TrackBack


TrackBack

TrackBack



Programa do BNG de Oleiros para as Eleccións Municipais de Maio de 2007 (.doc)



Proxecto de Regulamento de Participación Cidadá de Oleiros



TrackBack




Bloque Oleiros nº 3

Bloque Oleiros nº 5



Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

TELE BNG




TrackBack













O meu perfil
bng.oleiros@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estreamos novo espazo web!
Conscientes da mudanza nos tempos virtuais, da importancia da rede como campo para a acción política e da necesidade de novas e máis atraentes fórmulas comunicativas, vimos de crear un novo espazo web: bng.gal/oleiros.

Que coincida coa precampaña electoral non quere dicir en absoluto que a nova páxina web fique paralizada ou desatendida a partir do 24 de maio: ben ao contrario, temos o obxectivo de mellorala e completala progresivamente con novas ferramentas, contidos e funcións.

A nova páxina web bng.gal/oleiros permite xa achegarse ao día a día da nosa actividade política local, coñecer o noso programa electoral completo (así como un resumo con algunhas das principais propostas en diferentes ámbitos de actuación), coñecer cada un dos 27 nomes -14 homes e 13 mulleres -que compoñen a candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Oleiros e mesmo enviar propostas e ideas novas a través dunha ferramenta chamada Propón.
Nova páxina web
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 21-04-2015 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os lamentábeis accesos a pé ao CEIP A Rabadeira
O BNG preguntou no pleno do pasado mes de febreiro ao goberno municipal polo precario e perigoso estado do acceso a pé ao CEIP A Rabadeira, na parroquia de Santa María de Oleiros: sen beirarrúas nin sendas peonís e mesmo sen un arcén suficiente ben delimitado.

O alumnado, profesorado e familias que acceden a pé ao centro escolar pola Rúa do Ensino desde o centro urbano da capital do concello teñen que se enfrontar cunha verdadeira carreira de obstáculos automobilística que merma a súa seguridade e impide, na práctica, o seu dereito básico a unha mobilidade segura. A zona é especialmente insegura nas horas de entrada e saída do centro, nas que se intensifica o tránsito e nas que aumenta o risco pola escasa marxe que de por si ten o transporte escolar para manobrar en tan escaso espazo.

Nas últimas semanas téñense intensificado as reclamacións do goberno municipal á Xunta para que acometa o repintado da pasadeira peonil da Avenida Francisca Herrera pola que se cruza para a Rúa do Ensino. Apoiando tan necesaria reivindicación, cabe lembrar porén que unha vez que as nenas e nenos, profesorado e familia que van a pé ao CEIP da Rabadeira cruzan, deixa de haber beirarrúa; e a Rúa do Ensino é de competencia municipal. Sorprende que en tantos anos o goberno local, que si mellorou a accesibilidade a pé noutras zonas do concello, non o teña feito nesta.

No caso da Rúa do Ensino, coidamos que sería especialmente sinxelo: a finca da marxe dereita (a que está parella á gasolineira) está sen construír. O Concello podería negociar coas familias propietarias a cesión do frente da parcela para construír unha senda peonil separada da calzada pola que a comunidade educativa da Rabadeira poida acceder segura ao centro.
O BNG denuncia o perigo da Rúa do Ensino, en Oleiros
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 11-03-2015 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea aberta este venres 27 de febreiro: un vento vén!
Toda a veciñanza de Oleiros que o desexar está convidada a participar na asemblea aberta que o BNG convoca para este venres 27 febreiro, ás 21 horas, no seu local de Santa Cruz, o "Lar Espazo Aberto" (Rúa Dolores Ibárruri, 6- baixo). Un dos seus asuntos centrais será propoñer os nomes, ao menos unha parte, que integrarán a candidatura nacionalista para as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio do municipio.

A gran novidade radica precisamente na mecánica de conformación e de elección da candidatura: será a propia asemblea, é dicir, as persoas asistentes (militantes do BNG ou non militantes) a que de común acordo propoñerá o método de elección e mesmo a orde na que irán as candidatas e os candidatos: un total de 21 persoas máis o número de suplentes que a asemblea tamén decidirá.

Calquera persoa asistente poderá propoñer o nome ou nomes que desexar para a candidatura, e mesmo candidatarse a si mesma/o se quere. A asemblea ratificará as propostas presentadas e a súa orde, incluindo a persoa que encabece. Buscarase en todo momento que sexa unha candidatura que conte co consenso de todas as persoas asistentes: este, e o de que sexa unha candidatura con equilibrio entre xéneros, seran os condicionantes estabelecidos a priori polo BNG.

Todas as persoas propostas que acepten ir na candidatura comprometeranse a defenderen o programa electoral do BNG-Asembleas Abertas, así como o Código Ético e a Carta Financeira común a todas as candidaturas nacionalistas en Galiza.

A asemblea aberta de mañá decidirá tamén sobre as liñas básicas do programa electoral a partir das propostas que durante as últimas semanas foron elaborando unha serie de grupos de traballo abertos en tres grandes áreas temáticas: Mobilidade e Sustentabilidade, Dinamización económica e Emprego e Dereito á Igualdade. Posteriormente, os grupos de traballo seguirán reuníndose para concretar propostas en cada un destes ámbitos de actuación.
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 26-02-2015 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG propón que o Concello de Oleiros se sume á campaña de apoio a Hassanna Aalia
Cando Hassanna Aalia foi detido arbitrariamente e torturado por vez primeira pola policía de Marrocos en territorio ocupado saarauí tiña só 17 anos. Desde aquela, a súa militanza en favor do dereito á autodeterminación do seu pobo e do respecto polos dereitos humanos acabou coa súa condena, xunto con outras 25 persoas, a cadea perpetua por parte dun tribunal militar de Rabat.

A Hasssanna, xornalista de profesión, as autoridades ocupantes marroquinas procesárono pola súa participación nos chamados sucesos de Gdaim Izik, o "campamento da dignidade" instalado ás aforas do Aaiún para exixir das autoridades mellores condicións de vida para a poboación do territorio ocupado. Dito campamento foi violentamente asaltado e desmantelado polas forzas de ocupación da monarquía absoluta alauí na madrugada do 8 de novembro de 2010.

Hassanna Aalia conseguira unha bolsa para vir estudar español á Península e nela foi onde soubo que fora xulgado "en rebeldía" por un tribunal militar de Rabat e condenado a cadea perpetua. En 2012, debido a esta circunstancia, decidiu solicitar asilo político no Estado dada a persecución política que vivía na súa terra.

O pasado mes de xaneiro, incomprensibelmente, o Ministerio de Interior español ditou un auto que denega a solicitude de asilo político de Hassanna aducindo unha suposta cuestión formal: que, ao parecer, o seu nome non figura entre o das 25 persoas sentenciadas polo tribunal de Rabat. Porén, organizacións de dereitos humanos que seguiron aquel proceso aseguran que o mozo activista saarauí si estaba encausado e está condenado. Organizacións da importancia da ACNUR emitiron contundentes informes apoiando a necesidade de lle conceder asilo político a Hassanna se quere sobrevivir libre. Aliás, estas organizacións cuestionan abertamente que o Ministerio de Interior dea por boa a lexitimidade dun tribunal militar para xulgar civís -todas as persoas condenadas sono -e por certas as garantías dun proceso xudicial que máis ben foi unha pantomima.

Ao non concedérselle o asilo solicitado, Interior pode decretar a expulsión de Hassanna Aalia do Estado español e a súa volta a territorio ocupado saarauí, con grave risco para a súa integridade física.

Atendendo a campaña galega de solidariedade con Hassanna posta en marcha pola delegación da RASD na Galiza e por SOGAPS, a organización galega de solidariedade e apoio ao Sáara Occidental, o BNG propón no Pleno Municipal que se celebra este xoves que o Concello de Oleiros se sume á dita campaña e aprobe exixir a concesión do asilo político para Hassanna Aalia.

Agardamos que sexa posíbel a unanimidade das catro forzas políticas da Corporación Municipal.
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 26-02-2015 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
A seguridade viaria e o dereito á mobilidade na N-VI chegan ao Congreso da man do BNG
Militantes nacionalistas de Oleiros acompañaron a Rosana Pérez por diferentes puntos da NVIA deputada do BNG no Parlamento do Estado Rosana Pérez achegouse a Oleiros o mércores da pasada semana para percorrer, acompañada de Manuel Sarmiento e doutros militantes nacionalistas, diferentes zonas do tramo oleirense da N-VI.

Pérez, que en 2013 xa presentara iniciativas no Congreso dos Deputados demandando solucións ante os constantes retrasos nas obras interminábeis que padeceu esta vía nos últimos anos ao seu paso polas parroquias de Nós e Iñás, voltou á zona para comprobar que, malia a nova infraestrutura, a N-VI ao seu paso polo concello de Oleiros segue a presentar puntos conflitivos para o tránsito e para a mobilidade a pé que as obras non foron quen de resolver.

Un dos puntos visitados pola deputada nacionalista foi a coñecida como curva de Saprogal ou Biona, en Nós, onde nos últimos meses se seguiron producindo saídas de vía e mesmo impactos contra vivendas da Avenida das Mariñas. O BNG considera este nivel de sinistralidade ?impropio dunha estrada de titularidade estatal? e agarda que a solución anunciada hai tan só uns días por Fomento de substituír os actuais pivotes plásticos por un muro que aumente uns metros a mediana teña resultado. Porén, o Bloque considera tamén necesario que se revise se o emprazamento da actual sinalización para a súa correcta visibilidade é o adecuado.

Nunha iniciativa xa rexistrada no Congreso o pasado 5 de febreiro, Rosana Pérez recorda que os Orzamentos do Estado para 2015 consignan a cantidade de 165.000 ? para o proxecto de reordenación do tránsito da N-VI na zona do Carballo e solicita ao Ministerio que aclare se dita actuación vai comezar, efectivamente, este ano e cales serán os prazos de execución.

Outra das preocupantes realidades que a deputada do BNG no Parlamento do Estado puido comprobar no seu percorrido polo tramo oleirense da N-VI foi a falta de conectividade peonil entre ambas marxes da vía: o novo trazado deixou vivendas illadas e o certo é que non tivo en conta as relacións humanas entre os habitantes da zona como factor de mobilidade. Nalgúns puntos, como no Batán, a xente continúa cruzando polo medio da estrada, habendo nenos e maiores que mesmo saltan a mediana de cemento. Unha situación que tamén se segue a producir no Mesón da Auga, especialmente se se quere ir coller o autobús con destino á Coruña do outro lado da vía.

Outro punto da N-VI onde urxe mellorar a seguridade viaria é o que discorre na parroquia de Perillo, entre O Seixo e Beiramar, na coñecida como zona dos concesionarios. A apertura nos últimos anos de estabelecementos de comida rápida ou supermercados na zona aumentou o número de desprazamentos a pé, especialmente de xente nova. Para cruzar dun lado a outro da vía non existen neste punto pasos habilitados e a inseguridade para transitar polos arcéns é evidente.

Varios dos tramos da N-VI ao seu paso por Oleiros son, na práctica, de travesía urbana. O BNG considera que Fomento debe acometer as medidas necesarias para, coa menor molestia posíbel, aumentar a seguridade de vehículos e peóns, facilitando solucións de mobilidade compartida que fagan dos núcleos de poboación zonas máis habitábeis.
Veciñ@s cruzan 4 carrís e a mediana da N-VI na zona dos concesionarios e no Batán
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 15-02-2015 02:01
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG renuncia á delegación de competencias para negociar a adquisición do soar do Maxi por
O BNG renuncia á fraudulenta delegación de competencia da Alcaldía e comprométese, en concordancia cos intereses dos vecinos e veciñas de Oleiros, a seguir promovendo que o soar do antigo Maxi se integre no dominio público e a impedir o atentado urbanístico que se quere perpetrar nese terreo.

A decisión, que parte da asemblea veciñal realizada en Santa Cruz o pasado luns 19, levou ao portavoz municipal do BNG, Manuel Sarmiento, a presentar este venres por rexistro o escrito de renuncia.

A seguir, reproducimos polo seu interese o dito escrito de renuncia dirixido ao Alcalde de Oleiros na súa totalidade:

AO COIDADO DO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE OLEIROS


Manuel Sarmiento González, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Oleiros, por medio do presente

EXPOÑO

Que por Decreto nº 5024 de 2014, sen eu nin o meu grupo telo solicitado, o Alcalde delegou en min a realización das xestións precisas para a adquisición do soar do antigo hotel ?Maxi? en Santa Cruz.

Que malia ter solicitado reiteradamente que polos servizos municipais se procedese a elaborar a documentación exixida pola lexislación patrimonial pública para a adquisición de bens inmóbeis (en especial a declaración de interese público e a taxación do ben), esta solicitude foi en todo momento denegada. Seica para o Alcalde de Oleiros o contido da delegación limitábase a manter unha reunión co propietario do terreo a fin de coñecer a súa disposición a se desprender do terreno, como se xuntarse cos promotores e os propietarios de solo en Oleiros fose unha competencia exclusiva do Sr. García Seoane.

Que alén desta negativa a cumprir os trámites legais, o Alcalde actuou en todo momento con má fé: ao tempo que delegaba esta ?competencia? pronunciábase repetidamente nos medios de comunicación en contra da adquisición do soar do ?Maxi?, como se en vez de representar os intereses dos viciños e viciñas de Oleiros defendese os do propietario.

Así as cousas, fáiseme imposíbel traballar a prol da recuperación do soar do ?Maxi? para o uso público pola vía da delegación das competencias da Alcaldía. Haberá que buscar outras: como representante do BNG, seguirei a promover que os terrenos do ?Maxi? se integren no dominio público a fin de que poidan ser desfrutados por toda a cidadanía e non só por quen poida pagar os servizos dun hotel de luxo.

E como representante dos viciños e das viciñas de Oleiros tentarei impedir, por todas as vías ao meu alcance, o atentado urbanístico que se quer perpetrar nese terreo.

E por conseguinte,
RENUNCIO

Á delegación de competencias verificada a través do Decreto nº 5024 de 2014.

Oleiros, a 22 de xaneiro de 2015.
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 26-01-2015 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea veciñal aberta sobre o MAXI este luns 19 de xaneiro

O BNG convoca a toda a veciñanza de Santa Cruz, e de todo Oleiros, a unha asemblea veciñal aberta para informar de todas as actuacións desenvolvidas até a data polo noso portavoz municipal, Manuel Sarmiento, a respecto da adquisición da parcela do antigo Maxi como espazo público e libre de edificacións.

A sucesión de informacións nas últimas semanas e as últimas declaracións do alcalde de Oleiros, que xa valoramos nunha anterior entrada do noso Caderno, leváronnos a considerar necesario convocar esta asemblea aberta, convencid@s como estamos de que este é un proceso que debe ter a máxima transparencia.

Unha veciñanza informada é unha veciñanza máis libre para opinar e para poder decidir. Opinar e decidir sobre o deseño urbanístico do lugar no que vivimos debe ser considerado un dereito cidadán básico e é parte central do modelo de urbanismo democratizador polo que aposta o BNG de Oleiros.
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 16-01-2015 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea aberta este xoves 15 de xaneiro en Santa Cruz. Ideas novas para un Oleiros novo
O BNG inicia unha xeira de asembleas abertas para comezar a definir o seu programa para as eleccións municipais de maio. A primeira terá lugar este xoves 15 de xaneiro ás 20.30 no noso local de Santa Cruz, o LAR ESPAZO ABERTO (Rúa Dolores Ibárruri, 6 baixo).

Esta convocatoria busca abrir un espazo de diálogo absolutamente aberto a quen se quixer sumar a el para comezar a definir o marco de propostas que conformen o modelo que queremos para Oleiros. Ideas novas para un Oleiros novo.
Categoría: ASEMBLEAS ABERTAS. CONSTRUINDO FUTURO! - Publicado o 14-01-2015 03:10
# Ligazón permanente a este artigo
O alcalde de Oleiros no seu labirinto...de mentiras
As últimas declaración do alcalde na radio municipal son gravísimas: un auténtico escándalo que pon de manifesto a restra de mentiras e irregularidades que constitúen a súa irresponsábel actuación no asunto do Maxi.

Só se explica pola consciente deixación de funcións como alcalde que renuncia a defender os intereses de Oleiros.

Resulta patético dicir que non vai restar vistas un edificio situado no borde litoral, de 18,5 metros de altura e que ocupa toda a frente da parcela.

O Alcalde debe explicar de onde saca o dato do valor do soar, que di superar os 3 millóns de euros, xa que el mesmo impediu que o Concello fixese taxación ningunha. Polo demais, de ser certo, e non unha patraña máis que el inventa, estaría recoñecendo que prevaricou ao delegar unha competencia que non lle corresponde a el, senón ao Pleno, posto que o valor do terreo superaría o 10% do orzamento municipal.

O Alcalde mente cando afirma que a adquisición do soar é imposíbel (os únicos impedimentos até o de agora púxoos el mesmo) e cando asegura que a lei non permitiría a expropiación do soar, ou cando adianta (debe de ter unha bóla de cristal) que a Xunta non autorizaría unha modificación puntual do PXOM. A realidade é que na recente Orde do 11 de decembro pola que se aproba o PXOM, a propia Xunta xa obriga o Concello a facer varias correccións a través de modificacións puntuais, entre elas unha precisamente por motivos de protección paisaxística.

Mente tamén cando afirma que o soar só se pode adquirir por compra e pagamento en metálico. Sabe ben o Alcalde, por propia experiencia, que a lei permite outras opcións como a permuta ou o convenio urbanístico, evitando ou reducindo así dito pagamento en metálico.

En todo caso, o Concello leva pagado na presente lexislatura 2,3 millóns de euros en indemnizacións pola súa nefasta xestión urbanística, desbaldimento que non semella preocupar ao Alcalde.

En fin, toda esta errática e irresponsábel actuación de Garcia Seoane non fai máis que retratar ao alcalde que temos e poñer en evidencia que en ocasións coma esta actúa en base a intereses alleos ou contrarios aos da veciñanza. Un exemplo máis da necesidade de rexeneración democrática onde non teñan cabida os políticos que menten: auténtica lacra do noso país.
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 11-01-2015 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
Sarmiento diríxese de novo ao alcalde para que garanta unha negociación sobre o soar do Maxi con garantías xurídicas e de acordo coa Lei
O noso portavoz municipal, Manuel Sarmiento, rexistrou hoxe un novo escrito dirixido ao alcalde de Oleiros para reiterar a disposición do BNG a asumir a competencia delegada da Alcaldía para negociar a adquisición da parcela do antigo Maxi, en Santa Cruz, como espazo público.

No escrito, o portavoz do BNG reitera que de acordo coa legalidade lle sexan facilitados os instrumentos técnicos e xurídicos precisos para poder exercer a delegación -é dicir, iniciar un procedemento de adqusición da parcela -coas debidas garantías legais. Uns instrumentos que o alcalde negou a través dun escrito dirixido ao noso concelleiro o pasado 29 de decembro.

Na súa comparecencia semanal no programa de Radio Oleiros Fío Aberto o alcalde acabou recoñecendo que non pensa recuperar a parcela mediante ningún procedemento que non supoña a gratuidade da operación urbanística.

Eis o escrito que Manuel Sarmiento dirixe agora a Ángel García Seoane:

Estimado Alcalde:

En relación co teu escrito do pasado 29 de decembro no que, de forma surpresiva, pareces reinterpretar o Decreto de delegación de competencias que por iniciativa propia e exclusiva ditaches con data 16 de decembro, quero indicarche varias cousas:

No referido Decreto delegas en min competencias propias da Alcaldía para a adquisición do soar do antigo Maxi reservándote a decisión final sobre o asunto. Está ben. Mais, loxicamente, a decisión final é a que pon fin a un procedemento que debe ser tramitado legalmente, é dicer, de acordo coa que a normativa vixente exixe para a adquisición de bens inmóbeis polas Administracións Públicas.

Os informes e documentos que eu solicitei a diversos servizos municipais non pretendían nin máis nin menos ca iso: dar cumprimento ao que a Lei exixe. Xustificar a necesidade de adquisición, realizar unha taxación oficial do terreno e acreditar a existencia de crédito orzamental son, polo demais, exixencias básicas dunha boa administración, dirixidas a asegurar a racionalidade da actuación administrativa e o uso eficiente dos recursos públicos.

De non ser así, o meu cometido limitaríase a manter unha conversa co propietario do soar, un contacto sen maior trascendencia. E para iso, ben se entende, non é precisa delegación ningunha. En efeito, semella que reunirse cos propietarios de terrenos situados no termo municipal non é, contra o que puidese parecer, competencia exclusiva do Alcalde que poda ser delegada a outros concelleiros. Si o é, sen dúbida, manter ese contacto no marco dun expediente xa iniciado e tramitado, con independencia de cal sexa o seu desenlace, de conformidade co que a Lei exixe.

Para que me entendas, é como se despois de teres delegado nun concelleiro a competencia para oficiar unha voda recuases dicindo que non, que o único que delegaras fora contactar coa parella para ver se é que tiñan vontade de casar.

Así pois, a fin de poder contactar canto antes cos propietarios do soar do antigo Maxi, reitero a solicitude xa dirixida aos servizos municipais o pasado 16 de decembro e encarézoche que, na túa condición de Alcalde, adoptes as disposicións precisas para que os informes e actuacións interesados sexan elaborados á maior brevidade.

Recebe un cordial saúdo.

Oleiros, 8 de xaneiro de 2015
Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 09-01-2015 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0