", o que é o mesmo que dicir que existen "pobos importantes" ou "culturas importantes" e "persoas importantes" e pobos, culturas e persoas que o non son. Neste caso, o culpábel de crer tales prexuízos non é outro que o filósofo e "intelectual" George Steiner. O pensador nacido hai 79 anos en París está considerado como un dos mellores filósofos europeos das últimas décadas. Porén, os seus coñecementos non o liberan de prexuízos ben particulares. Así, nunha entrevista publicada no xornal español El País, Steiner enxalza o Catalán fronte ao Galego, lingua que considera inferior. Logo de criticar que a nosa lingua teña presenza na universidade e diante da sorpresa do xornalista, Steiner non dubida en dicir: “¡Pero non me compare o Catalán co Galego! O Catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante. Mais o Galego, por que ten que ser obrigatorio nunha universidade?”

Na delirante entrevista, o crítico e teórico da literatura tamén se refire a unha hipotética relación entre o Euskara e a existencia de ETA: “Ese idioma é tan misterioso, é moi raro, moi poderoso. Quizais por iso a algunha desta xente lle resulta tan imposíbel aceptar o mundo exterior”.

Lamentabelmente, a nosa sorpresa é maiúscula porque tales prexuízos estrañan especialmente nunha persoa que se supón que ten a suficiente capacidade reflexiva para comprender que os idiomas son patrimonio da Humanidade, que a Humanidade mesma enriquécese coas linguas que se falan no Mundo, e que non comprender isto é como non comprender o valor do respeito á diferenza.

Declaramos, por tanto, George Steiner culpábel de manter e difundir prexuízos fóra do tempo en que vivimos, e indignos da súa condición de filósofo e, aínda que non fose tal, simplemente indignos de calquera persoa.
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 27-08-2008 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
RAJOY, CULPÁBEL DE ANTI-GALEGO
Mariano Rajoy asustado perante as súas proprias palabras
No debate monolítico e bipartidista de onte en que só se posibilitaba o acceso á libre expresión de ideas e propostas a dous partidos políticos, negándoselle a voz a outros partidos que tamén foron votados por cidadáns e cidadás con, teoricamente, os mesmos dereitos, o candidato Rajoy lembrouse de Galiza para exercer como portavoz da Galegofobía. O candidato do PP, caracterizado pola deriva ultradereitista herdeira do aznarismo, lembrouse da súa terra non para defendela, senón para afirmar que en Galiza non se respeitan os dereitos dos castelán-falantes, distorcendo e falseando a realidade, querendo dar a imaxe dunha Galiza que non é a que temos e usando un vitimismo mentiroso tan proprio da dereita españolista. Non só non exerce como galego con autoestima da súa lingua e do seu país, senón que ataca o idioma da súa terra para gañar uns poucos votos extremistas e denigrar o seu país no resto do Estado. Pois que vaia tomando terra, como di un dos anuncios eleitorais do BNG, este Rajoy anti-Galego, que co BNG hai terra, país, nación e lingua para dar e tomar, porque o BNG antepón e anteporá sempre Galiza a un puñado de votos conseguidos embaucando aquelas persoas que ou ben se deixan enganar sen coñeceren Galiza ou ben viven no extremismo máis irreal.

Asistimos, por tanto, ao triste teatro da mentira ao que nos ten tan afeit@s o PP. Lémbrense as mentiras do Prestige, da guerra do Iraque, coas supostas armas de destrución masiva que ninguén atopou e que mesmo nos EUA recoñeceron que nunca existiron, a manipulación nos medios afíns ao PP e a mentira que o PP institucionaliza.

Algúns queren vendernos unha suposta galeguidade do candidato do PP, mais a ninguén se lle escapa que Rajoy non só non exerce de galego, senón que á primeira de cambio aproveita a súa orixe galega para erixirse en coñecedor dunha realidade que lle é moi allea, facendo o ridículo ao descalificar a nación en que naceu e o idioma desa nación. É por iso que hoxe aquí temos un culpábel claro para este fin de campaña: Mariano Rajoy, candidato da dereita máis rancia e españolista, que vende a dignidade do seu pobo e da lingua do seu pobo para gañar unha presada de votos. Declaramos, por tanto, Mariano Rajoy culpábel de anti-Galego.
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 04-03-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GELO, ETICAMENTE CULPÁBEL!
Ángel García Seoane, eticamente culpábel!
En relación coa comparecencia de Ángel García Seoane de hoxe para declarar polas súas actividades inmobiliarias, o BNG de Oleiros considera que independentemente do que aconteza cunha posíbel sentenza xudicial, hai algo que está por riba da xustiza, que é a ética e a honestidade política, e iso non se pode valorar moitas veces desde o ámbito xudicial.

Para nós, Ángel García Seoane é culpábel desde o punto de vista ético porque independentemente das fincas que recalificara, mercou numerosos terreos sen calificación urbanística a sabendo el que en prazos posteriores ían ser urbanos. Algo que nun promotor inmobiliario se considera unha destreza no adianto aos acontecementos, mais que nun alcalde é un claro exercicio vantaxista a respeito do conxunto dos cidadáns. Como dixo o noso compañeiro Carlos Aymerich, non se pode ter o retrato do Che Guevara na Sala de Xuntas e ao mesmo tempo estar enriquecéndose a costa dun cargo público.

Polo tanto, o BNG ten a conciencia tranquila coas súas actuacións e desde logo aquelas persoas que actúan sen escrúpulos e as forzas que as sustentan teñen unha evidente responsabilidade nas nefastas actitudes políticas que as caracterizan.
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 28-11-2007 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
UN CLARO EXEMPLO DO URBANISMO DO PP
Edificio en Tomiño do período do PP.
O noso ex portavoz, remitiunos unhas fotos dun exemplo de feísmo nun concello que, gobernado polo PP no pasado, deu lugar a adefesios urbanísticos coma o da fotografía.

Agora, os veciños e mais as veciñas de Tomiño, tiveron a intelixencia de escoller unha alcaldesa nova do BNG, Sandra González.

Eses aos que tanto se lles enche a boca reclamando un urbanismo como é debido, deberían de ter a vergoña de calar para que non lles saquemos exemplos coma este. Comprende Sr. Cobián?
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 16-11-2007 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
‘LIBERTAD DIGITAL’ CULPÁBEIS DE INVOLUCIONISTAS E TRASNOITADOS POLAS OPINIÓNS CONTRA AS GALESCOLAS E MÁIS O SEU ANUNCIO



Anuncio publicitario das Galescolas

Hoxe desde a nosa tribuna queremos declarar o “xornal” dixital Libertad Digital CULPÁBEL, así, con letras maiúsculas, e CULPÁBEIS os (ir)responsábeis de dita publicación dixital, por utilizaren a pluralidade lingüística e plurinacional do Estado español para emprenderen unha guerra armada de acusacións contra os nacionalismos democráticos e contra aspectos de dignificación das culturas e das linguas faladas no Estado que desenvolven os referidos grupos do nacionalismo galego, catalán e basco. Non contentos coas críticas ao Himno Galego, agora hai quen retoma as posicións belixerantes contra un dos nosos elementos identitarios máis importantes e conformadores da Galiza: a Lingua Galega. Non lles abonda con se enfrentaren todo o día contra Euskadi e Catalunya e de cando en cando lémbranse que tamén existe Galiza. Agora recuncan coas Galescolas, ás que acusan de "usar a niños de 3 años para fomentar el odio a lo español". O “xornal” panfletario de extrema dereita afirma que "No conformes con excluir por completo el Español, lengua materna de al menos la mitad de los gallegos, de estas escuelas, el anuncio que las promociona identifica a los hablantes en Español con malvados "antigallegos" que prohíben que se hable el Gallego". Nada máis lonxe da realidade, o spot das galescolas non identifica a xente que fala Español en Galiza como antigalegos. O nacionalismo galego é aberto e respeita as opcións lingüísticas individuais das galegas e dos galegos. O que aparece no vídeo é un home que prohíbe falar en Galego, e dita prohibición exprésaa en Español. Non ten nada de estraño que o faga nese idioma porque o raro sería que no vídeo aparecese o mesmo home prohibindo falar en Galego e que dita prohibición fose pronunciada en Galego. Sería bastante ridículo. A verdade é que reflexionan ben pouco sobre calquera asunto estes de Libertad Digital, e polos vistos para alén de culpábeis habería que criar unha nova categoría de “con pouco sentidiño” (ou “con poucas neuronas”) no noso caderno onde teríamos que metelos a eles de cabeza de primeiriños. Se algo tan simple non son capaces de velo,... que farán con situacións políticas, sociais, etc., máis complicadas? Obviamente, o que fan sempre: confundilo todo, como cabe esperar de posicións políticas de extrema dereita que nen se enmarcan dentro dos parámetros dun Estado plural, plurinacional e plurilingüístico o españolismo en xeral rexeita e que estes detestan con especial espírito antidemocrático.

Dita opinión expresada en Libertad Digital (aparece como “información”, mais de información ten ben pouco), que cualifica as galescolas de "escuelas de adoctrinamiento nacionalista", engade que "la Xunta tiene la desfachatez de utilizar como lema la "libertad" de enseñanza para promocionar la exclusión del Español de las guarderías públicas gallegas.” Desde o caderno do BNG de Oleiros, desde esta tribuna, queremos que vexades por vós mesmas/os o spot e que comprobedes como estes (ir)responsáveis da publicación referida teñen unha visión tan rancia e franquista que non aturan que o ensino se poda facer en Galiza en Galego no século XXI. En que época viven? Alguén debería dicirlles que o franquismo pasou á historia e que aínda que a democracia española teña que ser mellorada en moitos aspectos, o dereito ao ensino en Galego non só é demandado pola sociedade galega senón que conta co apoio dos seus dirixentes, quer na Xunta de Galiza, quer nos numerosos concellos que desexan para si as Galescolas polo feito de situaren nun sistema de ensino público e de calidade a lingua e a cultura galegas e con elas as nosas nenas e nenos á cabeza da Europa.

En calquer caso, consideramos que na dereita española e españolista, nomeadamente no PP, hai xente que polo menos ten aínda a responsabilidade institucional que se debe ter, xente que non mantén posicións tan rancias e fascistoides como as defendidas por este panfleto dixital de nome contraditorio a respeito das ideas que defenden de pouca liberdade. Que enorme paradoxo o feitod e se chamaren a si mesmos Libertad Digital.

Por tanto, polas razóns e argumentos expostos, declaramos desde esta tribuna CULPÁBEL E CULPÁBEIS o panfleto dixital Libertad Digital e os seus (ir)responsábeis por continuaren a súa guerra mediática contra as diferenzas culturais enriquecedoras das nacións sen Estado do Estado español, contra a Galiza e o Galego, e contra unha iniciativa emprendedora e dinámica que pon Galiza e o seu futuro nun horizonte de liberdade.
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 10-10-2007 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AO SR. FEIJOO MOLÉSTALLE QUE O VICEPRESIDENTE QUINTANA FALE NO DEBATE DO ESTADO DA NACIÓN
Desde esta tribuna declaramos hoxe o Sr. Núñez Feijoo culpábel de non querer que o Sr. Quintana falase publicamente no Debate sobre o Estado da Nación que se está a celebrar nestes momentos no Parlamento Nacional. Tal afirmación antidemocrática foi expresada por Núñez Feijoo no inicio da súa primeira intervención, no transcurso da mañá, así como tamén durante a tarde. Escúdase para esta actitude carente dos principios democráticos máis elementais (o respeito pola palabra do outro, polo seu dereito de expresión, e mesmo o interese polo que o outro nos quer comunicar) en que só debería falar un representante do Goberno, neste caso o Sr. Pérez Touriño, e acusa o Goberno galego de ter dous presidentes, nunha clara tentativa de confusión sobre os cargos que ocupan Touriño e Quintana no Goberno. Considerando a cohabitación dun espazo de Goberno como o galego por parte de dous partidos políticos que chegaron ao acordo democrático de dirixiren politicamente a nosa nación, e considerando que ditos partidos representan a maioría da populación galega, ...porque o Sr. Núñez Feijoo non tolera que, téndomos un goberno dirixido por dúas sensibilidades diferentes que representan o noso país, ambos os representantes se podan expresar desde o púlpito a que teñen dereito para así debateren o estado da Nación? Porque non alcanzará a entender o Sr. Feijoo o dereito á palabra que asiste aos representantes democráticos elixidos polo pobo galego?

Como é obvio, este tipo de declaracións do Sr. Núñez Feijoo resultan especialmente ofensivas para si mesmo e para a súa dialéctica política, e, por tanto, non é preciso acrecentar moito máis, porque afirmacións carentes de espírito democrático descualifican de seu a quen as afirma. Simplemente o noso veredicto é "Culpábel!".
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 02-10-2007 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
IMANOL ARIAS CRITICA O QUE DESCOÑECE
Quen se meteu contigo, Imanol?Imanol Arias declarou ao diario do PP "El Mundo" as seguintes pérolas:

"Una galescola es una guerra al estado" ou
"Al nacionalismo, le sobran lenguas y hechos y le faltan palabras".

Por ser un intransixente coas diferenzas, por ser irrespeitoso e insultar o que descoñece, por esa fobia para con todo o que soa a nacionalismo, agás o de Madrid, por servir os intereses e acoso do españolismo máis rancio e por se posicionar contra unha das iniciativas sociais e públicas das máis relevantes da historia de Galiza (as galescolas) desde esta tribuna declaramos Imanol Arias, Culpábel!!
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 15-09-2007 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
QUE É UNHA AMONESTACIÓN? VAISE CASAR MARISOL?
Marisol, sol, sol, pon os teus cornos (lingüísticos) ao sol...A Secretería Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza, que dirixe Marisol López, "amonestou" o hospital Modelo d'A Coruña polo trato vexatorio infrinxido a unha nai e ao seu fillo pequeno nunha consulta pediátrica por falaren en Galego. As amonestacións deben ser porque vai casar co "Español", xa que a defensa do Galego tena Marisol López moi esquecida.

A "amonestación" ao hospital Modelo consistiu nunha carta ao director do centro lembrándolle que debe cumprir a Lei en materia lingüística. Por pedir o cumprimento da Lei ao noso compañeiro Eduardo Álvarez impóñenlle unha multa de 5.000€ e 60 días de arresto. Unha boa vara de medir...

Por pedir "educadamente" ao Modelo o cumprimento da Lei (non vaia ser que se anoxe), por permitir que non se cumpra a Lei nos hospitais públicos en materia lingüística, e, en resumo, por non valer para o cargo que foi designada, declaramos nesta tribuna Marisol López, Culpábel!

Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 04-09-2007 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FERREIRA FERNANDES, CULPÁVEL, POR ANTI-GALEGO E ANTI-LUSITANO.
Ferreira Fernandes, anti-galego e anti-português.
à nobre Lusitânia os braços tende amigos

EDUARDO PONDAL



Na nossa secção "Culpáveis!" utilizamos hoje o padrão ortográfico internacional do Galego para declamarmos "culpável" o Sr. Ferreira Fernandes, comentador do jornal português Diário de Notícias, quem publica hoje, a raiz da polémica surgida por manifestações favoráveis de Anxo Quintana sobre a possibilidade de se ensinar o Hino Galego às crianças, o artigo "Modernices filhas de reaccionários". No citado artigo o Sr. Ferreira Fernandes dá uma opinião nada favorável a respeito do Galego e do nosso Hino, comparando a Língua Galega com um crioulo e considerando o Hino Galego como “extremista” (sic). Do nosso ponto de vista, o Sr. Ferreira Fernandes desconhece a situação que vive a Galiza e o Galego (que deu origem ao que hoje é internacionalmente conhecido com o nome de Português em todo o Mundo) e faz-lhe um favor ao Espanhol em contra do seu próprio idioma sem se aperceber disso, além de fazer o ridículo e espalhar em Portugal e na internet a sua ignorância e preconceitos sobre a sua própria identidade linguística e sobre o respeito aos direitos linguísticos e à própria vontade da cidadania galega. Aliás, o Sr. Fernandes malinterpreta os versos de Pondal sobre a caracterização que faz daquelas pessoas que não entendem (por não quererem entender) a nossa voz, ele entre elas.

Nesta sentença condenatória contra Ferreira Fernandes por este artigo anti-galego e anti-português, queremos acrescentar que a luta do Galeguismo em geral não é contra o Espanhol nem se integra no que ele chama “menosprezo” do Espanhol -como ele diz no artigo-. A nossa luta é para garantirmos a supervivência e a normalidade do Galego-Português na Galiza, quer dizer, não apenas no seu próprio espaço linguístico, mas no seu lugar de nascença, no seu próprio berço. Por todas estas razões declaramos Ferreira Fernandes "Culpável".
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 03-09-2007 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
QUO VADIS, CANEIRO?
X.C. Caneiro.
Xosé Carlos Caneiro é o xenial escritor "galego" autor de libros como A Triloxía dos Tristes, Talvez Melancolía, Os Séculos da Lúa e Ébora, gañador do premio Blanco Amor, que lle foi entregado en Oleiros.

Caneiro é ademais un grande articulista, un dos mellores escritores recentes das Letras Galegas, mais sorprendémonos ao velo escreber un artigo diario nun xornal de ámbito galego en idioma español. Este mesmo diario xa o contratara cando escrebía en Galego.

Os que o admiramos como literato lembramos que o seu querido Manuel María non ten feito tal cousa. A súa actitude fainos lembrar o verso en que Celso Emilio cita o "tendeiro desertor" na súa obra "O País dos ananos". Casares, que estivo contratado polo mesmo xornal, sempre escrebeu os artigos en Galego. Como Caneiro ten destacado e nascido como escritor galego e como nos decepciona aos que o admiramos, declarámolo neste foro, Culpábel!
Categoría: CULPÁBEIS! - Publicado o 31-08-2007 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis